Mina olin siin

filme de 2008 dirixido por René Vilbre

Mina olin siin é un filme estoniano de 2008 dirixido por René Vilbre e escrito por Ilmar Raag. Baséase na novela Mina olin siin. Esimene arest escrita por Sass Henno.[1] Conta a historia dun rapaz de dezasete anos que se converte nun traficante de drogas, o cal provoca que se meta en problemas que non pode controlar. O filme estreouse o 8 de xullo de 2008 no Festival Internacional de Cinema de Karlovy Vary, e en Estonia estreouse o 12 de setembro de 2008, converténdose no quinto filme estoniano máis exitoso dende comezos da década de 1990.[2]

Mina olin siin
Ficha técnica
Título orixinalMina olin siin
DirectorRené Vilbre
GuiónIlmar Raag
Baseado enNovela de Sass Henno
EstreaFestival de Karlovy Vary: 8 de xullo de 2008
Estonia 12 de setembro de 2008
Duración94 minutos
OrixeEstonia Estonia
XéneroDrama
Na rede
http://www.minaolinsiin.com
IMDB: tt1071228 Filmaffinity: 179362 Allocine: 174091 Rottentomatoes: m/mina-olin-siin-esimene-arest-i-was-here Allmovie: v465408 TCM: 774255 Netlix: 70120175Editar o valor em Wikidata

O filme foi coproducido por Amrion Productions en Estonia, e Helsinki Filmi OY en Finlandia.[2] Foi escollido como candidato de Estonia para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 81ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes editar

Notas editar

  1. Henno, Sass; Andres Aule; Jüri Saks (2005). Mina olin siin: esimene arest (en estoniano). Eesti Päevaleht. p. 200. ISBN 978-9985-9565-2-6. 
  2. 2,0 2,1 Aadamsoo, Martin. "I Was Here tops Estonia’s box office on first weekend". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2008. Consultado o 23 de setembro de 2008. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar