Abrir o menú principal

Eleccións xerais de España de 1901

AntecedentesEditar

En base ao Pacto do Pardo de 24 de novembro de 1885 queda instituído o sistema de quendas pacíficas en exercicio do poder entre liberais e conservadores, que consolidou a Restauración ata finais do século XIX e principios do XX.

O 26 de xuño de 1890 o goberno liberal-fusionista reimplanta oficialmente o sufraxio universal na lexislación electoral.

O 17 de novembro de 1900 María Cristina de Habsburgo-Lorena autorizaba o matrimonio da princesa de Asturias, María das Mercedes de Borbón e Habsburgo-Lorena, con Carlos de Borbón-Dúas Sicilias, pretendente carlista, esta decisión provoca graves disturbios en Madrid a principios do mes de febreiro.

O 2 de marzo de 1901 cesa Marcelo Azcárraga Palmero como Presidente do Goberno de España, ocupando o seu posto novamente Sagasta

CaracterísticasEditar

O 25 de abril de 1901 seguindo o proceso de normalización conforme ao pactado entre as principais forzas políticas, procedeuse á disolución das Cámaras e á convocatoria de eleccións lexislativas.

Descoñécese o número de votantes para estas eleccións, todos varóns maiores de 25 anos de idade (sufraxio universal masculino). Elixíronse 402 deputados os días 19 de maio e 2 de xuño de 1899.

Composición do Congreso dos DeputadosEditar

Resultados en GaliciaEditar

Final da RexenciaEditar

O 17 de maio de 1902, ao cumprir os 16 anos de idade, Afonso XIII foi declarado maior de idade e asumiu as funciones constitucionais de Xefe de Estado.

NotasEditar

Véxase taménEditar