Abrir o menú principal

Gabino Bugallal

avogado e político galego
(Redirixido desde "Gabino Bugallal Araújo")

Gabino Bugallal Araújo, nado en Ponteareas o 19 de febreiro de 1861 e falecido en París o 30 de xuño de 1932, foi un avogado e político galego, conde de Bugallal.

Gabino Bugallal
Gabino Bugallal.JPG
Nacemento19 de febreiro de 1861
 Ponteareas
Falecemento30 de xuño de 1932
 París
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e avogado
PaiJosé Ramón Bugallal
Firma de Gabino Bugallal.svg
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Fillo de José Ramón Bugallal Muñoz e neto do xornalista Isidoro Araújo. Deputado xa desde moi novo, dentro das filas do Partido Conservador, especialmente relacionado co grupo de Raimundo Fernández Villaverde. Foi nomeado ministro en diversas ocasións: no Goberno de Fernández Villaverde, de xullo de 1903, desempeñou a carteira de Instrución Pública e Belas Artes, na que estivo ata o 5 de decembro dese ano. Ministro de Facenda no Goberno de Eduardo Dato de 1912 (27 de outubro ao 31 de decembro), de novo do 11 de xuño ao 3 de novembro de 1917, e por última vez, do 2 de xullo de 1919 ao 5 de maio de 1920, no Goberno de Sánchez Toca.

Ministro de Graza e Xustiza con Dato en maio de 1920, e en agosto dese mesmo ano substituíu a Bergamín como ministro de Gobernación e adoptou unha política de man dura contra a conflitividade social. Partidario de medidas represivas, nomeou a Severiano Martínez Anido gobernador civil de Barcelona e tolerou a aplicación da lei de fugas.

 
A Gabino Bugallal en Ponteareas.

Ocupou interinamente a xefatura do Goberno tras o asasinato de Eduardo Dato e, en contra da vontade de Maura, intentou crear un Goberno conservador homoxéneo.

Monárquico conservador, durante a ditadura de Primo de Rivera mantivo a súa adhesión ao rei Afonso XIII. Ministro de Economía en 1931, ante o masivo apoio electoral á República, foi o único partidario do uso da forza para defender a monarquía.

Faleceu no Hotel Savoy de París e foi soterrado provisionalmente nunha igrexa da rue de la Pompe, ata que en 1960 a súa filla trasladou os seus restos ao cemiterio de Thiais, París, onde repousan[1].

Predecesor:
Eduardo Dato
Presidente do Goberno de España
1921
Sucesor:
Manuel Allendesalazar

Vida persoalEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar