Coordenadas: 36°36′N 121°54′O / 36.600, -121.900

Alta California foi o nome que se lle deu a un terriotorio do Imperio español, nome que mantivo despois, ao converterse en territorio, e despois provincia, do México independente, en contraposición á Baixa California, nome que a península aínda conserva.

Localización do territorio de Alta California en México (1824).

Na actualidade esta rexión está distribuída entre os estados federais estadounidenses de California, Nevada, Arizona, Utah, o oeste de Colorado, e o suroeste de Wyoming.

O territorio de Alta California foi renomeado como Nova California en oposición á Vella California, o nome co que foi coñecida a península nalgúns escritos da época misioneira.

"Os termos de Alta California son polo S con a Vella California, polo O co océano Pacífico, polo N coas posesións Anglo-americanas, e polo L, non habéndose até o presente marcado polo Goberno, a súa extensión deberá ser, ou ben no citado río Colorado, ou ben até a gran Serra" (sic).
(Descrición de l'Alta California (1828) José Bandini, nunha nota ao Gobernador Echeandía ou seu fillo, Juan, membro da Deputación Territorial de Alta California).[1]

Notas editar

  1. Berkeley, Friends of the Bancroft Library (1951), 3. Reimpreso en Mexican California (New York, Arno Press, 1976). ISBN 0-4050-9538-4



 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.