Aamir Khan

actor indio

Mohammed Aamir Hussain Khan (|ˈaːmɪr xaːn|), nado en Bombai o 14 de marzo de 1965, é un actor, director e produtor cinematográfico indio que traballa en filmes en hindi. Durante a súa carreira, Khan estableceuse como un dos actores indios máis populares e influentes.[1][2]

Aamir Khan
Nacemento14 de marzo de 1965
Lugar de nacementoBombai
NacionalidadeIndia
RelixiónIslam
Alma máterBombay Scottish School, St. Anne's High School, Bandra e Narsee Monjee College of Commerce and Economics
Ocupaciónactor de cinema, director de cinema, produtor de cinema, guionista, presentador de televisión e produtor
PaiTahir Hussain
CónxuxeKiran Rao e Reena Dutta
FillosIra Khan, Junaid Khan e Azad Rao Khan
IrmánsFaisal Khan, Nikhat Khan e Farhat Datta
PremiosPadma Bhushan, Padma Shri in arts, CNN-News18 Indian of the Year e Filmfare Award for Best Director
Na rede
IMDB: nm0451148 Allocine: 72293 Rottentomatoes: celebrity/aamir_khan Allmovie: p220036 TV.com: people/aamir-khan
Facebook: IrfanAminPatwaryOfficial Instagram: irfanaminpatwary Musicbrainz: de7ca725-2555-422d-9751-09ca9651e347 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Khan recibiu numerosos premios, incluídos nove Filmfare Awards, catro National Film Awards e un AACTA Award, e unha das súas producións tamén recibiu unha candidatura ao Óscar. O goberno da India outorgoulle o Padma Shri en 2003 e o Padma Bhushan en 2010,[3] e recibiu un título honorífico do goberno da China en 2017.[4]

Traxectoria editar

Khan apareceu por primeira vez na pantalla como actor infantil no filme do seu tío Nasir Hussain Yaadon Ki Baaraat (1973). Como adulto, a súa primeira longametraxe foi Holi (1984). Pasou a dedicarse á interpretación a tempo completo cun papel protagonista en Qayamat Se Qayamat Tak (1988). A súa interpretación en Raakh valeulle un National Film Award na categoría de mención especial. Converteuse nun actor destacado na década de 1990 ao aparecer en varios filmes de éxito comercial, incluídos Dil, Raja Hindustani e Sarfarosh.[5][6]

En 1999 fundou Aamir Khan Productions e a súa primeira produción, Lagaan (2001), foi candidata ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa e recibiu para el o National Film Award ao mellor filme popular e dous premios Filmfare, mellor filme e mellor actor. Tras unha pausa de catro anos volveu a interpretar protagonistas, en particular en Fanaa e Rang De Basanti. Debutou como director con Taare Zameen Par (2007), polo que gañou os Filmfare Awards ao mellor filme e mellor director. Os maiores éxitos comerciais de Khan foron Ghajini, 3 Idiots, Dhoom 3, PK e Dangal, todos eles na listaxe dos filmes indios con maior éxito de público.[7] Khan gañou o seu terceiro Filmfare ao mellor actor por Dangal.[8]

Ten un gran seguimento global, especialmente na India e na China, e foi descrito por Newsweek como "a máis grande estrela do cinema"[9][10] do mundo.[11][12][13] Foi listado regularmente entre os 500 musulmáns máis influentes do mundo.[14][15] Khan é activista e cooperante,[16] e foi voceiro de varias causas sociais, algunhas das cales provocaron controversia política.[17] Tamén creou e presentou o programa de televisión Satyamev Jayate. O seu traballo como reformista social fíxoo aparecer na listaxe da revista Time das persoas máis influentes do mundo en 2013.[16]

Filmografía editar

Ano Título Acreditado como Notas
Outro Personaxe
1973 Yaadon Ki Baaraat Young Ratan Papel menor
1974 Madhosh Young Raj Papel menor
1983 Paranoia Axudante de dirección Descoñecido Curtametraxe
1984 Manzil Manzil Axudante de dirección
Holi Madan Sharma
1988 Qayamat Se Qayamat Tak Axudante de guión Raj
1989 Raakh Amir Hussein
Love Love Love Amit
1990 Awwal Number Sunny
Tum Mere Ho Shiva
Dil Raja
Deewana Mujh Sa Nahin Ajay Sharma
Jawani Zindabad Shashi Sharma
1991 Afsana Pyaar Ka Raj
Dil Hai Ke Manta Nahin Raghu Jetley Remake non oficial de Chori Chori
1992 Isi Ka Naam Zindagi Chotu
Daulat Ki Jung Rajesh Chaudhry
Jo Jeeta Wohi Sikandar Sanjaylal Sharma
1993 Pehla Nasha El mesmo Cameo
Parampara Ranbir Prithvi Singh
Damini El mesmo Cameo
Hum Hain Rahi Pyar Ke Guionista Rahul Malhotra
1994 Andaz Apna Apna Amar Manohar
1995 Baazi Amar Damjee
Aatank Hi Aatank Rohan
Rangeela Munna
Akele Hum Akele Tum Rohit Kumar
1996 Raja Hindustani Raja Hindustani
1997 Ishq Raja Ahlawat
1998 Ghulam Cantante de son pregravado Siddharth Marathe
Earth Dil Navaz Filme canadense-indio, estreado na India como 1947: Earth
1999 Sarfarosh Ajay Singh Rathod
Mann Dev Karan Singh
2000 Mela Cantante de son pregravado Kishan Pyare
2001 Lagaan Bhuvan
Dil Chahta Hai Akash Malhotra
2004 Madness in the Desert El mesmo Documental, tamén coñecido como Chale Chalo: The Lunacy of Film Making
2005 Mangal Pandey: The Rising Cantante de son pregravado Mangal Pandey
2006 Rang De Basanti Cantante de son pregravado Daljit "DJ" Singh/
Chandrashekhar Azad
Fanaa Rehan Qadri
2007 Taare Zameen Par Director
Cantante de son pregravado
Ram Shankar Nikumbh
2008 Jaane Tu... Ya Jaane Na Produtor
Ghajini Coguionista Sanjay Singhania Remake do filme de 2005 Ghajini
2009 Luck by Chance El mesmo Cameo
3 Idiots Ranchhoddas "Rancho" Shamaldas Chanchad
2010 Peepli Live Produtor
Dhobi Ghat Arun
2011 Big in Bollywood El mesmo Filme documental
Delhi Belly Disco Fighter Aparición especial na canción "I Hate You (Like I Love You)"
2012 Talaash: The Answer Lies Within Surjan Singh Shekhawat
2013 Bombay Talkies El mesmo Aparición especial na canción "Apna Bombay Talkies"
Rubaru Roshni El mesmo Documental
Dhoom 3 Sahir Khan/Samar Khan
2014 PK PK
2015 Dil Dhadakne Do Pluto Mehra Voz
2016 Dangal Cantante de son pregravado Mahavir Singh Phogat
2017 Secret Superstar Shakti Kumar
2018 Thugs of Hindostan Firangi Mallah
2021 Koi Jaane Na Aparición especial na canción "Har Funn Maula"
2022 Laal Singh Chaddha Laal Singh Chaddha
TBA Mogul Gulshan Kumar Preprodución

Notas editar

  1. "Readers' Picks: Top Bollywood Actors". Rediff. 17 de agosto de 2006. Consultado o 26 de xaneiro de 2010. 
  2. "Powerlist: Top Bollywood Actors". Rediff. 8 de agosto de 2006. Consultado o 26 de xaneiro de 2010. 
  3. "Padma Awards" (PDF). Ministry of Home Affairs, Government of India. 2015. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de outubro de 2017. Consultado o 21 de xullo de 2015. 
  4. Aamir Khan: The Chinese heartthrob Arquivado 7 de novembro de 2017 en Wayback Machine., The Afternoon Despatch & Courier, 16 de maio de 2017
  5. Press Trust India (30 de novembro de 2000). "I become the audience". Rediff. Consultado o 26 de xaneiro de 2010. 
  6. "The Aamir Khan Station". IBOS Network. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2012. Consultado o 16 de xaneiro de 2009. 
  7. "Dangal Box Office collection: Aamir Khan film surpasses PK in week 3, becomes highest grosser ever". InUth (en inglés). 8 de xaneiro de 2017. Consultado o 16 de xaneiro de 2017. 
  8. "62nd Filmfare Awards 2017: Winners' list". The Times of India. 15 de xaneiro de 2017. Consultado o 15 de xaneiro de 2017. 
  9. "Whoa! Aamir Khan Is 'World's Biggest Superstar'!". 13 de marzo de 2018. 
  10. "Aamir Khan Is The Worlds Biggest Superstar Says A Trade Analyst!". 29 de marzo de 2018. 
  11. "Aamir Khan is the biggest movie star on the planet—and a woke feminist, too". Newsweek. 19 de outubro de 2017. 
  12. "Success By 'Secret Superstar' Could Give Aamir Khan The Title Of The World's Biggest Movie Star". Forbes. 3 de outubro de 2017. 
  13. "Why Aamir Khan Is Arguably The World's Biggest Movie Star, Part 2". Forbes. 5 de outubro de 2017. 
  14. "The Muslim 500: Aamir-Khan" (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2020. 
  15. "Times of India on 22 most influential Muslims in India" (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2020. 
  16. 16,0 16,1 Rahman, A. R. "The 2013 TIME 100: Aamir Khan". Time. Consultado o 18 de abril de 2013. 
  17. "Donors – IPSMF | The Independent and Public-Spirited (IPS) Media Foundation" (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Khubchandani, Lata (2002). Aamir Khan: Actor With a Difference. New Delhi: Rupa & Co. ISBN 978-81-291-0046-7. 
  • Daniels, Christina (2011). I'll Do it My Way: The Incredible Journey of Aamir Khan. New Delhi: Om Books International. ISBN 978-93-80069-22-7. 
  • Chandra, Pradeep (2014). Aamir Khan: Actor, Activist, Achiever. New Delhi: Niyogi Books. ISBN 978-93-83098-29-3.