Gatón do Bierzo
Gatón do Bierzo, floruit 853 e finado despois de 878, tenente no Bierzo e en Astorga, probablemente fillo do rei Ramiro I, foi un magnate que xogou un papel primordial tanto na reconquista militar das terras de Galicia, León e Zamora, como na súa repoboación.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IX ![]() |
Morte | Despois de 878 ![]() |
Actividade | |
Período de actividade | 853 ![]() ![]() |
Outro | |
Título | Conde ![]() |
Cónxuxe | Exilona ![]() |
Fillos | Hermesinda Gatoniz ![]() |
Pai | Ramiro I de Oviedo ![]() |
Irmáns | Ordoño I de Oviedo ![]() |
![]() |
Ascendencia
editarA liña xenealóxica máis aceptada baséase na obra Al-Bayan Al-Mughrib escrita por Ibn Idhari quen o sitúa como irmán do rei Ordoño I e, polo tanto, fillo de Ramiro I.[1] Outros autores, non obstante, o supoñen irmán de Nuña, polo tanto, cuñado de Ordoño[2].
Protagonista na reconquista e repoboación
editarA invasión musulmá sumiu o Bierzo nunha grave crise demográfica e económica, ata que cara ao 850, Ordoño I[3], tendo en conta o prestixio do conde Gatón, encargoulle a reconquista e repoboación da bisbarra, empresa á que se suman, seguíndoo, casteláns, asturianos e mozárabes.
Partindo do noroeste do Bierzo (a tradición e a lenda faille partir de Paraxis no concello berciano de Valboa), emprendeu diversas expedicións militares co obxectivo de controlar os territorios bercianos, así como León e Zamora, conseguindo afianzar o dominio sobre o primeiro deles e en gran parte dos segundos.
O seu papel na repoboación destes territorios foi moi importante, asumindo o protagonismo desta tarefa, repoboando, nesa época, gran parte de León e Zamora con xentes procedentes do Bierzo. No ano 854 encárgaselle a repoboación de Astorga Así se testemuña nun documento do ano 878 que nomea o conde Gatón á fronte do populus de Bergido cum illorum comite Gaton exierunt pro Astorica populare[3].
En 854 Ordoño I enviou tropas para socorrer os toledanos que se sublevaran contra Al-Hakam os que, temendo as represalias do emir, solicitaron apoio. O rei enviou unha mesnada liderada polo conde Gatón que foi derrotada despois de caer nunha emboscada, morrendo, segundo as crónicas árabes, uns oito mil cristiáns.[1][4]
Posteriormente, durante ese século, repoboáronse baixo o seu mando, numerosas vilas e aldeas que ao ser ocupadas por grupos procedentes do Bierzo, conservaron nas súas toponimias o lugar de orixe.
Na bisbarra de La Cepeda encóntrase a viña de Villagatón, que como o seu nome indica aloxou o Pazo do Conde Gatón. Non se conserva devandito edificio, pero si aínda a rúa que o albergou, hoxe chamada Rúa do Pazo.
Matrimonio e descendencia
editarCasou con Exilona (tamén chamada Exilo),[5] nacendo catro fillos deste matrimonio [6]:
- Sarracino Gatoniz.
- Bermudo Gatoniz.[7]
- Hermesinda Gatoniz casada con Hermenexildo Guterrez,[8] magnate galego, ''dux'' de Galicia, conquistador de Coímbra, e mordomo maior do rei Afonso III de Asturias. Deste matrimonio naceron: Elvira Menéndez, esposa de Ordoño I de Galicia, e Goterre Méndez, conde do Miño e pai de San Rosendo.
- Sabarico II, bispo de Mondoñedo dende 907 ata 925-926.[7]
- Patruina Gatoniz (morta despois de xuño de 927).[8][9]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Martínez Diez 2005, p. 139.
- ↑ Sáez 1947, p. 40.
- ↑ 3,0 3,1 Sáez 1947, p. 43.
- ↑ Sáez 1947, p. 40-41.
- ↑ Sáez 1947, p. 46.
- ↑ Torres Sevilla-Quiñones de León 1999, p. 299.
- ↑ 7,0 7,1 Sáez 1947, p. 47.
- ↑ 8,0 8,1 Sáez 1947, p. 48.
- ↑ Aparece na documentación do Mosteiro de San Salvador de Celanova o 25 de xuño de 927 facendo unha doazón ao seu sobriño-neto, o bispo San Rosendo dunhas propiedades que pertenceran ao seu irmán xa defunto, o bispo Savarico. 'Cfr. ' ' Sáez (1947), páx. 48, nota 94.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Martínez Diez, Gonzalo (2005). Xunta de Castela e León, ed. El Condado de Castilla (711–1065). La Historia frente a la leyenda I. Valladolid. ISBN 84-9718-276-6.
- Sáez, Emilio (1947). "Los ascendientes de San Rosendo, notas para el estudio de la monarquía astur-leonesa durante los siglos IX y X". Hispania (CSIC, Instituto Jerónimo Zurita) (XXX). OCLC 2594708.
- Torres Sevilla-Quiñones de León, Margarita Cecilia (1999). Linajes nobiliarios de León y Castilla. Salamanca: Xunta de Castela e León. ISBN 84-7846-781-5.