Gerardo Neira Flórez
político español
Gerardo Neira Flórez, nado en 1839 e finado na Pobra do Caramiñal o 10 de abril de 1913[1], foi un político galego.
Gerardo Neira Flórez | |
---|---|
Nacemento | 1839 |
Falecemento | 10 de abril de 1913 |
Lugar de falecemento | A Pobra do Caramiñal |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Fillo de Ramón Neira Torre. Dono do Pazo de Saa en Sadurnín (Cenlle) e do pazo de Brandeso (en Brandeso, Arzúa). Casou con Eugenia Gasset Artime, irmá de Eduardo Gasset Artime. Foi secretario da Universidade de Santiago de Compostela. Foi elixido deputado polo distrito de Padrón nas eleccións de 1871 substituíndo ao seu cuñado Eduardo Gasset. En 1876 foi elixido polo distrito de Ordes. Foi gobernador civil de Ourense e Subsecretario do Ministerio de Graza e Xustiza. Foi membro activo da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago[2].
Notas Editar
- ↑ Necrolóxica en La Correspondencia Gallega, 11-4-1913, p.2
- ↑ Necrolóxica no Diario de Pontevedra, 12-4-1913, p. 1.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Carta aos electores do distrito de Padrón (1871)Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Galiciana