Coordenadas: 42°36′54″N 6°04′53″O / 42.61504797, -6.08131371

La Cepeda é unha rexión natural na provincia de León, entre a Maragatería, O Bierzo, a Omaña e a Vega del Órbigo. Trátase dunha bisbarra histórica sen recoñecemento administrativo. Ten unha extensión de 506,4 km².

Localización da rexión de La Cepeda na provincia de León.

Poboación

editar

Abrangue un total de 44 pequenos núcleos de cinco concellos. Os municipios de Quintana del Castillo e Villagatón forman La Cepeda Alta, e Magaz de Cepeda, Villamejil e Villaobispo de Otero forman La Cepeda Baixa. Os lugares adoitan estar preto dun río. Moitos destes núcleos son de orixe romana, xa que se localizan diferentes castros dentro da bisbarra.

É de tipo continental, con invernos moi fríos e veráns cálidos. A temperatura media anual sitúase arredor dos 10 °C, a media do mes máis frío está entre 2º e 4º, chegando a mínimas de ata -10 °C, e a media do mes máis cálido sitúase entre 18 °C e 20 °C alcanzando máximas de 35 °C.

A duración do perido frío comprende de 7 a 9 meses, entendendo como mes frío aquel no que a temperatura media é menor de 7 °C.

O período de xeadas esténdese dende outubro a maio.

Xeoloxía

editar

A parte norocidental está constituída por lousas, mentres que a parte nororiental e o suroccidental son terreos de cuarcitas.

En xeral o substrato xeolóxico está formado por terreos pobres. Só os chans aluviais das estreitas veigas dos ríos e regueiros son de boa calidade con abundate materia orgánica, boa textura e escasa pedregosidade.

Vexetación

editar

A vexetación desta bisbarra componse polo carballo e en menor medida a aciñeira (Quercus ilex). Nas veigas abundan o lamigueiro, o ameneiro (Alnus glutinosa), o salgueiro. Nos montes predomina o breixo, a carroucha ou a queiroga de Umbela, as vasoiras (Adenocarpus), o toxo (Ulex europaeus), o piorno (Genista), a carqueixa (Genista tridentata), o codeso (Halimium), a silveira (Rubus idaeus).

Construcións

editar

Son pequenas casas agrupadas arredor da igrexa e preto do cemiterio. As casas tiñan unha porta grande que permitía o paso de carruaxes facía o portal. Moitas delas tiña dous plantas, á planta de arriba accedíase por unha escaleira que estaba no curral a través do corredor, onde estaban os cuartos. Dende o curral tamén se accedía ás cortes, cochineras, palleiro e demais dependencias do agricultor.