Wang Zhenyi

astrónoma chinesa

Wang Zhenyi, (en chinés: 王贞仪; tradicional: 王貞儀; Wáng Zhēnyí) nada en 1768 e finada en 1797 na China, foi unha afamada científica da dinastía Qing[1] que rompeu as tradicións da súa época na que existía nas mulleres unha carencia de dereitos. Foi unha defensora do feminismo e formouse en matemáticas, astronomía e poesía (e noutros campos) de forma autodidacta,[2] chegando a ser unha persoa brillante. Foi unha aclamada estudosa e "unha extraordinaria muller da China do século XVIII".[3]

Wang Zhenyi
Nacemento1768
Lugar de nacementoJiangning County
Falecemento1797
NacionalidadeDinastía Qing
EtniaPobo han
Ocupaciónpoeta, astrónoma e matemática
PaiWang Xichen
CónxuxeZhan Mei
editar datos en Wikidata ]

Obras editar

Escribiu un total de 12 libros de matemáticas e astronomía, algúns máis salientabeis en relación á astronomía son:

  • Sobre a precesión dos equinoccios. Onde calcula e explica o movemento que fan os equinoccios.
  • Sobre a lonxitude e as estrelas. Observacións no número de estrelas, na rotación solar, na Lúa e nalgúns planetas (Venus, Xúpiter, Marte, Mercurio e Saturno).
  • Sobre a explicación dos eclipses luares. Relata o seu coñecemento sobre as eclipses lunares. Ela realizaba experimentos recreando as eclipses coa axuda dunha mesa redonda, unha lámpada de cristal colgada do teito e un espello, que eran a Terra, o Sol e a Lúa respectivamente. Movíaos conforme aos principios astronómicos e as súas observacións resultaron ser moi acertadas.
  • A explicación da eclipse solar. Plasmou as súas observacións sobre a eclipse solar.
  • Sobre a forma de bóla da Terra. Onde explica por que as persoas non caían da Terra. Relación entre as eclipses de sol e lúa.

No ámbito das matemáticas, os seus libros máis relevantes foron:

  • A explicación do teorema de Pitágoras e da trigonometría. Mostra o dominio que tiña da trigonometría.
  • As bases do cálculo. Libro máis accesible e sinxelo que escribe sobre \textit{Principios do cálculo} escrito polo matemático Mei Wending.
  • Os sinxelos principios do cálculo. Conseguiu simplificar as multiplicacións e divisións co obxectivo de que a súa aprendizaxe fora máis sinxela.

Notas editar

  1. Peterson, Barbara Bennett (2000). Notable Women Of China: Shang Dynasty To The Early Twentieth Century. Nova York: M.E. Sharp. pp. 341–345. ISBN 9780765619297. 
  2. Shen, Yu Wu (2011). 清代女科学家 (Female scientists in Qing dynasty). Zhejiang: Zhejiang Education Press. ISBN 978- 7- 5338- 8976- 0. 
  3. Li, Zigang (1982). 安徽历史述要 (History of Anhui). p. 631. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • The Preliminary Collection of Defeng Pavilion por Wang Zhenyi
  • The History of the Qing Dynasty, vol. 508, The Biography of Wang Zhenyi.
  • The Biographies of 700 Noted Personages of the Qing Dynasty, libro cuarto, The Biography of Wang Zhenyi, por Cai Guanluo.
  • The Supplementary Collection of Biographies on Stone Tablets, vol. 509, The Biography of Wang Zhenyi por Min Erchang
  • The Third Edition of the Biographies, vol. 7, por Zhu Kebao
  • "The Preliminary Collection of the Classified Readings of the Dynasty," volume 228.
  • Textual Research into Works by Women Writers in History, volume 7, por Hu Wenkai
  • Cuentos de buenas noches para nuestras niñas rebeldes. Editorial Destino, 2021. ISBN: 9788408241676

Ligazóns externas editar