Javier Bugallal Pérez de Castro
escritor galego
Javier Bugallal Pérez de Castro, nado en Vigo o 7 de xaneiro de 1888 e finado en Madrid o 12 de decembro de 1911[1], foi un escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xaneiro de 1888 Vigo, España |
Morte | 12 de decembro de 1911 (23 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Familia | |
Pai | Isidoro Bugallal |
Irmáns | José Luis Bugallal Marchesi |
Traxectoria
editarFillo de Isidoro Bugallal Araújo e orfo de nai desde moi novo, criouse en Vigo cos avós maternos. Fixo o Bacharelato cos xesuítas en Camposancos e Chamartin e pasou logo ao Liceo de Pau onde estudou aos clásicos franceses. Marchou despois a Madrid onde iniciou os estudos de Arquitectura, que non puido rematar pola súa prematura morte.
Publicou en Madrid o libro de versos Las emociones sencillas en 1910.
Notas
editar- ↑ "Javier Bugallal y Pérez de Castro (1888-1911). Un poeta vigués" in Faro de Vigo, 9-2-1954, p. 2