Eleccións xerais de España de 1933

(Redirección desde «Eleccións Xerais de 1933 en España»)

O 19 de novembro de 1933 celebrouse a primeira volta das segundas eleccións xerais da Segunda República Española para as Cortes e foron as primeiras en que as votaron as mulleres exerceron o dereito ao voto. As eleccións deron a maioría aos partidos de centro-dereita e de dereitas, o que deu lugar ao denominado bienio radical-cedista ou bienio negro dos anos 1933-1936.

Eleccións xerais de España de 1933
 ← 1931 Editar o valor en WikidataEspaña Editar o valor en Wikidata 1936 Editar o valor en Wikidata  → 
Data19 de novembro de 1933 Editar o valor en Wikidata
TipoEleccións xerais en España Editar o valor en Wikidata
Cargo elixidodeputado nas Cortes republicanas Editar o valor en Wikidata
Resultado da votación Editar o valor en Wikidata
O presidente do Goberno Alejandro Lerroux.

A convocatoria das eleccións

editar

O presidente da República Niceto Alcalá-Zamora decidiu resolver a crise suscitada pola disolución da coalición republicano-socialista que sustentara ao goberno de Manuel Azaña durante o primeiro bienio coa disolución das Cortes elixidas en xuño de 1931, porque creu que estas xa non representaban á opinión pública dominante nese momento logo das fortes reaccións e tensións que se viviron en España como consecuencia da política reformista emprendida polo goberno social-azañista. E por iso buscou orientación e harmonía definitiva, acudindo á consulta directa da vontade xeral, tal como dicía no preámbulo do decreto de convocatoria das eleccións.[1]

A nova lei electoral aprobada o 27 de xullo de 1933 introduciu algúns cambios respecto da que se aplicou nas eleccións anteriores de xuño de 1931: elevouse ao 40% a cantidade de votos requirida por unha candidatura para triunfar na primeira volta, mentres que na segunda, que se celebraría se ningún candidato chegaba a esa cifra, só podían participar quen alcanzasen o 8% dos votos. Ademais posibilitouse o cambio na composición das candidaturas entre a primeira e a segunda voltas. Pero mantívose o esencial: era un sistema electoral maioritario de listas abertas que premiaba ás candidaturas que obtivesen máis votos, polo que os partidos que conseguisen presentarse en coalición conseguían un maior número de deputados que si se presentaban en solitario.[2]

Resultados das eleccións

editar

Composición do Congreso dos Deputados

editar

Eleccións Xerais en España, 19 de novembro de 1933

Partido Escanos % Esc. Dif.
Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA) 115 24,3 -
Partido Republicano Radical (PRR) 102 21,6 12
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 59 12,5 -56
Partido Agrario Español (PAE) 30 6,3 15
Lliga Regionalista 24 5,1 22
Comunión Tradicionalista (CT) 20 4,2 16
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) 17 3,6 -12
Partido Republicano Conservador (PRC) 17 3,6 -
Renovación Española (RE) 14 3,0 -
Partido Nacionalista Vasco (PNV) 11 2,3 4
Partido Republicano Liberal Demócrata (PRLD) 9 1,9 5
Partido Republicano Galego (PRG) 6 1,3 -9
Acción Republicana (AR) 5 1,1 -21
Partido Republicano Democrático Federal (PRDF) 4 0,8 -12
Partido Republicano Radical Socialista Independente (PRRSI) 3 0,6 -
Partido Republicano Progresista (PRP) 3 0,6 -
Uniu Socialista de Catalunya (USC) 3 0,6 -1
Partido Republicano de Centro 2 0,4 =
Partido Comunista de España (PCE) 1 0,2 1
Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) 1 0,2 -60
Partido Nacionalista Español (PNE) 1 0,4 -
Falange Española (FE) 1 0,4 -
Unió de Rabassaires 1 0,4 1
Partido Rexionalista de Mallorca (PRM) 1 0,4 -
Independentes de dereitas 18 3,8 9
Republicanos de centro independentes 5 1,1 -3
TOTAL 473 100,00 3

Resultados nas circunscricións galegas

editar
 
Emilio González López.
 
José Calvo Sotelo.
 
Santiago Casares Quiroga.

A Coruña

editar

17 escanos a elixir. As dereitas, vencedoras en votos, obteñen 8 deputados; fronte aos tamén 8 da segunda lista máis votada, a formada pola coalición entre o Partido Republicano Gallego e o Partido Radical. O PRC obtén o escano restante.

10 escanos a elixir. Imponse con 6 escanos a coalición PRR-PRC, fronte aos 4 deputados electos polas dereitas.

Ourense

editar

9 escanos a elixir: as dereitas obtiveron 5, fronte aos 4 do Partido Radical.

Pontevedra

editar

13 escanos a elixir: os 10 das maiorías gañounos a coalición entre PRR, PRC e PRLD, mentres os 3 das minorías adxudicáronllos as dereitas.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar