Conversa usuario:Elisardojm/arquivo 9

Discussões ativas

Arquivo das conversas do cuarto cuadrimestre do 2014:

Modelo:Harvnp / Modelo:SfnEditar

Ola Eli.

Gatón do Bierzo (traído de es:Gatón del Bierzo) emprega o Modelo:Harvnp, que en tódalas wikis,d:Q6535844 inclusive a nósa, chamamos: Modelo:Sfn, que ti traxeches.

Porén, algo non funciona ben.

Podes botarlle un ollo?

Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 2 de outubro de 2014 ás 08:03 (UTC)

Android en galegoEditar

O meu smartphone e a miña tablet empregan android e están en galego. Non tiven que instalar nada, viñan así de fábrica, unicamente escollín "galego" a primeira vez que os encendín. --. HombreDHojalata.conversa 2 de outubro de 2014 ás 10:24 (UTC)

Re:OrtografíaEditar

Moi boas. Non só uso as ferramentas ás que me convidaron, se non que paso tódolos textos por un tradutor da Xunta se teño dúbidas sobre a súa tradución, polo que estou chegando a pensar que hai un comportamento de acoso e derrubamento contra todo aquel que quere comezar a expandir a Galipedia. Este é o portal da Xunta: http://www.xunta.es/tradutor/text.do Saúdos. Galandil (conversa) 4 de outubro de 2014 ás 16:10 (UTC)

Son galego, non digas que non coñezo o idioma, a súa sintaxe, gramática ou léxico, porque nada mais lonxe da realidade. Non obstante, estou a repasar todos os artigos para tratar de poñelos en orde. Galandil (conversa) 4 de outubro de 2014 ás 16:53 (UTC)
Creo que xa están corrixidos tódolos artigos. Gustaríame que lle botaras unha ollada... Saúdos. Galandil (conversa) 4 de outubro de 2014 ás 17:14 (UTC)

The Signpost: 01 October 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 4 de outubro de 2014 ás 19:25 (UTC)

Obxectivo conseguidoEditar

Boas Elisardojm!! Se non hai un cataclismo mañán teremos conseguido xa 10 artigos de calidade neste ano faltando dous meses longos para que remate o ano, así que podemos dicir que se cumpriu o obxectivo!!! A segunda parte do obxectivo era conseguir 12 artigos, pois ben, esta mañán propuxen o artigo do ébola, que é ben grande, referenciado, completo... e que xa foi o mes pasado destacado na portada, así que hai moitas posibilidades para que sexa escollido o 11º do ano (houbo un gran consenso en destacalo e ao estar de actualidade seguramente moita xente participe na votación cando esta sexa anunciada) Creo que podemos chegar sen moitos problemas aos 12 ou mesmo 13 artigos de calidade, hai propostas anteriores deste ano e doutros que poderían ser moi bos candidatos á estrela: Leonardo da Vinci (aínda que se cadra sería boa cousa tentar amplialo a partir da wiki en italiano ou en francés, pero posiblemente tal e como o temos agora poda ser escollido con tal de facer os "artigos principais"), Boston Bruins (o problema son as excesivas ligazóns internas en vermello motivadas por ser un tema pouco traballado, vexo complicado que poda ser escollido porque non espertou o máis mínimo interés e tan só votou AMPERIO a pesar de ser un artigo moi completo), Krzysztof Penderecki (ten unha cousa boa, xa foi destacado na portada, e unha mala, non atraeu moito interés aínda que estivo próximo a ser escollido, de feito foi destacado na portada porque me despistei e votei a proposta en lugar de absterme, tamén ten vermello a esgalla, especialmente na sección "Premios e recoñecementos"), Angela Gheorghiu (é unha biografía dunha muller, algo novidoso, completiña, pero presenta tamén moito que azulear). Estes poderían propoñerse creo que sen tocalos moito ou mesmo tal e como están agora (se cadra revisar a ortografía), son os que non recibiron votos en contra, simplemente non votou xente suficiente. Outras posibilidades serían traballar noutras propostas anteriores como España, Historia de Serbia, Atlanta, Redondela, Historia dos eslavos do sur (ten moita controversia este artigo, non sei se sería perder o tempo), RMS Titanic (temos boa base na wiki en francés, falta alguén que saiba francés e o quera mellorar), vaca (igual que o Titanic)... e as candidaturas que non saíron adiante nos anos 2009 e 2010, que darían moito choio. Logo temos outros artigos como o da evolución que sería moi interesante que fora artigo de calidade, e artigos con moi boa base como holodomor (de calidade en pt.wiki, que é un punto a favor). Non sei se cres que se podería presentar algún dos que che propoño, en calquer caso o que se podería propoñer á comunidade é que no 2015 se traballara sobre os artigos que foron propostos para tentar facelos de calidade o próximo ano, sería unha proposta interesante, xa que hai artigos interesantes como Fórmula 1 ou Emilia Pardo Bazán que foron propostos hai moito tempo e evolucionaron moi pouco dende as súas propostas. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 6 de outubro de 2014 ás 17:13 (UTC)

Non te preocupes! Se eso xa buscarei eu algún ou preguntarei a alguén se traballou nalgún que poda ser un bo candidato. Apertas!!! Piquito (conversa) 7 de outubro de 2014 ás 16:48 (UTC)

GalicitasEditar

Boas! Pídoche axuda sobre algúns aspectos do Galicitas que comentei na Taberna. Grazas por adiantado, saúdos! --Norrin (Fálame) 8 de outubro de 2014 ás 14:09 (UTC)

GalicitasEditar

Boas! Pídoche axuda sobre algúns aspectos do Galicitas que comentei na Taberna. Grazas por adiantado, saúdos! --Norrin (Fálame) 8 de outubro de 2014 ás 14:00 (UTC)

Posibles categorías candidatas a ser movidasEditar

Como sabes, andabamos unificando as categorías á forma Categoría:Nonseique_de_Galicia, preferindoa á Categoría:Nonseique_galeg@s. É dicir, preferindo a forma co topónimo fronte a forma co xentilicio (no tocante a calquera lugar, non so a Galicia).

Se fas unha procura co texto Categoría:galegas ou Categoría:galegos, entre os resultados pode que che saian categorías candidatas a ser movidas segundo o criterio expresado no parágrafo anterior. --. HombreDHojalata.conversa 10 de outubro de 2014 ás 09:10 (UTC)

Non! Porqué ías facer iso?
As que podes mover son as Categoría:Arquitectos galegos do século N a Categoría:Arquitectos de Galicia do século N, por exemplo. --. HombreDHojalata.conversa 10 de outubro de 2014 ás 10:46 (UTC)

REEditar

Non, non, o cf. é de "confrontar". É o motivo, para mover a de "por cidade" a "por cidades", como no caso de "por países" (e non "por país"). Saúdos! --Norrin (Fálame) 10 de outubro de 2014 ás 11:59 (UTC)

categoríasEditar

Ola, Elisardo; agardo que che valesen as indicacións de HombreDeHojalata. En calquera caso, se queres podes crear categorías novas específicas para fedellar nelas e probar o bot. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10 de outubro de 2014 ás 12:09 (UTC)

Grazas Estevo(aei), HombreDHojalata e Norrin, ó final non deu tempo a facer o bot pero contactei con xente que, ó mellor, no futuro pode axudar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de outubro de 2014 ás 17:42 (UTC)

The Signpost: 08 October 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 11 de outubro de 2014 ás 00:41 (UTC)

ÉbolaEditar

Ola, Elisardojm. Non estou de acordo contigo neste caso. Obviamente estamos nun artigo no límite, pero se o creei no seu momento foi porque considerei que era necesario. Os meus argumentos son:

  • é a primeira afectada galega dunha das grandes enfermidades do noso tempo. Se tivésemos o nome do primeiro galego vítima da tuberculose sería un importante dato histórico e merecería un (breve) artigo na wikipedia. Malpocadamente non o temos.
  • o seu nome ten na nosa época unha importante repercusión mediática internacional.
  • é galega (loxicamente non tería sentido na nosa wikipedia o nome da primeira vítima francesa).

Son consciente de que se felizmente se recupera, a súa sona é probable que deveza. Tamén é verdade que ben podería continuar como personaxe público e con proxección. Iso dependerá do que decida ela. Hoxe en día o nome dunha galega está no meu xornal británico, e iso non sucede todos os días. Creo que un artigo breve e obxectivo é necesario por estas razóns.

Ademais, e personalmente, se ben son inclusionista, tamén son anticanónico. Creo que a idea de notabilidade habitual (moito maior na nosa wikipedia que noutras) reforza o patrón home-branco-clase alta, porque o que consideramos notable é aquilo que coincide cun canon onde homes, brancos e ricos teñen unha forte vantaxe. Non só temos poucas mulleres wikipedistas: a wikipedia fala pouco de mulleres, nun proceso ao meu ver retroalimentado. Dese xeito, que haxa 1 artigo sobre unha muller auxiliar de enfermería paréceme en certo modo o propósito polo que existe a wikipedia: non só recompilar o coñecemento, senón presentar unha humanidade máis plural sempre a partir do dato de que existe unha certa notabilidade agora, que quizais aumente ou deveza no futuro.--Xabier Cid Talk 2 me, please 11 de outubro de 2014 ás 07:37 (UTC)

Galencontro 2014Editar

Boas Elisardojm! Xa contestei á túa proposta, incluín unha opción máis, Ourense, xa explico por qué. Piquito (conversa) 15 de outubro de 2014 ás 08:00 (UTC)


  • Ola. Malia que me gustaría asistir, por desgraza resido fóra do País, polo que me resultaría difícil facelo. Saúdos. --Tommyhilfiger (conversa) 15 de outubro de 2014 ás 15:00 (UTC)
  • Grazas por avisar. Andarei pendente a ver se podo ir. ※ Sobreira ►〓 parlez 15 de outubro de 2014 ás 18:40 (UTC)

The Signpost: 15 October 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 17 de outubro de 2014 ás 05:48 (UTC)

Reflexión RAGEditar

Boas! Abrín un novo tema/reflexión na Taberna, por se queres opinar. --Norrin (Fálame) 17 de outubro de 2014 ás 10:28 (UTC)

maratónEditar

Ola, Elisardo; non podo confirmar a miña asistencia posiblemente até a propia semana, pois non sei como andarei de carga académica. Mellor non contes comigo, e se podo aparezo a maiores. Grazas por axudar a organizar o evento. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de outubro de 2014 ás 10:30 (UTC)

Editatón Día da Ciencia en GalegoEditar

Ola, Vin a túa idea, pero creo que comezar con tres cuartos de hora de charla pode ser máis desmotivador ca outra cousa. Por iso, intentei coller o espírito do asunto (comezar cunha introdución lixeira) e orientalo máis cara ao tema do propio editatón:

  • 10:30-11:00 Presentación: O Día da Ciencia en Galego

A idea sería a seguinte: unha das persoas que participou na creación do Día da Ciencia en Galego e o maior promotor do evento nestas 5 edicións é un profesor de instituto de Lugo (Manuel Díaz Regueiro). Aproveitando iso, penso que estaría ben que viñese contarnos breve e divulgativamente o cando, o como e o porqué da iniciativa.

Que che parece? XustoRguez (conversa) 17 de outubro de 2014 ás 11:49 (UTC)

Con respecto á asistencia, eu supoño que na sesión física non seremos moitos (non che sabería cuantificar), e que é posible que pola tarde haxe aínda menos xente ca pola mañá. Para evitar a desbandada que ti dis, ao mellor podiamos intentar organizalo para facer unha comida colectiva (ou ben na propia Biblioteca, ou ben nalgún local próximo). A partir de luns vou mirar se habería posibilidades de que ese gasto correse por conta do Servizo de Normalización.
O problema do monólogo non é só económico (que tamén). É que non sei a quen se podería traer, e ademais non confío moito en que haxa xente que se acerque á actividade exclusivamente por ese motivo, nin que se quede se a propia actividade do editatón non o atrae.

Agora ben, se ti tes un candidato/ta a vir, podemos mirar canto custaría traelo e botar contas. E xa se consegues financiamento de Wikimedia España, nin contas botamos... ;)

E por certo, non haberá algunha forma máis áxil de podermos falar? (correo el., Facebook, Skype, whatsap...) Váleme calquera, pero iso é un pouco....
XustoRguez (conversa) 18 de outubro de 2014 ás 15:19 (UTC)

--Maria zaos (conversa) 22 de outubro de 2014 ás 07:51 (UTC)Ola Elisardojm, acabo de crear a conta de usuario na Galipedia e quería comunicarvos a tí e máis a xusto quen son eu, xa que o nick non se corresponde, e de paso comezar a afacerme co tema da edición aquí. Non sei se estarei escribindo no sitio correcto, agardo que si. Son auxiliar da biblioteca intercentros e acabo de incorporar un par de temas á lista do Editatón. Por favor, como son nova, se hai algo incorrecto, faimo saber. Moitas grazas-- -Ola de novo, queria consultarche se cres que é moi ousado crear unha entrada nova que trate da biblioteca intercentros, para ir practicando o tema de edición antes do editatón ou se pola contra me recomendas facelo na zona de probas.Un saúdo e graciñas--Maria zaos (conversa) 22 de outubro de 2014 ás 20:42 (UTC)

Ola, Estiven reelaborando a páxina do editatón e paréceme que un índice como o que che apunto máis abaixo sería máis claro. Como o ves?

   1 Cando, onde e como
   2 Programa [provisional]
   3 Apúntate!
   4 Información para participantes
   4.1 Cuestións xerais
   4.2 Artigos propostos
       4.2.1 Artigos que mellorar
       4.2.2 Artigos que crear
   4.3 Recursos
   4.4 Axuda para a edición
   5 Galencontro

--XustoRguez (conversa) 23 de outubro de 2014 ás 07:53 (UTC)

Si. Vai haber dispoñible un PC con canón e conexión a Internet para as dúas presentacións iniciais. Para a sesión de traballo:

- quen traia o seu portátil poderá conectarse á rede da USC

- quen queira traballar cun dos computadores de sobremesa da Biblioteca ten que avisar con antelación (aprox. 1 semana) para poder crearlle un usuario temporal na rede de datos da USC. XustoRguez (conversa) 24 de outubro de 2014 ás 11:21 (UTC)

Non, os usuarios non se poden facer agora porque son persoais (precisamos nome e apelidos da persoa á que se lle van facer). Así que -para traballar nos equipos de sobremesa- esa é a vía. Para quen leve portátil non hai problema, porque nos abren unha subrede propia para o acto: entón con usuario e contrasinal, listo.

A min tamén me parece moito tempo de Dios, pero é o que nos dixo a xente da rede de datos. XustoRguez (conversa) 24 de outubro de 2014 ás 11:52 (UTC)

Sobre foto biblioteca - a primeira foto subida veu directamente da nosa páxina no dominio usc logo de rexistrala con licenza de dominio público en creative commons e enviar o código ó administrador da nosa páxina para incorporalo. Semella que aínda non o fixeron. A segunda vez que tentei o subir o arquivo foi xa dunha carpeta de fotos feitas por nós, pero semella que algo pasou tamén cos metadatos. Elimina as dúas logo e cando me confirmen que amañaron os metadatos da licenza da foto no noso micrositio web http://www.usc.es/gl/servizos/biblioteca/busc/centros/intcentroslugo/ volto subila. Sinto as molestias.--Maria zaos (conversa) 27 de outubro de 2014 ás 12:50 (UTC)
Grazas pola comprensión. Hoxe non estaba a persoa con permisos de edición no micrositio. Agardo que mañá poida estar amañado.

Dosieres de referenciasEditar

Na biblioteca estamos preparando uns dosieres e unha selección de libros (físicos) por tema/entrada para entregar ás persoas que asistan físicamente. Os dosieres estarán realizados en formatos libres e conteñen listados de recursos e referencias -tanto bibliográficas como dixitais- de calidade para a edición, na medida do posible indicando as licenzas concretas de cada unha. A miñas preguntas son dúas: 1-Para quen se conecte dende a distancia, non deberemos subir o dosier a algures baixo licenza creative commons? 2-Recoméndasnos algunha estrutura concreta para o dosier en función das necesidades da edición? Grazas. Un sáúdo--Maria zaos (conversa) 27 de outubro de 2014 ás 15:56 (UTC)
Pois maquetados non están, pero quizais é demasiada información como para poñela na páxina do evento (varias follas por tema e ás veces tamén inclúen referencias a subtemas dentro deles), creo que é mellor a opción do commons. Ademáis, se non se cumplen os obxectivos de edición ese día concreto, valerían nun futuro inmediato para outras/os editoras/es.
En canto a estrutura referíame tamén se incluímos ao inicio de cada dosier (por exemplo)as ligazóns a wikidata, recursos de edición, recursos lingüisticos, ligazóns que xa figuran no wiki com ligazóns internas, se indicamos categorías, etc. e se os temas grandes, que conteñen subtemas os dividimos para que sexa mellor o reparto de tarefas ese día, todo máis ou menos con un orde que siga os pasiños que cada persoa vai necesitar...ou só as referencias puras e duras.

En canto ás imaxes que se van usar ese día, entendo que a nosa tarefa é sinalar os lugares de onde poden cargadas indicando(e preferindo cc) sempre que podamos a licenza baixo a que están, pero que é tarefa da xente que edita escoller as imaxes e subilas. É correcto? Un saúdo--Maria zaos (conversa) 27 de outubro de 2014 ás 16:49 (UTC)

Ola, poderíasme indicar os pasos para subir os dossieres ao Commons? Pensaba en crearlles unha licenza BY-SA e integrarlle os metadatos da licenza no PDF a través de Adobe ACrobat Pro antes de subilos pero quería facer unhas probas antes non vaia ser que non sexan lexibles por máquina.--Maria zaos (conversa) 30 de outubro de 2014 ás 10:51 (UTC)..
Ola, xa sei que me dixeches de poñelos como fotografía, pero vou comezar a subir as bibliografías e van ser máis de vinte, por iso as puxera como ligazóns externas dentro da lista. Pensei que sería máis claro e máis fácil de ordear. Ademáis non lle acabo de ver o sentido de encher a páxina de fotos que non son máis que texto. Sigo enlazándoas como fotos, como xa aparece a primeira ou podo ligalas como fixera inicialmente?--Maria zaos (conversa) 4 de novembro de 2014 ás 12:47 (UTC)

Problema urxente cos documentos do commons para o EditatónEditar

Ola, son María Zaos. A conta da biblioteca acaba de recibir un aviso de borrado de documentos porque creo que o nome do ficheiro levou a pensar que Ramón Verea é unha persoa viva que anda a promocionar algo chamado Editatón. Escribinlles xa en inglés, pero non sei se se retirará antes de mañá e se non nos pasará con máis documentos, xa que como levan a palabra "editaton 2014" case todos no nome e na descrición e ademáis son máis ben textuais, o certo é que no los poderían tumbar. Que me recomendas? renoméoos? cámbiolles a descrición e retiro "Editatón"? Deixote o link á páxina de conversa da solicitude de borrado, a ver se o fago ben.cancelación páxinaGrazas de novo pola túa colaboración. Un saúdo--Biblioteca intercentros de Lugo (USC) 7 de novembro de 2014 ás 20:48 (UTC)

Temas do EditatónEditar

Ola, en canto as figuras homenaxeadas no Día da ciencia en galego, teño que consultalo ben coa persoa que esta refrenciando a entrada do día por se falta algunha, pero son as que aparecían ao principio na lista inicial. De aí quitouse Leonardo da Vinci, pese a ser homenaxeado, porque é amplísimo como entrada. Persoalmente creo que a maiores destes calquera persoa científica galega que entre dentro das áreas de coñecemento ás que se lle ten adicado o día (Matemáticas, Estadística, Astronomía, Física, Química) e/ou "mulleres na ciencia" (Outro tema da II edición) ben merece estar, tanto como tema novo como revisión. Con todo, igual era buena idea un apartado "extra" para aqueles que se escapan un pouco destas áreas...Eu por exemplo incluín a Alexandro de Fisterra porque temos un material usado nesa edición do DCG adicado a el (e por tanto referencias xa revisadas), porque a falta de Leonardo, incluíramos outros inventores galegos acompañando a Ramón Verea, o homenaxeado do ano. No caso das últimas entradas que incorporaches, por exemplo, podería quedar perfectamente o químico-físico Tomás Batuecas, pero as persoas da área de Xeografía e Didáctica irían mellor en "extra". Mañá comprobo ben que non nos falte ningún e digoche algo. :)--Maria zaos (conversa) 27 de outubro de 2014 ás 17:11 (UTC)

Comprobado. Están todos. Eu incluín Astronomía. Poderíamos retirar zurdo e incluir inventos ou inventores...--Maria zaos (conversa) 28 de outubro de 2014 ás 12:35 (UTC)

TemplateDataEditorEditar

Since we still have no transwiki notifications: respondedLtrlg (conversa) 17 de outubro de 2014 ás 19:15 (UTC)

Idem Ltrlg (conversa) 17 de outubro de 2014 ás 22:34 (UTC)

MovementoEditar

Por favor move Ganímedes (homónimos) a Ganímedes. Saúdos e grazas. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 22 de outubro de 2014 ás 03:38 (UTC)

  Feito! --Estevo(aei)pa o que queiras... 22 de outubro de 2014 ás 06:59 (UTC)

Por certo, grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de outubro de 2014 ás 13:12 (UTC)

ES *Sacara a alguien de ssus casillasEditar

Superdicionario de Morgante: buscarlle a alguén as voltas, buscarlle a alguén o vulto, erguer a alguén das cuñas, quentarlle o sangue a alguén. Saúde. --Atobar (conversa comigo) 23 de outubro de 2014 ás 15:16 (UTC)

The Signpost: 22 October 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 24 de outubro de 2014 ás 08:21 (UTC)

Re: Enderezos IP de centros educativosEditar

Non sei de ningunha páxina. Á parte que creo que a xunta ten unha series de IPs que se van turnando por todos os centros. Eu estaba nun centro o ano pasado e cada día tiña unha IP. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 24 de outubro de 2014 ás 22:47 (UTC)

CabeceiraEditar

Paréceme unha boa idea. Gústanme moito estas iniciativas, penso que son un xeito estupendo de dinamizar a wiki. Mágoa que non poida colaborar porque nesas datas estarei fóra.--Breogan2008 conversa 25 de outubro de 2014 ás 17:38 (UTC)

Páxina de conversaEditar

Gracias outra vez Elisardo. Estou feito un lío co das páxinas de conversa e con outras moitas cousas. Pero, fuchicando é como se aprende. Ainda quédanme moitos erros por cometer, así que paciencia. Un saudo --Castelao (conversa) 30 de outubro de 2014 ás 09:24 (UTC)

AnuncioEditar

Boas Elisardojm! Pon o anuncio cando queras, mesmo se antes de poñelo xa votou moita xente podemos prescindir del. Un saúdo! Piquito (conversa) 30 de outubro de 2014 ás 11:03 (UTC)

Postal do artigo "Juan Martínez Buján"Editar

Boas tardes Elisardo. Do que me sinalas con respecto á postal, en efecto Juan Martínez Buján morreu no ano 1993 (por certo, estou á espera de que algún dos seus descendentes, cos que tomei contacto, me dean permiso para publicar algunha foto súa e das súas obras).

Pero, a postal non está feita por el. Pertence á unha colección de postais que foron editadas polo seu irmán José (que morreu en 1942) pouco antes de 1928. O autor dos clixés desas postais é descoñecido (eu teño a teoría que a fixera alguén por encargo de Juan, pero non hai nada certo). Foron publicadas por José e impresas na casa madrileña de Heliotopia Artística Española, que ao pouco pechou e abríu como Heliográfica Artística Española. Douche todos estes datos porque teño dúbidas, por suposto. Pero, entendo que ao seren unha foto de hai máis de 80 anos e descoñecerse o autor da mesma, entendo que cae na categoría na que a clasifiquei. Se hai calquera dúbida razoable, basta con que mo digas e bórroa. Quedo á espera do que me digas. Un cordial saudo --Castelao (conversa) 30 de outubro de 2014 ás 15:08 (UTC)

editatónEditar

Ola, Elisardo!

Xa deixei o aviso nas redes. Volvereino colgar a semana próxima. Saúdos!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 31 de outubro de 2014 ás 09:34 (UTC)

Ola Elisardo, sobre Editatón celebrado na Biblioteca Intercentros de Lugo Fixemos un vídeo coas fotos que tiñamos. E moi moi sinxelo, pero pensamos en poñelo tamén na páxina do Editatón,. O problema que atopo é que non é un ficheiro. Só temos unha ligazón: http://www.wideo.co/view/6399521416323134577 xa que o fixemos nun programa web. Pretendíamos que quedara debaixo dos dous vídeos que hai (os de Manuel e Carlos, pero por moitas voltas que lle demos, non fomos capaces de facelo. Se consideras que o vídeo non é demasiado "pobre", podes axudarnos?. Moitas grazas --Inesdecampos (conversa) 28 de novembro de 2014 ás 08:47 (UTC)

Actividade na CoruñaEditar

Boas Elisardojm! Tiña algunha preguntiña sobre a actividade que se vai facer o próximo mes no MUNCYT da Coruña, vai ser únicamente un editatón? Vai haber algunha outra actividade relacionada coa Wikipedia ou os proxectos irmáns? Que horario vai ter? Vai ser únicamente sobre artigos de científicos españois? Eu de ciencia pouco podo aportar, e de científicos españois podo traducir algo, pero non son entendido... o único que se me ocorre que podo facer algo sería crear o artigo de Maurice Martenot e o de ondas Martenot, que está ligado á música e en parte á ciencia, pero claro, Martenot era francés, polo que creo que a temática se escapa un pouco. Eu non sei se podo aportar algo de coñecementos aos novos, simplemente estaba pensando en ir, tampouco é seguro que poda, a ver o que me vas contando.

Por outra banda, e aproveitando a mensaxe, vendo os comentarios da páxina de conversa do artigo da Historia dos xudeus de Salónica creo que sería axeitado mudar todos os "Salónica" por "Tesalónica" e "xudío" por "xudeu", a pregunta é: pode un bot facer iso? O de Tesalónica creo que o deberiamos facer porque o título da cidade é ese e non Salónica, polo que creo que queda máis coherente.

Unha aperta!! Piquito (conversa) 31 de outubro de 2014 ás 14:46 (UTC)

Boas Elisardojm!! Se cres que podo axudar perfecto, mais non sei moi ben qué tería que facer, se me podes adiantar algo. Apertas!! Piquito (conversa) 10 de novembro de 2014 ás 23:02 (UTC)

Boas Elisardojm! Ao final non vou poder asistir, esa fin de semana non vou estar pola Coruña. Espero que sexa un éxito, de todos xeitos tampouco ía poder aportar demasiado, quedará para outra falar de ideas que se me ocorreron para o proxecto. Unha aperta! Piquito (conversa) 4 de decembro de 2014 ás 13:37 (UTC)

The Signpost: 29 October 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 31 de outubro de 2014 ás 16:29 (UTC)

Licencia rara dunha imaxeEditar

Ola Eisardojm, fixen a tradución dunha imaxe que ten unha licencia moi rara e non sei se poñería ben os créditos e os permisos. Se fas favor de revisala cando teñas tempo agradecíacho. A imaxe está na páxina músculo cardíaco e titúlase File:Blausen 0470 HeartWall.png. A tradución xa está subida á páxina, pero pide unha licencia ou permiso OTRS, que non sei moi ben o que é ou se cho teñen que conceder ou se, ao estar a imaxe en Commons, xa se considera concedida. Grazas.-Miguelferig (conversa) 31 de outubro de 2014 ás 20:33 (UTC)

Grazas. Eu xa intentara copiar (así tal cal) o número OTRS que aparecía na imaxe inglesa pero saírame unha mensaxe dicindo que non se podía facer sen ter permiso de OTRS.-Miguelferig (conversa) 4 de novembro de 2014 ás 16:37 (UTC)

EditatónsEditar

Boas Elisardojm!! Acabo de darme conta de que en pouco máis dun mes vai haber dous editatóns relacionados coa ciencia. Non sei moi ben como se vai facer na Coruña, se se orientará á Galipedia ou se fará tamén noutras linguas. Pensei que xa que se vai facer un editatón sobre científios españois na Coruña podía orientarse aos científicos galegos, homenaxeados ou non no Día da Ciencia en Galego, e deixar o de Lugo para contidos máis amplos (campos da ciencia, científicos internacionais...). Para min é o mellor sistema de aproveitamento dos dous actos, un para áreas da ciencia e outro para personalidades. Tamén se podería publicitar o editatón de Lugo para promocionar o da Coruña e así poder darlle tamén máis relevancia mediática e deste xeito quizais conseguir que Wikimedia organice máis actos en Galiza. Non sei se aproposta dos editatóns che parece moi axeitada, eu coméntocho a ti porque sei que andas moi metido no tema e non sei o que falaches coa xente de Lugo ou se hai tempo de facer modificacións no plantexamento. Unha aperta!!! --Piquito (conversa) 5 de novembro de 2014 ás 13:58 (UTC)

The Signpost: 05 November 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 6 de novembro de 2014 ás 22:01 (UTC)

ProbaEditar

Aquí funcionando --Javier lopdia96 (conversa) 8 de novembro de 2014 ás 11:56 (UTC)

PúbricoEditar

Trátase dun hipergaleguismo, de igual modo que o sería *fror. Casos de lusismo serían por exemplo *leitor/leitora ou *acreditar como sinónimo de crer. Xa corrixín a entrada arcaísmo. Ese Deus era un erro de redacción; a palabra correcta era dúas. Saúde! --Atobar (conversa comigo) 9 de novembro de 2014 ás 11:17 (UTC)

Non vira o de albanel. Tampouco para min tiña sentido, así que modifiquei a redacción. --Atobar (conversa comigo) 10 de novembro de 2014 ás 10:53 (UTC)

The Signpost: 12 November 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 17 de novembro de 2014 ás 02:45 (UTC)

Moitas grazasEditar

Gracias por tu colaboración. B25es (conversa) 18 de novembro de 2014 ás 16:34 (UTC)

Varias cousasEditar

Boas Elisardojm!! Teño varias cousas:

  1. Hai un tempo traducín o artigo da Sinfonía nº 8 (Sibelius) da Wikipedia en inglés (creo que en Le Sacre du printemps tamén había, pero non eran tan conflitivos). O caso é que nalgunhas citas había palabras que aparecían con corchetes e outras que tiñan unha ou varias letras entre corchetes, o caso é: que significa iso? Que debo facer con eses casos? Cando a palabra está enteira entendo que é unha aclaración de algo que había antes no texto orixinal, pero cando son unha, dúas ou tres letras dentro dunha palabra non sei a qué se pode referir... que fago neses casos? Moitas grazas!! Piquito (conversa) 18 de novembro de 2014 ás 00:01 (UTC)
  2. Por outra banda, vin que traballaches o artigo da Basílica de San Martiño de Mondoñedo. Atopei esta páxina que trae moita info do templo que se cadra podería ser útil para ampliar o artigo. Vendo a wiki en catalán vin que varias das catedrais catalás son artigo de calidade, creo que podería ser unha boa proposta para a comunidade o marcarnos como obxectivo que a citada basílica e canto menos as catedrais de Lugo, Ourense, Tui e Mondoñedo vaian sendo artigos de calidade, xa que son monumentos importantes do noso país. Non sei se o ves factible ou se á comunidade lle interesará como proposta para o vindeiro ano facer de dúas ou tres delas artigos de calidade.
  3. Cando te tería que avisar se vou ao do MUNCYT?

Unha aperta!! Piquito (conversa) 18 de novembro de 2014 ás 23:50 (UTC)

Acea de AmaEditar

Ola, Elisardo! Como vai?

No Nomenclátor de Galicia di que oficialmente hai dous lugares chamados Acea de Ama: un na parroquia do Burgo e outro na parroquia de Rutis; non revisei o IGE nin os datos de poboación, pero se cadra estamos ante un caso como o dos Peares. Podes botarlle un ollo ao asunto? --Estevo(aei)pa o que queiras... 20 de novembro de 2014 ás 02:08 (UTC)

Non era sen tempo!Editar

:-) --Agremon(contacto) 25 de novembro de 2014 ás 16:00 (UTC)

Traballos pendentesEditar

Boas Elisardojm! aparte do que comentamos o outro día, o escudo de Padrón ten a Coroa real aberta e un só Pedrón. Porén hoxe á mañá estiben por Padrón e encontreime co responsable da oficina de turismo da vila; penso que pretenden subir eles mesmos un ficheiro do escudo que se axeite máis ó escudo do concello.

Unha aperta e paciencia, a ver o que acontece nas próximas semanas.--Dodro (conversa) 26 de novembro de 2014 ás 15:00 (UTC)

Modifiquei o escudo de Padrón, ímonos amañar así de momento.--Dodro (conversa) 1 de decembro de 2014 ás 15:59 (UTC)

ReferenciasEditar

Boas!

Grazas polos teus consellos. Creo que por fin entendín como funciona o das referencias, pero na páxina segue dicindo que non son suficientes. Como podo solucionar isto? Cal ´é o número requerido ou como podo verifica-la súa autenticidade para que o artigo estea completo? É o meu primeiro artigo así que vou paso a paso, pero gustaríame que quedase ben. Tamén engadín en comentarios que o artigo era unha traducción da páxina en inglés como me suxeriches. É suficiente con iso ou é necesario que o especifique nalgún outro sitio? Derradeira cuestión (e perdoa por ser pesada): con borrar o código "{En tradución}" xa se considera que o artigo está publicado? Dígoo porque non quero atopar que en 30 días desaparece da enciclopedia.


Moitas grazas.

~~Galathil7~~

The Signpost: 26 November 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 28 de novembro de 2014 ás 21:21 (UTC)

RE:Concello de PadrónEditar

Ok, mañan achegome a Padrón e intentarei subir un ficheiro e que manden a permissions-commons@wikimedia.org un modelo adecuado para poder liberar os dereitos.

Para ter un escudo, mellor que teña un máis adecuado. Moitas gracias novamente--Dodro (conversa) 2 de decembro de 2014 ás 13:18 (UTC)

Editatón en VigoEditar

Boa idea. Paso a facelo. --Agremon(contacto) 3 de decembro de 2014 ás 15:13 (UTC)

Sobre o editatón en VigoEditar

Ola.

En primeiro lugar presentarme. Son o presidente de GALPon e coordinador dos ciclos no que se insire esta actividade.

Sobre o axuste da axenda, dicirche que tan só despracei media hora os inicios (mañá e tarde) a fin de facelos coincidir coa mesma axenda de todas as xornadas dos ciclos, mantendo o tempo adicado a todas as actividades, agás o tempo adicado ás sesións de traballo, que medraron proporcionalmente.

Procedo a axustar ese tempo que indicas adicado ao editor, tal e como comentas.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Mbouzada (conversacontribucións) 4 de decembro de 2014 ás 08:35‎

Imaxes das casas dos concellosEditar

Si, xa coñezo a páxina. Haberá que ir dándolle a Lugo e Ourense. Grazas de tódolos xeitos --Xosé Antonio (fálame sempre) 4 de decembro de 2014 ás 10:29 (UTC)

Imaxes doutros personaxesEditar

Parécenme moi forzadas e fora do contexto. Aparecen caracterizados en personaxes que non teñen nada que ver coa serie. Innecesario tendo en conta que todos teñen ligazón interna a artigo de seu. --. HombreDHojalata.conversa 5 de decembro de 2014 ás 08:54 (UTC)

wikimaratónEditar

Ola, Elisardo; puxen o anuncio nas redes sociais, e fareino esta semana de novo. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 5 de decembro de 2014 ás 15:16 (UTC)

The Signpost: 03 December 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 6 de decembro de 2014 ás 21:30 (UTC)

ortografíaEditar

A ver agora. ※ Sobreira ►〓 parlez 11 de decembro de 2014 ás 09:05 (UTC)

CalpurniaEditar

Perfecto, Elisardo. Afórrasme o traballo de subila de novo. Moitas grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 12 de decembro de 2014 ás 23:39 (UTC)

The Signpost: 10 December 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 13 de decembro de 2014 ás 04:51 (UTC)

Ficheiros con dereitos de autorEditar

Boas, son María José, escribichesme sobre a entrada da "lusofonía" para indicarme que as imaxes que subiran tiñan dereitos de autor. Acabo de ver que a imaxe do mapa que aparece na entrada "lusofonia" en portugués, sinala que está libre de dereitos, polo que decidín incorporala á entrada da lusofonía en galego. De todas as formas, indiquei de onde foi tomada dita imaxe. Hai algún problema nese caso? Tamén aproveito para preguntarche como podo incluir a lenda do mapa no artigo en galego, en caso de que poda usar esa imaxe, obviamente.

Moitas grazas. Un saúdo—o anterior comentario sen asinar foi feito por Majoalpe (conversacontribucións) 18 de decembro de 2014 ás 13:23‎

The Signpost: 17 December 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 19 de decembro de 2014 ás 10:07 (UTC)

Artigo "lusofonia", incorporar ligazóns a artigos da Wikipedia noutra linguaEditar

Boas, son Majoalpe e estou a editar o artigo da lusofonía en galego. En primeiro lugar, quería agradecerche a axuda polo asunto das imaxes e tamén pedirche se me poderías indicar como podo poñer ligazóns a artigos da Wikipedia noutra lingua. No caso da entrada "lusofonia", ao final, na epígrafe "véxase tamén", inclúo referencias a outros artigos da Wikipedia que están escritos en portugués, mais tiven que facelo como se insertase un hipervínculo normal. Non é posible facelo dalgunha outra maneira? O mesmo acontece co caso de "António Vieira", que cito no apartado de "Orixes e antecedentes", pois esa entrada figura en portugués, mais non en galego, e ao remitir a ese artigo non o recoñece.

Moitas grazas pola túa atención e axuda.

Un saúdo ~~Majoalpe~~

Editaton «aberto» en VigoEditar

Como norma xeral, todas as actividades de GALPon son «abertas e de balde», polo que poderá asistir quen queira, sen restricións de ningún tipo. Agás os casos en que teñamos un espazo limitado (normalmente dispoñemos de 24 prazas) nos que seguimos unha rigorosa orde de inscrición para a asignación de prazas. --Mbouzada (conversa) 22 de decembro de 2014 ás 10:10 (UTC)

Sobre o sitio onde imos facela... en principio contamos coa Residencia Altamar, que aínda que ten biblioteca, apenas son 4 libros mal escollidos. :-) Estou vendo a posibilidade de facelo todo na Biblioteca da Universidade no «Campus Histórico, (tamén chamado de «Peritos»), xa vos teño ao tanto.
En calquera dos dous casos, os usuarios deberán levar o seu computador. Se é na Residencia xa temos instalados nos uns AP para iso. Se o facemos en Peritos... teño que ver/preguntar como vai o acceso á Internet. --Mbouzada (conversa) 22 de decembro de 2014 ás 10:10 (UTC)
Si, cadaquén terá que levar o seu computador.
Un AP non é máis que un punto de acceso WiFi (Access Point - artigo que se podería traducir neste editatón :-)).
En calquera dos dous casos teremos acceso á Internet, no caso da residencia xa o temos baixo control. O que comentaba da Biblioteca da Universidade é que non sei (aínda) como funciona, se só baixo acceso «Radius» (con usuarios que crean os admin da Universidade), se hai algunha canle de acceso libre ou se teremos que instalar os nosos AP Mbouzada (conversa) 29 de decembro de 2014 ás 09:55 (UTC)
Xa estamos en marcha :-)
Web de GALPon
Wiki de GALPon
«evento» no G+
Xa nos indicaredes calquera cousa que precisedes. (envieille un correo a agremon)
--Mbouzada (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 14:17 (UTC)
Sobre o de apuntarse, teño para min que vai seren máis efectivo que o fagan na folla de inscrición que temos preparada, xa que, tras dous anos, a xente que asiste aos nosos obradoiros xa lle teñen pillado o punto. Asemade, eu xa vou inserindo nesa folla a quen indica na Galipedia que vai participar en «presencial» (polo de agora só estamos ti, Vivaelcelta e máis eu). Salientar que, neste momento xa temos 5 inscritos que non o fixeron na Galipedia, co que, agora mesmo, estamos 8 nesa folla de inscrición.
Respecto á difusión. Xa lle enviei un Correo a Marcos de Praza Pública, aínda que non estaría de máis que tamén vós lle derades un toque, mancomun.org vai publicar algo (sempre o fan coas nosas actividades), así mesmo tamén está circulando a petición de publicación entre blogs de docentes (especialmente de tecnoloxía) e á páxina da APETEGA. Obviamente todos os toques que poidas dar serán de interese.
--Mbouzada (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 20:07 (UTC)

RE: TabernaEditar

Boas Elisardojm! Que tal o editatón da Coruña? A min paréceme ben todo, poñédeo cando consideredes mellor, eu tampouco son ninguén para dicirche cando poñelo, creo que en tal caso deberías preguntarlle á comunidade, pero por min non te preocupes, todo me vale, era máis que nada unha observación. O que non sei é se os anuncios a artigo de calidade son compatibles co do editor visual, o digo porque vin que entre os 100 artigos máis longos da Galipedia 25 son da lista dos 1.000 artigos que toda Wikipedia debera ter e seguramente algún deles podería ser un bo candidato. Creo que estaría ben plantexarse tentar chegar no 2015 aos 50 artigos de calidade (18 máis dos que temos agora), o difícil será o de sempre, que a xente participe nas votacións, se queres podemos propoñer o dos 50 artigos de calidade na taberna. Unha aperta!! Piquito (conversa) 22 de decembro de 2014 ás 16:43 (UTC)

Boas Elisardo! Si, referíame a se poderían ir os dous anuncios á vez.
Eu creo que se podería chegar aos 18 (e mesmo máis) se a comunidade se propuxera facelo, isto é, se fixeramos unha "folla de ruta" marcándonos os artigos sobre os que traballar e houbera varios usuarios que se encargaran de traballalos e outros de corrixilos. Con esto seguramente se involucraría máis xente nas votacións, que é o maior problema que ten a nosa wiki ao meu ver. Estou seguro de que hai 18, 20, 24 ou máis artigos que con pouco traballo poderían ser de calidade (artigos traducidos de artigos de calidade noutras linguas principalmente) Outro problema son os intereses, que quitando os temas galegos e sobre ciencia son case inexistentes polo que teño visto (esta mesma noite vou pechar unha votación sobre un artigo que traducín dunha obra de moitísima relevancia da historia da música na que tan só votaron tres persoas) Se cadra poderíase propoñer o da "folla de ruta" na Taberna, se queres podes propoñelo ti, eu non estou para propoñer moitas cousas, e se non pois xa o proporei eu ou se quedará ahí a cousa.
Unha mágoa o da Coruña... agora haberá que pensar qué fallou (publicidade do evento, actividades...) e tentar melloralo para que a próxima vez sexa un éxito, non hai que desanimarse ;) Unha aperta!!! Piquito (conversa) 23 de decembro de 2014 ás 16:30 (UTC)

Editor VisualEditar

Por exemplo, en Mestre de Sobrado. Ten dúas notas e na primeira puxera "nos" en vez de "nós". Cando o edito co Editor Visual podo facer cambios en calquera parte do texto, menos nas notas que quedan seleccionadass en azul como un bloque. Tiven que corrixilo polo sistema tradicional. Pedro --Lameiro (conversa) 24 de decembro de 2014 ás 10:56 (UTC)

O outro problema. Cando clico en "gardar a páxina" sae outra ventá onde resumir os cambios e todo iso. Esta segunda ventá está encabezada por tres botóns: Retomar ediçâo, Gardar os seus cambios e Gardar a páxina. Vexo agora que o único texto portugués é ese Retomar ediçâo. E ¿que diferenza hai entre "Gardar os seus cambios" e "Gardar a páxina"? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 24 de decembro de 2014 ás 11:03 (UTC)
De acordo. Funciona como ti dis. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 24 de decembro de 2014 ás 13:03 (UTC)

Ligazón internaEditar

Por favor corrixe a ligazón de Wikipedia:Imaxe da semana/52 2014 cambiando [[Acatlán]] por [[Acatlán, Hidalgo|Acatlán]]. Saúdos. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 24 de decembro de 2014 ás 17:38 (UTC)

  Feito! --. HombreDHojalata.conversa 24 de decembro de 2014 ás 17:42 (UTC)

The Signpost: 24 December 2014Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 25 de decembro de 2014 ás 02:25 (UTC)

Balde, Carballeda de AviaEditar

Moi boas Elisardo! Vexo que subiche esta madrugada a foto da igrexa desta parroquia. Que saibas que te me adiantache porque esta noite quedei sen conexión xD Estiven onte pola zona sacando fotos e chegar a esa aldea foi toda unha aventura, que polo que vexo foi en "balde" jeje Ti atopáchela doadamente? Un saúdo!! --Beninho (conversa) 28 de decembro de 2014 ás 10:04 (UTC)

Non fun a propósito, fixen unha pequena ruta e quedábame de camiño. Onte estiven sacando fotos por San Amaro, Punxín, Boborás, Maside, Cenlle, Beade e Avión. Xa eliminei da lista do wikiproxecto as parroquias de onde subín imaxes. A ver se aos poucos imos "conquistando" Ourense jeje. Un saúdo! --Beninho (conversa) 28 de decembro de 2014 ás 19:00 (UTC)

PropostaEditar

Boas, fixen unha proposta en Conversa:Galicia na que creo que deberías participar como administrador. Un saúdo --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 10:34 (UTC)

Volver á páxina "do usuario Elisardojm/arquivo 9".