Ramón Bustelo González
Ramón Bustelo González, nado en Ribadeo o 9 de marzo de 1868 e finado en 1942, foi un financeiro e político galego.
Ramón Bustelo González | |
---|---|
Nacemento | 9 de marzo de 1868 |
Ribadeo | |
Falecemento | 1942 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de José Bustelo e de Brígida González Santamarina, herdeiro da Banca Martínez Bengoechea, que pasou a ser coñecida como Banca Bustelo. Membro do Partido Liberal afín a Segismundo Moret, foi deputado provincial e elixido deputado a Cortes por Ribadeo nas eleccións de 1901. Volveu ser elixido en 1903, 1905, 1910, 1914, 1916, 1918, 1919, 1920 e 1923. Foi senador pola provincia de Lugo na lexislatura 1907-1908. Foi subsecreario de Abastecementos.
Vida persoalEditar
Casou con Rosario Vázquez Gómez, irmá de Adolfo Vázquez Gómez, foi pai de Mercedes Bustelo Vázquez, que casou con Leopoldo Calvo Sotelo, e avó materno de Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo[2].
NotasEditar
- ↑ "Sucinta biografía del pintor Amando Suárez Couto". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 25 de agosto de 2012.
- ↑ Genealogía de don Leopoldo Calvo-Sotelo y Bustelo.