Ramón Sanjurjo Pardiñas
Ramón Sanjurjo Pardiñas Villardefrancos, nado en Crendes (Abegondo) o 22 de setembro de 1834 e finado en Vilaxoán o 12 de xaneiro de 1917[1], foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de setembro de 1834 Crendes, España |
Morte | 12 de xaneiro de 1917 (82 anos) Vilaxoán, España |
Alcalde de Santiago de Compostela | |
1 de xullo de 1895 – 1 de xaneiro de 1904 ← Cleto Troncoso Pequeño – Eduardo Vilariño Magdalena → | |
Alcalde de Santiago de Compostela | |
1 de xullo de 1887 – 25 de abril de 1891 ← José Vázquez Quirós – Ramón de Andrés-García López → | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
1865 – Circunscrición electoral: Pontevedra | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Fillos | Ramón Sanjurjo Neira |
Premios | |
Traxectoria
editarFillo de Agustín Sanjurjo Montenegro e María Ascensión Pardiñas de Villardefrancos, irmá do xeneral Ramón Pardiñas Villardefrancos. Propietario e descendente de fidalgos, foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Pontevedra nas eleccións de 1865. Durante o Sexenio Democrático foi elixido deputado polo distrito de Corcubión en 1871, sendo reelixido en 1872. Na Restauración volveu ser elixido deputado por Corcubión en 1876. Foi un dos representantes do monterismo en Santiago de Compostela, onde foi alcalde entre 1887-1891 e entre 1895-1903.
Vida persoal
editarCasou con Sofía Neira Flórez (irmá de Gerardo Neira Flórez) e foi pai de Ramón Sanjurjo Neira.
Distincións
editarEn 1890 a monarquía concedeulle o título de Marqués de Casa Pardiñas.
Predecesor: José Vázquez Quirós |
Alcalde de Santiago 1887 - 1891 |
Sucesor: Ramón de Andrés-García López |
Predecesor: Cleto Troncoso Pequeño |
Alcalde de Santiago 1895 - 1903 |
Sucesor: Eduardo Vilariño Magdalena |
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Barral Martínez, Margarita (2006). Escola Galega de Administración Pública (EGAP), ed. A administración local en Compostela na era monterista (PDF). Monografías 05. Santiago. p. 86. ISBN 978-84-453-4402-6. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de novembro de 2017. Consultado o 01 de novembro de 2018.
- Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.