Eleccións xerais de España de 1910

(Redirección desde «Eleccións Xerais 1910 en España»)

As eleccións xerais de España de 1910 foron convocadas o 8 de maio, trala crise do goberno conservador de Antonio Maura por mor da Semana Tráxica de Barcelona en 1909, baixo sufraxio universal masculino. En total foron elixidos 404 deputados, e o partido máis votado foi o Partido Liberal, dirixido por José Canalejas. O Partido Conservador quedou moi debilitado, e en Navarra presentouse en coalición con carlistas e integristas. Tamén se presentou unha Conxunción Republicano-Socialista, dirixida polo escritor canario Benito Pérez Galdós, que reuniu na coalición diversos grupos republicanos, o Partido Socialista Obrero Español, o Partido Republicano Radical e o Partido Republicano Democrático Federal. A Unión Federal Nacionalista Republicana, unha vez rota a Solidariedade Catalá presentouse en solitario e por primeira vez rompeu a hexemonía da Lliga Regionalista en Cataluña.

Eleccións xerais de España de 1910
 ← 1907 Editar o valor em WikidataEspaña Editar o valor em Wikidata 1914 Editar o valor em Wikidata  → 
Data8 de maio de 1910 Editar o valor em Wikidata
TipoEleccións xerais en España Editar o valor em Wikidata
Cargo elixidoDeputado das Cortes Editar o valor em Wikidata
Resultado da votación Editar o valor em Wikidata

Foi elixido Presidente do Congreso o liberal conde de Romanones, que foi substituído en 1912 por Segismundo Moret; á súa morte en 1913 accedeu á Presidencia Miguel Villanueva. O Presidente do Senado foi Eugenio Montero Ríos.

O xefe de goberno foi José Canalejas, que foi asasinado o 12 de novembro de 1912. Substituíuno entón o conde de Romanones que dimitiu o 27 de outubro de 1913 debido á división interna do partido de Manuel García Prieto, fundador do Partido Liberal Demócrata. Ao mesmo tempo, tamén houbo división no Partido Conservador cando Antonio Maura e Juan de la Cierva Peñafiel non aceptaron o liderado de Eduardo Dato. Máis tarde crebou tamén a Conxunción Republicano-Socialista, a pesar do relativo éxito obtido.

Composición do Congreso dos Deputados editar

Eleccións Xerais en España, 8 de maio de 1910

Partido Porcentaxe Escanos Líder
Partido Liberal 43,4 % 215 José Canalejas
Partido Conservador 21,9 % 115 Antonio Maura
Conjunción Republicano-Socialista 10,3 % 27 Benito Pérez Galdós
Unión Federal Nacionalista Republicana (UFNR) 5,3 % 11 Josep Maria Vallès
Lliga Regionalista 2,7 % 10 Enric Prat da Riba
Comunión Tradicionalista (xaimista) 2,2 % 10 Juan Vázquez de Mella
Católicos independentes 3 Joaquín de Arteaga
Partido Integrista 2 Manuel Senante y Martínez
Partido de Unión Republicana Autonomista (PURA) 1 Félix Azzati
Nacionalistas republicanos cataláns 1 Francesc Macià
Independentes 5
Partido Socialista Obreiro Español 1 Pablo Iglesias Posse
Outros 2
Total 403

Deputados das provincias galegas editar

Os deputados que obtiveron un escano no Congreso polos distritos galegos nestas eleccións foron:[1]

A Coruña editar

 
O galego José Canalejas foi nomeado Presidente do Consello de Ministros.
 
Manuel García Prieto.

Lugo editar

Ourense editar

Pontevedra editar

 
Ángel Urzáiz foi deputado por Vigo.

Notas editar

  1. Os distritos aparecen englobados dentro da provincia correspondente

Véxase tamén editar