Caroline Lucretia Herschel

Caroline Lucretia Herschel, nada en Hannover o 16 de marzo de 1750 e finada o 9 de xaneiro de 1848, foi unha famosa astrónoma alemá.

Caroline Lucretia Herschel
1829 Melchior Gommar Tieleman, Ölgemälde Caroline Herschel Hannover.tif
Nacemento16 de marzo de 1750
 Hannover
Falecemento9 de xaneiro de 1848
 Hannover
SoterradaGartenfriedhof
NacionalidadeAlemaña
Ocupaciónastrónoma, matemática e cantante
PaiIsaac Herschel
NaiAnna Ilse Moritzen
IrmánsWilliam Herschel
PremiosMedalla de ouro da Royal Astronomical Society
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Irmá do famoso William Herschel, tamén astrónomo, compartiu con el unha auto-educación científica. Caroline descubriu varios novos cometas, en particular o de tipo periódico 35P/Herschel-Rigollet, que leva o seu nome. No outono de 1772 reuniuse en Inglaterra co seu irmán, que se establecera como profesor de música en Bath. A partir de aí cooperaron nas investigacións astronómicas e os seus deberes profesionais: ela era a cantante principal nos concertos do oratorio, acadando tanta sona que lle foi ofertada unha invitación para o festival de Birmingham, que declinou.

No 1782 o seu irmán aceptou ser o astrónomo real de Xurxo III de Inglaterra. Carolina foi a súa asistente nas observacións, executando asemade os laboriosos cálculos relacionados con elas. A súa diversión principal era escrutar o ceo cun pequeno telescopio newtoniano. Foi así como detectou no 1783 tres nebulosas, e entre 1786 e 1797 oito cometas, en cinco dos que ten incuestionable prioridade, entre eles o Cometa Encke. O primeiro deles, descuberto o 1 de agosto de 1786, foi tamén o primeiro descuberto por unha muller. O ano seguinte comezou a ser asalariada real polo seu traballo de asistente, o que a converteu na primeira muller recoñecida oficialmente como científica. No 1797 presentou á Royal Society un índice de observacións de John Flamsteed, xunto cun catálogo de 561 estrelas omitidas accidentalmente no British Catalogue, e unha lista de erratas dese catálogo.

Volceu a Hannover no 1822 trala morte do seu irmán, pero xa non abandonou os seus estudos astronómicos, e no 1828 completou a redución comezada en xaneiro de 1800, de 2.500 nebulosas descubertas polo seu irmán. No 1828 a Royal Astronomical Society outorgoulle a medalla de ouro, e no 1835 elixiuna membro honorario. No 1846 recibiu a medalla de ouro do Rei de Prusia.

O asteroide 281 Lucretia foi nomeado polo seu segundo nome, e un cráter luar no Sinus Iridium foi nomeado Caroline Herschel en honra súa.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar