Keurosing
filme de 2008 dirixido por Kim Tae-gyun
Keurosing (en coreano: 크로싱) é un filme surcoreano de 2008 dirixido por Kim Tae-kyun. Foi escollido como candidato de Corea do Sur para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 81ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. O filme conta a historia dun home norcoreano que deixa ilegalmente o seu país para atopar unha menciña para a súa muller doente. O filme vendeu 907 255 entradas en Corea do Sur.[2]
Keurosing | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 크로싱 |
Director | Kim Tae-kyun |
Produtor | Patrick D. Choi |
Guión | Lee Yu-jin |
Intérpretes | Cha In-pyo Sin Myeong-cheol |
Música | Kim Tae-seong |
Montaxe | Ko Im-pyo |
Distribuidora | Vantage Holdings |
Estrea | 26 de xuño de 2008 |
Duración | 107 minutos |
Orixe | Corea do Sur |
Xénero | Drama |
Orzamento | 5,4 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
http://www.crossing2008.co.kr/ | |
Personaxes
editar- Cha In-pyo como Kim Yong-soo
- Sin Myeong-cheol como Kim Joon
- Seo Young-hwa como muller de Yong-soo
- Jung In-gi como Sang-cheol
- Joo Da-young como Mi-seon
- Tae In-ho
Notas
editar- ↑ "Box office by Country: Crossing Box Office Mojo. Consultado o 4 de xuño de 2012
- ↑ "Korean Movie Reviews for 2008" koreanfilm.org. Consultado o 4 de xuño de 2012.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Filmes de Corea do Sur propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 81ª edición dos Óscar