Mulleres nas Matemáticas do Século das Luces

Nos últimos anos do século XVII iníciase un movemento filosófico, cultural e científico que se prolongará ata a Revolución Francesa e será coñecido como a Ilustración, e converterá o século XVIII no Século das Luces.

Introdución editar

No Século das Luces enfrontouse a razón á superstición, combateuse a ignorancia e impúxose unha ideoloxía de liberdades e recoñecemento de dereitos. É tamén un momento de cambio na mentalidade feminina con grandes avances nas reivindicacións de dereitos das mulleres. Foi unha época crucial, porque nela se iniciou o debate arredor da igualdade entre ambos os sexos, como consecuencia das novas correntes de pensamento que comenzaban a estenderse, nas que os máis conspicuos pensadores se constituían en defensores dos dereitos dos cidadáns, dos escravos, os indios e os nenos, pero moi poucos aceptaban e moito menos defendían eses dereitos para as mulleres. Pola súa parte moitas mulleres cultivaron un sentimento igualitario e loitaron por non quedar excluídas dos dereitos e liberdades que se ían conquistando, sobre todo o acceso á educación.[1]

A revolución científica cambiara a forma na que as persoas se relacionaban coa ciencia. Homes adiñeirados e ociosos convertéranse en científicos afeccionados e abrira novas posibilidades para facer ciencia. As súas esposas e irmás convertéranse en damas de ciencia —etiqueta que foi utilizada como un insulto polos seus detractores—, o que lles permitiu alcanzar un nivel de competencia científica moi superior ás súas predecesoras. Pero á marxe da polémica sobre se a ciencia se consideraba ou non apropiada para as mulleres, un amplo estrato da poboación feminina comezou a interesarse por ela, a estudala e realizar achegas. As mulleres dos salóns do Século das Luces apoiaron e divulgaron as novas teorías de Descartes, Newton e Leibniz.[2]

 
Marquise du Châtelet

Os Salóns Científicos en Francia editar

O libro de Isaac Newton (1643-1727) Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica [1687] é unha das obras básicas do pensamento científico. Substituíu a mecánica de Descartes —na que as forzas actúan por contacto— pola lei de gravitación universal —na que as forzas actúan a distancia—; o que supuxo un avance cualitativo importante, porque permitiu explicar o movemento dos astros e fenómenos terrestres cunha formulación matemática. O conde Francesco Algarotti (1712-1764), que era un admirador da obra de Newton, en 1735 realizou unha estancia de seis semanas no castelo de Cirey, residencia da Marquise du Châtelet e sede dun dos Salóns de Ciencia mellor dotados do momento. Algarotti aproveitou a súa estancia en Cirey para escribir parte do seu libro Il neutonianismo per le dame (1737), no que, por medio do diálogo entre un filósofo e unha dama, explica parte das ideas de Newton. Nese mesmo lugar, os dous volumes dos Principia de Newton foron traducidos do latín ao francés e comentados por Émilie du Châtelet, Marquise du Châtelet, o que permitiu que se difundisen na Francia cartesiana as ideas de Newton. Esta muller fixo importantes contribucións ao desenvolvemento do pensamento científico francés, ademais de ser a que máis colaborou á introdución e difusión das teorías de Newton e Leibniz en Francia. Pero ademais foi unha das que con máis ardor e vehemencia alzaron a súa voz para defender os dereitos das mulleres, sobre todo o dereito das mesmas á educación. Así, no seu "Discurso sobre a felicidade"[3] mantén que: A sabiduría sempre debe facer ben os seus cálculos, porque quen di sabio di feliz, alomenos no meu dicionario. Ou máis adiante: O estudo fainos totalmente independentes, polo que o amor ao estudo é a paixón máis necesaria para a nosa felicidade; é un recurso seguro contra a adversidade, é unha fonte de pracer inesgotable. Mentres que na tradución que realizou de "A fábula das abellas", de Bernard Mandeville, di no seu prefacio: Sinto todo o peso do prexuízo que nos exclúe universalmente das ciencias, e é unha das contradicións deste mundo que sempre me sorprendeu moitísimo, dado que hai grandes países nos que a lei nos permite regular os seus destinos, pero non hai ningún no que sexamos educadas para pensar. Ou nunha carta a Federico de Prusia: "Xulgádeme polos meus propios méritos ou pola súa falta, pero non me consideres un mero apéndice deste gran xeneral ou dese recoñecido erudito, de tal estrela que brilla na corte de Francia ou destoutro autor tan famoso. Son unha persoa completa, son responsable de min por todo o que son, por todo o que digo, por todo o que fago. Pode que haxa metafísicos e filósofos cuxo coñecemento sexa maior que o meu, aínda que eu non os coñecín. Non obstante, eles tamén son só seres humanos débiles e teñen os seus defectos; entón, cando sumo o total das miñas grazas, confeso que non son inferior a ninguén.[4][5]

Italia como pioneira editar

 

Italia, que xa en séculos anteriores destacou polo maior respecto ás súas mulleres, foi outro dos lugares nos que floreceron nesta época os Salóns, tanto literarios como científicos, sobre todo no norte do país, onde ademais empezaron a abrirse algunhas das súas universidades á incorporación das mulleres, tanto como alumnas como profesoras, nas mesmas. Nesta época pódese destacar a matemática napolitana Faustina Pignatelli Carafa (1705-1785), que foi fundamental na introdución das teorías de I. Newton en Nápoles.[6] Ou a veneciana Cristina Roccati (1732-1797), que se graduou na Universidade de Boloña en Filosofía Natural (Ciencia), onde tamén estudara literatura, lóxica, metafísica, moral, meteoroloxía e astronomía. Posteriormente foi nomeada membro da Academia Concordi de Rovigo (Véneto) en 1749, onde ensinou física newtoniana durante décadas, sendo ademais unha destacada e afamada poeta.[7] Tamén da mesma época é Diamante Medaglia Faini (1724-1770), que destacou dende moi nova como poeta, pero que xa na súa idade adulta "buscando novas fronteiras intelectuais" descubriu o seu interese pola filosofía natural, especialmente polas matemáticas, a astronomía e a física, que se converteron na súa nova paixón. Abertamente admiradora de Cristina Roccati, foi tamén unha gran loitadora polo dereito das mulleres á educación, tema no que disentiu publicamente de divulgadores como Francesco Algarotti —autor de Newtonianismo para as damas—, quen consideraba que existían conceptos adecuados e non adecuados para as mulleres, o que o levou a excluír as matemáticas do seu famoso libro, co argumento de que non eran adecuadas para a mente feminina.[8] Para rebatir todos estes prexuízos, ela escribiu e publicou unha disertación sobre a importancia do estudo das matemáticas para as mulleres. Pero se hai unhas científicas que brillaron especialmente na Italia do momento foron Laura Bassi (1711-1778) e María Gaetana Agnesi (1718-1799), dúas grandes figuras enciclopédicas. Bassi brillou con luz propia na Boloña ilustrada. No seu ano de gloria, en 1732, despois de ter participado en varios debates públicos con notables académicos, primeiro é nomeada membro da Academia de Ciencias de Boloña, a continuación a Universidade de Boloña concedeulle un doutoramento honorario, e finalmente, nese mesmo ano, despois dun exame público, consegue unha praza de profesora na Universidade de Boloña. Tanto na Academia como na Universidade de Boloña “pelexa” por defender os seus dereitos e conseguir un salario —xusto e equiparable ao dos seus colegas— polo seu traballo. Os seus potentes coñecementos de física e matemáticas, xunto coa súa formación pioneira nas teorías de Newton, que contrastaba cos enfoques tradicionais dos seus colegas, fixeron de Bassi unha figura clave na difusión da ciencia newtoniana en Italia.[9]

 
The ladies' diary

Pola súa parte, Agnesi foi famosa no seu tempo pola súa obra Instituzioni analítiche ad uso della gioventú italiana, libro que escribe aos 30 anos pola necesidade de ocuparse da educación matemática das súas 20 irmás e irmáns. A este tratado atribúeselle que foi o primeiro libro de texto que acometeu o tratamento conxunto do cálculo diferencial e o cálculo integral, facendo explícita ademais a súa natureza como problemas inversos. Tralo éxito deste libro, María Gaetana Agnesi foi elixida membro da Academia de Ciencias de Boloña e nomeada, por orde papal, profesora de matemáticas da Universidade de Boloña.[10]

A situación en Inglaterra editar

Entre 1704 e 1840 publicouse anualmente, en Londres, un almanaque destinado ao público feminino: The Ladies’ Diary or Woman’s Almanack, subtitulado: Containing New Improvements in Arts and Sciences, and many Entertaining Particulars: designed for the Use and Diversion of the Fair-Sex. Ademais das seccións propias sobre o calendario, esta publicación incluía regularmente seccións con adiviñas, preguntas científicas e problemas matemáticos. En cada número incluíanse solucións aos problemas do ano anterior, enviadas polas lectoras, e propúñanse problemas novos, suxeridos tamén por elas. Tanto a redacción dos problemas como a súa solución adoitaban versificarse. Na introdución do número de 1718 o seu editor escribía: “[...] os estranxeiros asombraríanse se lles mostrase non menos de catrocentas ou cincocentas cartas doutras tantas mulleres, con solucións xeométricas, aritméticas, alxébricas, astronómicas e filosóficas”. No século XVIII hai tantas publicacións de carácter científico dirixidas a mulleres —xa sexa en forma de epístolas, periódicos ou textos divulgativos—, que o feito non fai máis que corroborar o anhelo das mulleres pola educación e o seu alto interese polas manifestacións culturais e científicas de toda índole. As mulleres do Século das Luces apoiaron nos seus salóns a difusión das ideas de Descartes, Newton e Leibniz. Posteriormente, a ciencia pasaría dos salóns ás universidades e ás academias, das que as mulleres se verían excluídas durante moitos anos.[11]

As Astrónomas editar

Como xa ocorría no século anterior, unha das áreas da matemática cunha importante presenza de mulleres foi a Astronomía. Nesta época, moitas mulleres dedicaban as súas noites a contemplar o firmamento, cal fillas de Urania —musa da astronomía na mitoloxía grega—. O feito de que esta ciencia estivese relacionada con oficios artesáns, que se desenvolvían dende o fogar, probablemente tivo moito que ver para que neste século houbese unha impresionante constelación de astrónomas que traballaron nos observatorios, que eran naquel tempo negocios familiares. Maria Winkelmann (1670-1720) descubriu o cometa de 1702, aínda que non se lle deu o seu nome nin recibiu ningún recoñecemento por iso. Despois da morte do seu marido, en 1710, preparou o seu fillo, de dezaseis anos para que fose o seu asistente. Catro anos máis tarde, en 1714, foi el o elixido como director do Observatorio de Berlín, converténdose a súa nai e as súas irmás nas súas asistentes. O trato dado a Maria Kirch foi unha das primeiras "conxuras dos necios" que tiveron lugar nas recentemente creadas institucións científicas. Afortunadamente non toda a comunidade científica reaccionou do mesmo xeito, un prestixioso científico como Leibniz non tivo problema en recoñecer os méritos dela —presentándoa incluso á corte de Prusia, da que non tardou en recibir unha oferta de traballo[12]— con todo, os mediocres atrevéronse a dicir que a presenza dunha muller desprestixiaba a academia, cando eran eles os que a mancelaban coa súa mediocridade.[4]

 
Urania, Alegoría da Astronomía

Pero se houbo nesta época unha estrela que resplandeceu sobre todas as demais, esa foi Caroline Herschel (1750-1848), tamén coñecida como "a cincenta de Hannover" polo papel á que foi destinada na familia —debido aos problemas de saúde que tivo na súa infancia: varíola aos tres aos, que lle deixou a cara marcada, e o tifo aos dez, que por pouco acaba coa súa vida e que detivo o seu crecemento, deixándoa cunha estatura de 1.20 m—. A súa intelixencia, extraordinariamente desperta, e os seus dotes musicais, xunto coa axuda do seu irmán William —12 anos maior ca ela— que a levou con el cando foi traballar a Inglaterra, permitiulle brillar primeiro como soprano e máis tarde —cando seu irmán decidiu dedicarse profesionalmente á astronomía— como astrónoma. Xa como axudante de seu irmán comezou a ser coñecida, sobre todo a partir do descubrimento do cometa de 1786, polo que foi recoñecida pola Royal Astronomical Society. así como polo rei Xurxo, cunha asignación de 50 libras anuais (cantidade considerable para a época) polo seu traballo como asistente do seu irmán. A fama dos Herschel estendeuse por toda Europa, tanto pola precisión das súas observacións astronómicas como polos telescopios creados por eles e que permitían explorar rexións celestes moito maiores ao ter moita menos distancia focal, o que os facía ideais para varrer o ceo e detectar cometas, polo que foron tamén coñecidos como os "varredores de cometas". Ambos os irmáns crearon un grande equipo: el achegaba a intuición e a ambición de saber, e ela unha inmensa capacidade de traballo e de disciplina, ambas necesarias para recompilar os resultados das observacións nocturnas, realizar os cálculos e preparalos para a súa publicación. O ter sobrevivido 25 anos a seu irmán, e continuar facendo, xa en solitario, os mesmos traballos que antes realizaban conxuntamente, fíxoa máis coñecida e recoñecida nos ámbitos científicos do momento, conseguindo distincións tanto en Inglaterra como en Prusia, onde regresou os últimos anos da súa vida que, a pesar da súa fráxil saúde, se prolongou ata os 98 anos.[13]

As francesas foron aproximándose á astronomía da man de Nicole-Reine Lepaute (1723-1788). A súa primeira investigación importante foi sobre as oscilacións de péndulos de lonxitudes variables, o que a levou a gañarse a fama de ser unha das mellores computadoras astronómicas da súa época. Para a chegada do cometa Halley, en 1757, o director do Observatorio de París, Jéröme Lalande, contratou o matemático Clairaut para predicir a data exacta do retorno do cometa, determinando a súa órbita; e este recorre a Mme. Lepaute pare que a axudase na tarefa. O 14 de novembro de 1758 informaron á Academia de Ciencias das datas de regreso do cometa. Foi un gran triunfo da ciencia newtoniana e Clairaut recoñeceu, na súa obra Comets, o traballo de Lepaute, aínda que máis adiante se retractou e hoxe en día todo o mérito da predición se lle atribúe a el. Pola súa parte, ela continuou dedicándose ao estudo das eclipses e publicou varias memorias astronómicas baseadas nas súas observacións, pero tamén colaborou con Lalande noutros moitos traballos. Pero ela non foi a única que colaborou con Lalande; Louise du Pierry (1746-1789), que relevou a Lepaute como colaboradora de Lalande, foi quen fixo os cómputos da maioría das eclipses que utilizou Lalande para o seu estudo do movemento lunar. Tamén colaborou con Lalande a súa sobriña política Marie-Jeanne-Amélie Harlay Lefrançais de Lalande (1768-1832) que deu clases de astronomía en París e traballou tanto en forma independente como con seu esposo.[4]

 
María Andresa Casamayor

A situación en España editar

Na España do século XVIII existiron unhas institucións, as Sociedades Económicas de Amigos do País, defensoras do pensamento ilustrado, que pretendían a recuperación de sectores marxinados, como vagabundos, pobres ou hospicianos, argumentando que podían ser útiles para o progreso do país. Tamén defendían a incorporación da muller a traballos produtivos, pero á hora de valorar a súa capacidade intelectual mostrábanse retrógradas. Proba diso é que a finais do século XVIII se produciu unha fortísima polémica en resposta á demanda dun grupo de mulleres que pretendían pertencer ás Sociedades Económicas, alegando que os seus estatutos non o impedían. Un claro exemplo da posición maioritaria destas institucións, respecto ao papel das mulleres nelas, é o da Sociedade Matritense, na que se opoñían á súa admisión argumentando que tal feito puña en cuestión "o pudor e o recato" e que a súa incorporación levaría o caos á institución pola "natureza anárquica" das mulleres e a súa incapacidade para pregarse ás leis e normas establecidas, así como pola súa natureza frívola e inestable. Non obstante outro sector minoritario delas, no que estaba por exemplo Jovellanos, era partidario da incorporación das mulleres, recoñecendo as súas capacidades intelectuais e a posibilidade de admitilas polos seus méritos e non pola súa extracción social. Pero incluso estes crían que, por recato, as mulleres non acudirían ás Sociedades Económicas, polo que propuñan que puidesen facer as achegas dende as súas casas. En 1787 Carlos III pon fin á disputa decretando a admisión das mulleres nas Sociedades Económicas. Pero a sociedade ilustrada empezou a chamar "bacharelas", de maneira despectiva, ás mulleres intelectuais, e poucas ousaron desafiar tal crítica, coa excepción dun pequeno grupo pertencente á nobreza e á burguesía, que desempeñou un importante labor nas Sociedades Económicas.[14] E nesta España ilustrada atópase en Zaragoza unha ilustre matemática: María Andresa Casamayor y de la Coma (1720-1780) que a pesar de ter pechadas as institucións oficiais relacionouse coa elite científica da época e legou dous tratados, escritos baixo pseudónimo: El tirocinio aritmético e El para sí solo, exemplos de innovación e pioneiros en matemática aplicada, ofrecendo neles ferramentas para mellorar a produtividade, expoñendo dunha maneira clara e accesible as regras de sumar, restar, multiplicar e dividir, buscando exemplos da vida diaria e cun grande interese na súa aplicación práctica, o que lle conferiu grande importancia na época, pola necesidade de aplicar estas operacións á agricultura, á gandería ou ao comercio.[15]

Unha matemática chinesa editar

Pero tamén nesta época atópase no distante oriente unha científica da dinastía Qing, Wang Zhenyi (1768-1797) que destacou sobre todo en matemáticas e astronomía, pero que tamén sobresaíu en poesía, xeografía e medicina.​​ A pesar da súa curta vida, faleceu aos 29 anos, os seus traballos científicos foron recompilados nun libro titulado Shusuan jiancun (Simples Principios do Cálculo) onde se poden atopar artigos como "A explicación do Teorema de Pitágoras e a trigonometría", "Sobre a lonxitude e as estrelas", "Sobre a explicación das eclipses lunares", "A explicación da eclipse Solar" ou "Sobre a procesión dos equinoccios". Tamén reescribiu o libro do matemático Mey Wending (1633-1721) titulado "Principio do Cálculo", cunha linguaxe máis sinxela e o titulou "As bases do Cálculo"; e con 24 anos escribiu outro libro chamado "Os simples principios do cálculo" no que simplificou as multiplicacións e as divisións para facer que as matemáticas fosen máis fáciles, e polo tanto máis divertidas.​[16] En 1994, a Unión Astronómica Internacional nomeou un cráter de Venus no seu honor.​[17]

 
Émilie du Châtelet

Personalidades desta época editar

Nadas na primeira metade do século XVIII (1701-1750) editar

  • Faustina Pignatelli Carafa (1705-1785) matemática napolitana, foi fundamental na introdución das teorías de I. Newton en Nápoles.[18] No ano 1734 publicou o Problemata Mathematica (en Nova Acta eruditorum).[19] O filósofo Francesco Maria Zanotti mencionouna como "unha matemática dotada" na Academia de Ciencias do Instituto de Boloña en 1745, da que formaba parte, como membro, dende 1732.[20]
  • Émilie du Châtelet (1706-1749) matemática e física francesa. Foi unha das grandes matemáticas do século XVIII.[21] Traduciu os Principia de Isaac Newton ao francés –propagando as súas ideas dende Inglaterra á Europa continental– e divulgou os conceptos do cálculo diferencial e integral no seu libro As institucións da física (1740).[22] Dama da alta aristocracia, nos seus salóns, ademais de discutir de teatro, literatura, música ou filosofía, tamén se falaba de ciencia.[23]
     
    Laura Bassi
  • Laura Bassi (1711-1778) científica e filósofa italiana.[24] Foi unha nena prodixio que recibiu instrución en matemáticas, filosofía, anatomía, historia natural e linguas. Graduada en 1732, obtivo un posto de profesora de Filosofía Natural na universidade e converteuse en membro da Academia de Ciencias de Boloña. O seu matrimonio (en 1738) co médico e físico Giuseppe Veratti (1707-1793) –con quen tivo doce fillos– facilitoulle a súa carreira profesional.[25] En 1776, cando faleceu o titular da
     
    Maria Gaetana Agnesi
    Cátedra de Física Experimental do Instituto de Ciencia, o Senado designouna como titular e a seu esposo como asistente. Máis tarde obtivo o cargo de Presidente do Instituto.[26]
  • Maria Gaetana Agnesi (1718-1799) matemática, lingüista e filósofa italiana.[27][28] Publicou Instituzioni analítiche ad uso della gioventù italiana (1748), tratado no que se trataba á vez o cálculo diferencial e integral. Este texto foi traducido ao inglés e ao francés, converténdose en texto de referencia en toda Europa cun grande impacto no ensino.[29] Ao final da súa vida era famosa en toda Europa por ser unha das mulleres de ciencia máis capaces do século XVIII. Un cráter de Venus leva o seu nome na súa honra. Na Biblioteca Ambrosiana de Milán gárdanse as súas obras inéditas que ocupan vinte e cinco volumes.[30]
  • María Andresa Casamayor de La Coma (1720-1780) matemática española.[15] Foi a primeira muller que publicou un libro científico en
     
    María Andresa Casamayor.
    España, iso si baixo seudónimo de Casandro Mamés de La Marca y Araioa. A súa primeira publicación, 1738, Tyrocinio Arithmetico, instrucción de las quatro reglas llanas[31] tivo grande éxito e difusión non seu tempo, nel ensina a sumar, restar, multiplicar e dividir dunha maneira sinxela e accesibel para todos. O segundo libro que María Andresa Casamayor publicou foi El para si solo, manuscrito de 109 follas sobre aritmética avanzada.[32]
 
Anna Barbara Reinhart
  • Nicole-Reine Etable Lepaute (1723-1788) matemática e astrónoma francesa.[33] Gran calculadora, colaborouó co matemático Alexis Clairaut e o astrónomo Jérôme Lalande para verificar as predicións de Edmund Halley sobre o regreso do cometa (13 de abril de 1759).En 1759, Lalande involucrouna nos cálculos de táboas e efemérides astronómicas, o que permitiu a Nicole-Reine Etable Lepaute a entrada na Académie de Béziers como membro asociado.[34]
  • Diamante Medaglia Faini (1724-1770) poeta e filósofa natural italiana.[35] Cando aínda era moi nova, comezou a compoñer sonetos de amor apaixonados e canzoni modelados estilisticamente sobre os seus prezados poetas toscanos. Seu pai opúxose a súa vocación poética e á crecente publicidade que a acompañaba, polo que lle concertou un matrimonio. Unha vez casada xa realizou pouca actividade de creación poética e recurriu -como nova fonte de inspiración gratificante-, á "nova" ciencia e filosofía, centrando os seus intereses na astronomía, a filosofía, as matemáticas e a física. Tamén foi moi vehemente na defensa da educación das mulleres: o 5 de maio de 1763, presentouse ante a academia bresciana, á que pertencía, para defender enerxicamente a educación da muller en tódolos ámbitos, incluído o científico.[36]
 
Nicole-Reine Lepaute
  • Anna Barbara Reinhart (1730-1796) matemática suíza.[37] Estudou de maneira autodidacta as obras de Leonhard Euler, Gabriel Cramer e Joseph-Jérome Lalande, entre outros. Ensinaba matemáticas e era consultada por outros científicos: Daniel Bernoulli a consideraba entre os grandes matemáticos do seu tempo. Os seus manuscritos, que contiñan notas sobre os Principia de Isaac Newton, perdéronse trala súa morte; pero consérvanse as súas cartas ao matemático suízo Christoph Jezler.[38] Dende 2003, unha rúa leva o seu nome na súa cidade natal, Winterthur.[39]
  • Maria Angela Ardinghelli (1730-1825) matemática, física e traductora napolitana.[40] É coñecida fundamentalmente porque traduciu ao italiano dous traballos do fisiólogo e químico Stephen Hales (1677-1761): Haemastaticks e Vegetable Staticks. Seu pai ocupuse da súa educación e aos catorce anos fablaba fluidamente en latín.
     
    Maria Angela Ardinghelli
    Estudou filosofía, física e matemáticas cos científicos Pietro Della Torre e Vito Caravelli. Tamén estudou inglés e francés. Foi correspondente e membro da Academia Francesa das Ciencias.[41]
  • Cristina Roccati (1732-1797) poeta, física e matemática italiana.[42] Tras obter o consentmento paterno, en 1747, trasladouse a Boloña para estudar filosofía natural. Foi admitida na Universidade, converténdose na primeira estudante non boloñesa. Alí asistiu a varios cursos, incluídos os de lóxica, xeometría e metafísica; tamén acercouse á meteoroloxía e a astronomía, pero segiu máis interesada na física e as ciencias naturais. Nestes anos os seus versos apareceron en diversas coleccións e a fama de "poeta", da que disfrutara na súa cidade natal, Rovigo, tamén a tivo en Boloña, tanto que obtivo o cargo de "Conselleira da Nación Veneciana" (un recoñecemento moi prestixioso para unha estudante da Universidade de Boloña). En 1751 licenciouse en Filosofía e trasladouse a Padua para perfeccionar a súa traxectoria científica co estudo da física newtoniana, grega e hebrea, mentres seguía cultivando os seus intereses literarios e compoñendo versos. O 30 de decembro de 1749 foi aceptada como membro da Accademia dei Concordi e en 1754 converteuse en presidenta da mesma. Ata 1777, traballa como profesora de física na Accademia dei Concordi, á que, dende 1751, se incorporou o Instituto de Ciencias. A paixón pola difusión e a investigación reflíctea nas súas conferencias, nas que queda patente o seu rechazo do aristotelismo, se expresa en termos decididamente copernicanos e galileanos. Os piares fundamentales da súa preparación e as súas conviccións están enraizadas no traballo newtoniano e na produción científica da época.[43]
  • Louise du Pierry (1746-1789) de nome completo Louise Elisabeth Felicite Pourra de la Maleleine du Pièry, foi unha astrónoma francesa.[44] Sucede a Nicole-Reine Lepaute nos traballos con Lalande. Foi a primeira muller que se recolle que foi profesora na Sorbona de París: en 1789 impartiu cursos públicos de astronomía para mulleres na Sorbona -Cours d astronomie ouvert pour les dames et mis à leur portée-.[45] A ela lle dedica Lalande a súa obra Astronomía de Damas —resumo do curso sobre astronomía para damas realizado en París en 1789— onde a cualifica como "a muller máis educada que coñezo".[46]

Nadas na segunda metade do século XVIII (1751-1800) editar

 
Caroline Hersche
 
Jeanne-Amélie Harlay de Lalande

Notas editar

  1. "Mujeres en la historia(3) La Ilustración.". www.mareditor.com. Consultado o 2020-12-08. 
  2. ENCARNACIÓN CASTRO MARTÍNEZ. "MUJERES MATEMÁTICAS EN LA HISTORIA DE OCCIDENTE" (PDF). 
  3. "Discursos Sobre La Felicidad | Voltaire | Amor". Scribd (en castelán). Consultado o 2020-12-11. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Alic, Margaret. EL LEGADO DE HIPATIA. Historia de las mujeres en la ciencia desde la Antigüedad hasta fines del siglo XIX (en castelán). Siglo XXI editores, s.a. ISBN 968-23-1682-0. 
  5. Perdomo, Inma (2014-03-21). "Filosofía, ciencia y género : Madame du Châtelet. Felicidad, Filosofía y Ciencia.". Filosofía, ciencia y género. Consultado o 2020-12-11. 
  6. "Pignatelli, Carafa Faustina, principessa di Colubrano — Scienza a due voci". scienzaa2voci.unibo.it. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2012. Consultado o 2020-04-06. 
  7. "Roccati Cristina — Scienza a due voci". scienzaa2voci.unibo.it. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2019. Consultado o 2020-12-14. 
  8. "Biography: Diamante Medaglia". www.lib.uchicago.edu. Consultado o 2020-12-14. 
  9. "Laura Bassi, la primera profesora de física en una universidad". La Izquierda Diario - Red internacional (en castelán). Consultado o 2020-04-06. 
  10. "María Gaetana Agnesi (1718-1799) | Vidas científicas". Mujeres con ciencia (en castelán). 2017-07-11. Consultado o 2020-04-06. 
  11. Pilar Bayer Isant. "Mujeres y Matemáticas". 
  12. "Una astrónoma en la sombra, Maria Winkelmann (1670-1720) Vidas científicas". Mujeres con ciencia (en castelán). 2015-12-21. Consultado o 2021-03-18. 
  13. Muñoz Páez, Adela (2017). Sabias : la cara oculta de la ciencia. [Barcelona]: Debate. ISBN 978-84-9992-702-2. OCLC 978483032. 
  14. "Las científicas y su historia en el aula" (PDF). 
  15. 15,0 15,1 Bernués, Julio; Miana, Pedro J. (2019). "Soñando con números, María Andresa Casamayor (1720-1780)" (PDF). SUMA. Consultado o 28-10-2020. 
  16. 16,0 16,1 "El universo de Wang Zhenyi. Vidas científicas". Mujeres con ciencia (en castelán). 2018-01-04. Consultado o 2020-12-18. 
  17. 17,0 17,1 "Wang Zhenyi (1768-97) - BibliotecaUNEDcientificas". sites.google.com. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2020. Consultado o 2020-12-18. 
  18. "Pignatelli, Carafa Faustina, principessa di Colubrano — Scienza a due voci". scienzaa2voci.unibo.it. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2012. Consultado o 2020-04-06. 
  19. PeoplePill. "Faustina Pignatelli: Princess and supporter of the sciences - Biography and Life". PeoplePill (en inglés). Consultado o 2020-04-06. 
  20. "Faustina Pignatelli Carafa, matemática | Efemérides". Mujeres con ciencia (en castelán). 2018-12-09. Consultado o 2020-04-06. 
  21. "Emilie du Chatelet". www.agnesscott.edu. Consultado o 2020-10-28. 
  22. "Émilie du Châtelet - Biography". Maths History (en inglés). Consultado o 2021-03-18. 
  23. "Emilie du Châtelet, física y matemática. Efemérides". Mujeres con ciencia (en castelán). 2014-12-17. Consultado o 2020-10-28. 
  24. "Laura Bassi - Biography". Maths History (en inglés). Consultado o 2020-10-28. 
  25. "Laura Bassi, filósofa Efemérides". Mujeres con ciencia (en castelán). 2014-10-31. Consultado o 2020-10-28. 
  26. "Laura Bassi, la primera profesora de física en una universidad". La Izquierda Diario - Red internacional (en castelán). Consultado o 2020-10-28. 
  27. "Maria Gaetana Agnesi". www.agnesscott.edu. Consultado o 2020-10-28. 
  28. "Maria Agnesi - Biography". Maths History (en inglés). Consultado o 2020-10-28. 
  29. "Maria Gaetana Agnesi, experta en cálculo diferencial. Efemérides". Mujeres con ciencia (en castelán). 2014-05-16. Consultado o 2020-10-28. 
  30. "María Gaetana Agnesi (1718-1799). Vidas científicas". Mujeres con ciencia (en castelán). 2017-07-11. Consultado o 2020-10-28. 
  31. "Tyrocinio arithmético [Texto impreso] : instruccion de lás quatro reglas llanas". Consultado o 28-10-2020. 
  32. Aragón, El Periódico de. "La mujer que nos acercó a la ciencia". El Periódico de Aragón (en castelán). Consultado o 2020-10-28. 
  33. "Nicole-Reine Etable de Labrière - Biography". Maths History (en inglés). Consultado o 2020-10-28. 
  34. "Nicole-Reine Etable Lepaute, matemática y astrónoma. Efemérides". Mujeres con ciencia (en castelán). 2015-01-05. Consultado o 2020-10-28. 
  35. Hernández, Publicado por Hortensia. "Diamante Medaglia Faini poeta italiana". Consultado o 2020-12-14. 
  36. "Biography: Diamante Medaglia". www.lib.uchicago.edu. Consultado o 2020-12-14. 
  37. "Reinhart, Barbara, Mathematikerin, 1730-1796 - Winterthur Glossar". www.winterthur-glossar.ch. Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2021. Consultado o 2020-10-28. 
  38. "Anna Barbara Reinhart, matemática. Efemérides". Mujeres con ciencia (en castelán). 2017-07-12. Consultado o 2020-10-28. 
  39. PeoplePill. "About Anna Barbara Reinhart: Swiss mathematician (1730 - 1796). Biography, Facts, Career, Wiki, Life". PeoplePill (en inglés). Consultado o 2020-10-28. 
  40. "Ardinghelli Maria Angela — Scienza a due voci". scienzaa2voci.unibo.it. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2019. Consultado o 2020-10-28. 
  41. "Maria Angela Ardinghelli, traductora científica. Efemérides". Mujeres con ciencia (en castelán). 2017-05-28. Consultado o 2020-10-28. 
  42. "Roccati Cristina — Scienza a due voci". scienzaa2voci.unibo.it. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2019. Consultado o 2020-12-14. 
  43. "CRISTINA ROCCATI" (en italiano). 2016-06-18. Consultado o 2020-12-14. 
  44. Grupo de Trabajo Ella es una Astrónoma (2009). Astrónomas que hicieron historia (Radio Nacional de España). 
  45. "Louise du Pierry – Physik-Schule". physik.cosmos-indirekt.de (en alemán). Consultado o 26 de marzo de 2022. 
  46. "IMCCE - Connaissance des Temps". cdt.imcce.fr. Consultado o 2020-12-09. 
  47. "Caroline Herschel". www.agnesscott.edu. Consultado o 2020-10-28. 
  48. "Caroline Lucretia Herschel, astrónoma. Efemérides". Mujeres con ciencia (en castelán). 2015-03-16. Consultado o 2020-10-28. 
  49. "Caroline Herschel - Biography". Maths History (en inglés). Consultado o 2020-10-28. 
  50. "Amélie Harlay - Biography". Maths History (en inglés). Consultado o 2020-12-09. 
  51. Figueras Siñol, Francesca; Ling, Josefina; López Martí, Belen; Kiczkowski, Adriana; Márquez, Isabel; Masegosa, Josefa; Pérez Sedeño, Eulalia; Troughton, Blanca; Villar Martín, Montserrat (2009). Astrónomas que hicieron historia: Wang Zhenyi (Radio Nacional de España. Grupo de Trabajo Ella es una Astrónoma). 
  52. "Sophie Germain". www.agnesscott.edu. Consultado o 2020-10-28. 
  53. "Sophie Germain - Biography". Maths History (en inglés). Consultado o 2020-10-28. 
  54. "Sophie de Germain" (PDF). 
  55. "Sophie Germain, matemática. Efemérides". Mujeres con ciencia (en castelán). 2015-04-01. Consultado o 2020-10-28. 
  56. "Mary Somerville". www.agnesscott.edu. Consultado o 2020-10-28. 
  57. "Mary Somerville - Biography". Maths History (en inglés). Consultado o 2020-10-28. 
  58. "Mary Somerville (1780-1872). Vidas científicas". Mujeres con ciencia (en castelán). 2017-08-24. Consultado o 2020-10-28. 
  59. "Mary Fairfax Greig Somerville, matemática y astrónoma. Efemérides". Mujeres con ciencia (en castelán). 2014-12-26. Consultado o 2020-10-28. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar