Abrir o menú principal

Petr Zelenka, nado en Praga o 21 de agosto de 1967, é un galardoado dramaturgo e director de teatro e cinema checo. Os seus filmes teñen sido recoñecidos en diversos festivais internacionais como os de Moscova e Rotterdam. En 2008, o seu filme Karamazovi foi o representante oficial da República Checa para os Premios Oscar na categoría de mellor película de fala non inglesa.

Petr Zelenka

Petr Zelenka (2018).jpg
Petr Zelenka (2018)

Información persoal
Nacionalidade República Checa República Checa
Data de nacemento 21 de agosto de 1967
Lugar de nacemento Praga, Checoslovaquia
Filmografía
Películas dirixidas
Películas guionizadas
Películas producidas

Ficha en IMDb

Índice

TraxectoriaEditar

Un traballo notable dos seus primeiros anos é a comedia negra Příběhy obyčejného šílenství (2004), dirixida en Dejvické divadlo. Recibiu o Premio Alfréd Radok ao mellor filme. A película foi posteriormente posta en escena noutros teatros checos, así como en Polonia, Hungría, Eslovaquia, Eslovenia e Alemaña. Foi tamén publicada en inglés e traducida ao ruso.

En 2005 Zelenka adaptou a comedia ao cinema, titulada Příběhy obyčejného šílenství e que gañou dous premios no 2006 e que foi nomeada a outros seis premios. A súa segunda obra salientable é Teremin, inspirada na vida do inventor ruso Léon Theremin.

O seu filme de 2008 Karamazovi foi a candidata oficial da República Checa para os Premios Oscar na categoría de mellor película de fala non inglesa.

O seu anuncio electoral de 2010 "Přemluv bábu a dědu" causou controversia e críticas ao ser considerado ofensivo cara as persoas maiores,[1] e "unha copia imperfecta do video stand-up de Sarah Silverman".[2]

Selección de filmesEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar