Ramón Sanjurjo Pardiñas

político galego

Ramón Sanjurjo Pardiñas Villardefrancos, nado en Crendes (Abegondo) o 22 de setembro de 1834 e finado en Vilaxoán o 12 de xaneiro de 1917[1], foi un político galego.

Ramón Sanjurjo Pardiñas
Nacemento22 de setembro de 1834
Lugar de nacementoCrendes
Falecemento12 de xaneiro de 1917
Lugar de falecementoVilaxoán
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
FillosRamón Sanjurjo Neira
PremiosGran Cruz da Orde de Isabel a Católica
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Agustín Sanjurjo Montenegro e María Ascensión Pardiñas de Villardefrancos, irmá do xeneral Ramón Pardiñas Villardefrancos. Propietario e descendente de fidalgos, foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Pontevedra nas eleccións de 1865. Durante o Sexenio Democrático foi elixido deputado polo distrito de Corcubión en 1871, sendo reelixido en 1872. Na Restauración volveu ser elixido deputado por Corcubión en 1876. Foi un dos representantes do monterismo en Santiago de Compostela, onde foi alcalde entre 1887-1891 e entre 1895-1903.

Casou con Sofía Neira Flórez (irmá de Gerardo Neira Flórez) e foi pai de Ramón Sanjurjo Neira. En 1890 a monarquía concedeulle o título de Marqués de Casa Pardiñas.


Predecesor:
José Vázquez Quirós
  
Alcalde de Santiago
 
1887 - 1891
Sucesor:
Ramón de Andrés-García López
Predecesor:
Cleto Troncoso Pequeño
  
Alcalde de Santiago
 
1895 - 1903
Sucesor:
Eduardo Vilariño Magdalena

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar