José Jacinto Mora

artista uruguaio-estadounidense
Para o ex piloto de rallys galego, véxase José Mora.

José (ou Joseph) Jacinto Mora, coñecido tamén como Jo Mora, nado en Montevideo o 22 de outubro de 1876 e finado en Pebble Beach, California, o 10 de outubro de 1947, foi un escultor, fotógrafo, debuxante, ilustrador e deseñador de moedas estadounidense de orixe uruguaia.

Infotaula de personaJosé Jacinto Mora

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Jo Mora Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Joseph Jacinto Mora Editar o valor em Wikidata
1876 Editar o valor em Wikidata
Montevideo, Uruguai Editar o valor em Wikidata
Morte10 de outubro de 1947 Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Monterey, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Uruguai Editar o valor em Wikidata
EducaciónArt Students League of New York (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Nova York Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncartógrafo , artista de banda deseñada , debuxante de banda deseñada , fotógrafo , escultor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiDomingo Mora (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsF. Luis Mora (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Pasou temporadas convivindo cos hopi e escribiu acerca das súas experiencias en California. Foi coñecido polo alcume de "home renacentista do Oeste".[1]

Traxectoria editar

Primeiros anos en Uruguai editar

Mora naceu o 22 de outubro de 1876 en Montevideo, Uruguai, fillo de Laura Gaillard (1849-1935), unha intelectual nada na rexión francesa de Bordeos, e do recoñecido pintor e escultor catalán Domingo Mora (1840-1911). O seu irmán máis vello, Francis Luis Mora (1874-1940), foi tamén artista,[2][3] e chegou a ser o primeiro membro hispano da Academia Nacional de Deseño estadounidense.[4]

A familia emigrou en 1880 aos Estados Unidos, onde se instalou inicialmente en Nova York e despois en Perth Amboy, Nova Jersey. En 1887 a familia trasladouse a Allston, en Boston Massachusetts.[2][3]

Primeira etapa nos Estados Unidos editar

Seguindo este itinerario familiar, Mora cursou os seus primeiros estudos en Perth Amboy. Comezou o ensino secundario en Allston e concluíuno na Boston Latin School, en 1891. Logo cursou estudos artísticos, dos que se graduou o 15 de xuño de 1894 na Pingry Academy, de Elizabeth, Nova Jersey, onde acadou un premio pola súa obra The Future of America ("O futuro de América").[2]

Logo completou os seus estudos artísticos na Art Students League de Nova York, e na Cowles Art School de Boston, cidade esta na que traballou como debuxante para os xornais Boston Evening Traveller e Boston Herald. Ademais do ensino regrado, José Mora formouse tamén en escultura e en deseño da man do seu propio pai, e de mestres como James C. Beckwith e William M. Chase.[2][3]

En 1894, cando tiña 18 anos, Mora emprendeu unha viaxe de catro anos por México, o suroeste dos Estados Unidos e Texas, traballando como cowboy nos ranchos que ía atopando no camiño, para poder sustentarse.[3]

En 1895 tivo a súa primeira encarga: un mural para a pista de patinaxe da avenida Clermont, en Brooklyn. En 1897 acadou o seu primeiro emprego como ilustrador e debuxante no xornal Boston Traveller, de Boston, e tamén traballou nos anos seguintes para a editora Dana Estes & Company, tamén de Boston, como ilustrador das súas publicacións.[2]

Atraído pola súa primeira viaxe, na primavera de 1903 fixo unha segunda xira polo Oeste e chegou a Solvang, California. Alí aloxouse no rancho Donohue e fixo plans para viaxar ao suroeste e pintar e fotografar os hopi. Nesta viaxe reuniuse cos seus pais, que daquela vivían en San José, California. Pasou tamén un tempo na Misión de Santa Inés. Ese mesmo verán, visitou a cabalo moitas misións españolas de California, seguindo o Mission Trail ("Sendeiro das misións"), tamén coñecido como Kings Highway ("Camiño real").[3][5][6]

 
Cartel co mapa humorístico de Yosemite (1934).[7]

En 1904, Mora visitou Yosemite. Máis tarde, entre 1904 e 1906, regresou cos hopi e os navajo, preto de Oraibi, Arizona, onde tirou fotografías,[8][9] pintou e rexistrou a vida cotiá deses nativos americanos, sinaladamente a Danza da Serpe dos hopi. Alí prendeu as linguas nativas e fixo debuxos detallados do que observaba.[3][10][11] As fotografías e os debuxos feitos por Mora nestas viaxes consérvanse no Instituto Smithsoniano.[12][9]

Como resultado desta serie de viaxes polo Oeste, Mora debuxou unha serie de mapas humorísticos concibidos como parodias dos parques nacionais,[13] que se publicaron como carteis. Ao longo da década de 1930, estes mapas vendíanse por 25 centavos e distribuíanse nas tendas de recordos dos parques. Tamén pintou unha serie de acuarelas, baixo o título de Horsemen of the West ("Xinetes do Oeste").[3]

En 1907, José Mora regresou a California e casou con Grace Needham, con quen tivo un fillo, Joseph Needham Mora, nado o 8 de marzo de 1908. A parella instalouse inicialmente no val de Santa Clara; alí adquiriu un rancho no que Mora traballou co seu pai en varias encargas de escultura, ata o falecemento deste en 1911. En 1914, xunto coa súa muller e o seu fillo, trasladouse a residir en San Francisco.[3]

En 1908, Mora escribiu e debuxou un cómic que se publicou como separata do Boston Herald, titulado Animaldom.[14]

O 22 de febreiro de 1911 inaugurouse en San Francisco o edificio Native Sons of the Golden West, con seis paneis de terracota, obra de Domingo Mora e do seu fillo, que figuraba co nome de Jo Mora.[15] En 1915, José formou parte do xurado internacional de premios da Exposición Internacional Panamá-Pacífico, e tamén expuxo seis esculturas nesta exposición.[16]

 
Placa conmemorativa de Bret Harte (1919), no Bohemian Club, de San Francisco.[17]

Entre 1915 e 1916 finalizou dúas das súas encargas escultóricas: a lápida de bronce co perfil do arcebispo Patrick W. Riordan, por encarga da orde católica dos Cabaleiros de Colón, e o monumento a Cervantes en Golden Gate Park, San Francisco.[18][19][20][20]

En 1919 comezou a facer traballos de escultura para o Bohemian Club, entre eles a placa conmemorativa do poeta Bret Harte, terminada en agosto dese mesmo ano e montada no exterior do edificio do club privado masculino de San Francisco.[17]

Carmel-by-the-Sea editar

 
Cenotafio de Junípero Serra, na misión San Carlos Borromeo.

En 1921, José Mora e a súa familia trasladaron a súa residencia habitual a Carmel-by-the-Sea, California, que daquela era a maior colonia artística de toda a costa oeste dos Estados Unidos. Alí construíu unha casa de estilo Craftsman.[21][22]

Nesta etapa, Mora recibiu, entre outras, unha encarga para as figuras do cenotafio de bronce e travertino do frade Junípero Serra na capela memorial no extremo occidental da Misión San Carlos Borromeo de Carmelo (Mission Carmel).[16][23][24][25]

Durante a Gran Depresión, Mora creou o coñecido como Carmel Dollar ("Dólar de Carmel"), un programa social que lles ofrecía aos residentes nesa cidade que estivesen desempregados uns vales a cambio de servizos públicos, que se podían trocar por comestibles e artigos de primeira necesidade. Consistía nunha cartolina en cuxo reverso se pegaba un selo de tres centavos como certificación de cada servizo prestado e, cando estaba cheo, os comerciantes aceptaban os vale como pagamento na compra de produtos por valor dun dólar.[26][27]

As súas esculturas expuxéronse entre 1927 e 1934 en varias galerías en Carmel-by-the-Sea,[28] e tamén foi autor de ilustracións para cómics e mesmo autor nunha representación teatral en Carmel:[29]

Jo Mora é un escultor serio, un actor afeccionado responsable; cando se mestura coa pluma e a tinta, un humorista! O cómic foi antano o seu oficio. Foi famoso por iso. Sucedeu hai anos, mais a súa arte da caricatura floreceu de novo cando nos últimos anos produciu o coñecido Mapa Mora da Península de Monterey. O seu maior éxito son as creacións de estatuas de bronce que decoran moitos xardíns de Oriente e Occidente. Se ten unha especialidade en figuras son os vaqueiros. Coñece ben o Oeste. Jo Mora sempre será famoso pola súa interpretación de Pancho López, "O Home Malo", en Carmel Playhouse. Faino todo ben e é guapo mentres o fai. Está felizmente casado!
—Xornal Camel Pine Cone,14 de decembro de 1928.

En 1934, Mora foi director da Asociación de Arte de Carmel.[30]

 
Jo mora (esquerda) no seu estudio de Carmel, co arquitecto Robert Stranton, cun capitel do Palacio de Xustiza do condado de Monterey.[31]

O arquitecto Robert Stranton colaborou estreitamente con Mora en múltiples proxectos durante a súa etapa en Carmel. En 1937, Stanton foi o arquitecto do Palacio de Xustiza do condado de Monterey en Salinas, California, que incorporou paneis en baixorrelevo, capiteis de columnas e cabezas figurativas de Mora, tanto no exterior do edificio como no seu patio interior.[32]

O 22 de xullo de 1922, para o día da inauguración da ampliación urbana de Carmel Woods, Mora tallou e pintou unha estatua de madeira do frade Junípero Serra, que se instalou dentro dun pequeno santuario, tamén de madeira, rodeado de plantas e cun par de bancos, na entrada da urbanización.[33][34]

En 1925, un comité cidadán que se encargou de impulsar a emisión dunha moeda de medio dólar conmemorativa do 75 aniversario do Estado de California elixiu a José Mora para lle encomendar o deseño da moeda, xa que consideraban que era o único artista que podía captar o espírito da efeméride conmemorada e plasmalo nun deseño moderno.[35] A moeda cuñouse ese mesmo ano cos deseños de Mora, consistentes nun buscador de ouro no anverso e un oso no reverso, inspirado no que aparece na bandeira de California.[36][37]

En 1928, Mora realizou a escultura El Paseo no patio do edificio do mesmo nome, en Carmel.[38] A escultura foi inscrita no Rexistro Nacional de Lugares Históricos o 20 de xaneiro de 2002, como exemplo das contribucións artísticas e culturais de Mora á vila de Carmel na década de 1920. Trátase dunha escultura de terracota que representa un home e unha rapaza hispanos de California.[39]

A principios de 1930, Earl F. Graft encargoulle a Jo Mora a decoración do Carmel Dairy Building. Mora realizou tres grandes murais interiores sobre un dispensador de refrescos —que xa non existe— e esculpiu unha lámpada de metal en forma de cinzarra que aínda pendura sobre a porta principal do edificio. Creou figuras de animais vestidos de humanos, moitos recoñecibles como persoas residentes en Carmel. Tamén deseñou os menús, as tarxetas de Nadal e as botellas de leite, con estas caracterizacións de animais, e unha vaca que servía de logotipo.[38] O xornal Santa Rosa Republican describiu o traballo de Mora nun artigo titulado: "A prosaica leitaría de Carmel é arte".[40]

Pebble Beach editar

 
Baixorrelevos de Jo Mora na fachada do auditorio da King City High School (1939).

En 1931 Jo Mora, a súa muller e a súa filla Patricia trasladaron a súa residencia a unha casa de nova construción na veciña vila de Pebble Beach, que contaba tamén cun estudio contiguo para o traballo do artista. Alí elaborou o seu enorme diorama titulado Discovery of the San Francisco Bay by Portola ("Descubrimento da baía de San Francisco por Portola"), que se lle encargara para o pavillón de California na Exposición Internacional Golden Gate de 1939-1940, en Treasure Island, San Francisco. Trátase dunha serie de 64 esculturas de españois e nativos americanos, e máis de 200 animais, cunha lonxitude de case 30 metros, da que se dixo que "superaba calquera outro da súa clase na Feira".[41][42][43]

José Mora realizou tamén outros dioramas máis pequenos para para o Will Rogers Memorial Museum de Claremore, Oklahoma, e para o Sutter's Fort Museum de Sacramento, California.[44][45]

A partir de 1937, Mora escribiu e ilustrou tamén libros infantís con temática centrada tamén no Oeste. O derradeiro deles, Californios, dedicado á vida dos rancheiros da Alta California, foi publicado postumamente.[46]

En 1939, finalizou un proxecto da Works Progress Administration, coa escultura en baixorrelevo que adorna o edificio do auditorio da King City High School, en King City, California.[47]

Xa a partir de 1908 e ata finais da década de 1940, as esculturas, as ilustracións, as acuarelas e os gravados de Mora expuxéronse adoito ao longo e ancho dos Estados Unidos.[16][48][49]

José Jacinto Mora foi membro da National Sculpture Society.[3]

Falecemento editar

Mora faleceu o 10 de outubro de 1947 na súa casa de Pebble Beach, condado de Monterey, California.[3][50]

Publicacións editar

Galería editar

Notas editar

  1. "Jo Mora, Renaissance Man of the West". Livingnewdeal.org. 29 de setembro de 2016.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Growing into the arts". En Hiller, P. (2021).
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 "Joseph Jacinto Mora". Askart.com
  4. "Francis Luis Mora". Askart.com
  5. "Wanderlust, vaqueros, and the missions of California". En Hiller, P. (2021).
  6. "Off to the Sierra". En Hiller, P. (2021).
  7. "Yosemite Valley Pictorial Map by Jo Mora (1931)". Yosemite.ca.us
  8. "Jo Mora Collection 1904-1906". Arizona Archives Online. Nothern Arizona University.
  9. 9,0 9,1 Stewart, T. (1979).
  10. "Yosemite and the Trail to Arizona". En Hiller, P. (2021).
  11. Pecina, R.; Pecina, B. (2011). Neil David's Hopi World. Schiffer Pub. ISBN 978-0-7643-3808-3. Páxinas 8, 9, 54-55.
  12. "The year of the Hopi : paintings and photographs by Joseph Mora, 1904-1906". Smithsonian Institution (SI.edu).
  13. "Mora, Joseph 'Jo' Jancito". Geographicos.com
  14. 14,0 14,1 "Joseph Jacinto Mora, 1862-1947". Selected Newspaper Cartoon Artists, 1898-1909. The Ohio State University.
  15. "Native sons of the Golden West". Public Art and Architecture from Arround the World (Artandarchitecture-sf.com).
  16. 16,0 16,1 16,2 Edwards, R. W. (2012). Jennie V. Cannon: The Untold History of the Carmel and Berkeley Art Colonies. Vol. 1. Oakland, Calif.: East Bay Heritage Project. ISBN 978-1-4675-4567-9. Páxinas 191, 265, 522-525, 690.
  17. 17,0 17,1 "Bret Harte Memorial, (sculpture)". Art Inventories Catalog. Smithsonian Institution.
  18. "Miguel de Cervantes Memorial". Noehill.com
  19. 19,0 19,1 "Golden Gate Park - Cervantes". Public Art and Architecture from Arround the World (Artandarchitecture-sf.com).
  20. 20,0 20,1 "Wayback Machine: Mora left his mark on Monterey County". The Californian (Eu.thecalifornian.com).
  21. "Homes of Famous Carmelites: Jo Mora House". Ci.carmel.ca.us.
  22. Dramov, A; Momboisse, L. A. (2016). Historic Homes And Inns Of Carmel-by-the-Sea. Arcadia Pub.,Carmel-by-the-Sea. Páxina 19. ISBN 978-1-4671-0303-9
  23. "Brief History of Carmel Mission". Carmel Mission Basilica (Carmelmission.org).
  24. "Fr. Junipero Serra Cenotaph at Carmel Mission". SCVhistory.com
  25. Komanecky, M. ( 2007). "Jo Mora and the Missions of California". En Anales del Instituto de Investigaciones Estéticas. Nº 91. Páxinas 207-217.
  26. Flower, R. (2010). "Carmel in the Great Depression: local “dollars“ and more". En Carmel Residents Ssociation News. Páxina 7
  27. Gervase, J. (2014). "Carmel Dollars, a local way to ease the hardships of the Great Depression". En The Carmel Pine Cone. 18 de abril. Páxina 6.
  28. Minturn James, E. (1931). "North Lights". En Carmel Pine Cone. 7 de agosto. Páxina 6.
  29. "Who's Who-and Here: Jo Mora". En Carmel Pine Cone. 14 de decembro de 1928. Páxina 9.
  30. "Art Group Files Corporation Papers". En The San Bernardino County Sun. 27 de xaneiro de 1934. Páxina 13.
  31. Seavey, K. (2007). Carmel: A History in Architecture. Arcadia Pub., Charleston. ISBN 978-0-7385-4705-3. Páxina 84.
  32. "Tag Archives: Robert Stanton". En The Living New Deal. 24 de maio de 2019.
  33. "Carmel Woods Sale July 22". En The San Francisco Examiner. 15 de xullo de 1922. Páxina 9.
  34. "Carmel Woods takes shape and sell well, Serra honored with statue". En The Carmel Pine Cone. 2 de setembro de 2019. Páxina 31.
  35. "United States 1925-S California Diamond Jubilee Half Dollar". En Coin Week. 30 de maio de 2023.
  36. "California Diamond Jubilee Half Dollar". United States Mint.
  37. "½ Dollar California Diamond Jubilee". Numista.com
  38. 38,0 38,1 "In Public Places, the Sculpture and Architectural Adornment Work of Jo Mora." Jomoracollection.org
  39. "APN# 010-146-007: El Paseo, Jo Mora Sculpture". Department Of Parks And Recreation (Páxina 130).
  40. "Carmel's Prosaic Dairy is Art". En Santa Rosa Republican. 9 de outubro de 1933. Páxina 3.
  41. The Oakland Tribune. 13 de outubro de 1938. Páxina 4.
  42. The Oakland Tribune. 25 de xuño de 1938. Páxina B-7.
  43. "People talk about". En Carmel Pine Cone. 21 de outubro de 1938. Páxina 10.
  44. The Carmel Cymbal. 27 de setembro de 1940. Páxina 6.
  45. The Oakland Tribune. 24 de agosto de 1946. Páxina 1-C.
  46. Véxase a sección "Publicacións".
  47. "King City Joint Union High School Auditorium Monterev". National Register of Historic Places. 23 de xullo de 1991.
  48. "Joseph Jacinto Mora". MutualArt.com
  49. "Joseph Jacinto Mora". CollierGallery.com
  50. New York Times: 20 June 1949. Páxina 17.
  51. 51,0 51,1 Illustrated Catalogue of the Post-Exposition Exhibition in the Department of Fine Arts. Panama-Pacific International Exposition. 1916.
  52. Ford, T. L.; Mora, J. (1926). Dawn and the dons; the romance of Monterey. A. M. Robertson, San Francisco. Páxina 225.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Catálogos de museos editar

  • The Year of the Hopi: Paintings and Photographs by Joseph Mora, 1904-'06. Smithsonian Institution, Washington. 1979.
  • Jo Mora: Artist and Writer. Monterey Museum of Art, Monterey.1998.
  • Back to the Drawing Board with Artist Jo Mora, Monterey History and Art Association, Monterey. 2003.

Ligazóns externas editar