Partido Nacionalista Español
O Partido Nacionalista Español (PNE) foi un partido español de extrema dereita fundado en 1930 por José María Albiñana.
Partido Nacionalista Español | |
---|---|
Tipo | partido político |
Ideoloxía | nacionalismo español |
Data de fundación | 1930 |
Data de disolución | 16 de xaneiro de 1937 |
Fundador(es) | José María Albiñana |
Organización subsidiaria | sen etiquetar |
Sede | Madrid |
En | provincia de Burgos |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarTiña por lema "España sobre todas las cosas y sobre España inmortal sólo Dios" (España sobre todas as cousas e sobre España inmortal só Deus) e como símbolo a cruz de Santiago sobre fondo celeste. O partido xuntaba elementos do tradicionalismo católico e monárquico con outros tomados do fascismo italiano. Contaba cunha forza paramilitar denominada Legionarios de España, os seus membros vestían camisola azul e facían o saúdo romano. Nas eleccións de 1936 obtivo un deputado na provincia de Burgos, o propio Albiñana, que logo foi asasinado en prisión ao comezo da Guerra Civil española. Ao comezo da guerra os Legionarios de Albiñana integraron o Terzo Cid, e en xaneiro de 1937 integráronse no carlismo.
Galicia
editarO PNE tan só constituíu unha pequena agrupación local escasamente activa na cidade de Vigo, fóra diso carecía de calquera tipo de estrutura no país.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Palacios Bañuelos, Luis. Elecciones en Burgos 1931-1936. El Partido Nacionalista Español. Madrid: Publicaciones de la Cátedra de Historia Contemporánea de España. Universidad Complutense, 1981. ISBN 84-300-3447-1. (en castelán)