Ramón Sanjurjo Neira

político español
(Redirección desde «Ramón Sanjurjo Neira y Pardiñas»)

Ramón Sanjurjo Neira Pardiñas, Marqués de Casa Pardiñas, nado en Santiago de Compostela en 1864 e finado en Vilagarcía de Arousa o 16 de novembro de 1925, foi un avogado e político galego.

Modelo:BiografíaRamón Sanjurjo Neira
Biografía
Nacemento1864 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de novembro de 1925 Editar o valor en Wikidata (60/61 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, avogado Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiRamón Sanjurjo Pardiñas Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de Ramón Sanjurjo Pardiñas Villardefrancos, primeiro Marqués de Casa Pardiñas. Emparentado coa casa de Brandeso a través da súa nai Sofía Neira Flórez, con importantes propiedades en Melide e noutros lugares. Foi elixido deputado polo distrito de Corcubión nas eleccións de 1901, 1903 e 1905. Dende 1907 até 1919 foi elixido polo distrito de Arzúa. A el atribúeselle a apertura da liña telefónica entre Melide e Arzúa en 1910.

Casou con María Luisa Mayo Araujo, sen sucesión[1], pasando o título de Marqués de Casa Pardiñas á súa irmá Ramona Sanjurjo Neira Pardiñas.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar