Isidoro Bugallal

avogado e escritor galego
(Redirección desde «Isidoro Bugallal Araújo»)

Isidoro Bugallal Araújo, nado en Ponteareas o 3 de setembro de 1854 e finado en Madrid o 14 de abril de 1914, foi un avogado, político e escritor galego.

Modelo:BiografíaIsidoro Bugallal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de setembro de 1854 Editar o valor en Wikidata
Ponteareas, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de abril de 1914 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosJavier Bugallal Pérez de Castro, José Luis Bugallal Marchesi Editar o valor en Wikidata
PaiJosé Ramón Bugallal Editar o valor en Wikidata
IrmánsGabino Bugallal
Darío Bugallal Araújo Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1213580 BUSC: bugallal-y-araujo-isidoro-1854-1914

Traxectoria

editar

Fillo de José Ramón Bugallal Muñoz e neto do xornalista Isidoro Araújo. Estudou o bacharelato en Pontevedra e licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1883 trasladouse a Madrid e ingresou no corpo de Rexistradores da Propiedade.

Foi deputado provincial, foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Ponteareas nas eleccións de 1903, 1905, 1907 e 1910 e polo distrito de Ourense nas eleccións de 1914. Colaborou en Faro de Vigo, La Correspondencia Gallega e El Universo e foi elixido académico correspondente da Real Academia Galega.

 
Placa en Ponteareas.

Grazas a súa xenerosidade construíuse o edificio das Escolas Graduadas de Ponteareas, que ocupou o Museo Municipal e agora ocupa o Conservatorio Municipal.

Vida persoal

editar

Casou en primeiras nupcias con María Pérez de Castro Martínez, filla de Evaristo Pérez de Castro Brito, e foi pai de Javier Bugallal Pérez de Castro. María faleceu en 1892 e Isidro casou en segundas nupcias con Pilar Marchesi Buhigas (1894); deste matrimonio tivo como fillo ao xornalista José Luis Bugallal Marchesi.

  • Dos semblanzas de Cánovas, 1898.
  • Suiza española. Paseando por Galicia, 1903.
  • Notas políticas. Antes y después del Desastre, 1908.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar