Benvido(a) á Galipedia, Galandil!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Axudas ortográficas editar

Ola Galandil. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!

--Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de outubro de 2014 ás 12:56 (UTC)Responder

orixe dos datos editar

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia editar

Ola Galandil.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!

--Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de outubro de 2014 ás 14:39 (UTC)Responder

Ortografía editar

Boas Galandil, antes de seguir facendo novos artigos sería mellor que revisaras e amañaras os erros ortográficos que teñen os artigos que fixeches. Non vale de nada ter un feixe de artigos se non están correctamente redactados, iso non lle fai ningún ben á Galipedia. Xa che comentaron as ferramentas que podes utilizar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de outubro de 2014 ás 22:55 (UTC)Responder

Vaiche boa Galandil. O primeiro que debes saber é que os revisores ortográficos e os tradutores automáticos non chegan para facer que un texto sexa correcto, son simplemente axudas e pequenas. O maior problema que hai nos artigos traducidos, e que non detectan eses programas, é a sintaxe do idioma, os obxectos directos e indirectos, o uso dos pronomes en determinadas oracións e outras cousas máis son case imposibles de amañar con eles. Se queres colaborar na Galipedia, e non tes coñecementos abondo do idioma, hai centos de cousas no proxecto nas que traballar, algunhas delas: poñer modelos ós artigos que non o teñen, amañar erros ortográficos sinxelos e que están repetidos en moitos artigos, engadir imaxes de Commons ós artigos que non teñen ningunha, etc, con iso tamén se contribúe á Galipedia, e ben falta que nos fai.
Na Galipedia o que nos interesa é ter contidos de calidade, e canta máis calidade mellor, aínda que iso implique que o número de artigos da nosa wiki sexa menor. Por iso tentan revisarse tódolos contidos e nos que hai erros ponse o modelo axeitado para que, como sabes, queden localizados e tamén teñan un aviso para que os usuarios saiban que ese artigo ten problemas.
Por outra banda sempre tentamos conseguir usuarios que queiran colaborar con nós porque mans non nos sobran.
Pensando isto doutra forma, por que non tentas repasar os artigos? Le o que escribiches e amaña os erros que teñen, revisa as correccións que outros usuarios xa fixeron nos artigos que non teñen o marcador e corrixe os mesmos problemas nos artigos que hai que revisar. Cando remates de revisar un dos artigos avísame e eu lereino de novo e comentareiche os problemas que lle atope, se queres, claro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de outubro de 2014 ás 16:48 (UTC)Responder

Evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos editar

Ola Galandil.

É mellor evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos. Se queres, podes axudarte da ferramenta de detección da Galipedia, activándoa en:

  PreferenciasTrebellosNavegación  Homónimos: Activar o detector de homónimos   (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).

Tes máis información en: Wikiproxecto mantemento#Ligazóns a páxinas de homónimos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!. HombreDHojalata.conversa 5 de outubro de 2014 ás 08:00 (UTC)Responder

Velocidade editar

Ola Galandil.

Antes de seguir facendo artigos novos. Poderías revisar Mosteiro de Santa María de Palazuelos?

Graciñas, un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 10 de outubro de 2014 ás 18:01 (UTC)Responder