Xulio López Valcárcel

escritor galego
(Redirección desde «Xulio Valcárcel»)


Xulio Xabier López Valcárcel, nado en Romeán (Lugo) en 1953[1], é un escritor galego. Irmán de Xesús Manuel Valcárcel, tamén escritor.

Infotaula de personaXulio López Valcárcel

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1953 Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Romeán, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , solicitor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNarrativa, crítica literaria, ensaio, poesía
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsXesús Manuel Valcárcel Editar o valor em Wikidata
Premios

Bitraga: 1495 AELG: 298

Traxectoria editar

Reside na Coruña. Estudou no Seminario de Lugo e licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela traballando como procurador dos tribunais.[2] Coñecido sobre todo como poeta, participou nos colectivos Cravo Fondo e De amor e desamor. Foi parte do consello de redacción de Luzes de Galiza e presidente da Agrupación Cultural O Facho. É membro da Asociación Española de Críticos Literarios.[3]

 
Xaime Toxo, Xulio López Valcárcel, Pedro Corsino e Afonso Ribas Fraga na presentación do libro A invención dun Deus. Xesús de Nazaret. Pontevedra, 2017.

Obtivo o Premio Nacional de Poesía para menores de 25 anos, Premio Guimarães, en Portugal, gañador do Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago en 1979, Premio "Antonio Tovar" en Ourense, 1993, e Premio da Crítica Española en 1994 e 2004. Así mesmo é autor de diversos traballos sobre arte e literatura e algúns libros de relatos. Foi ademais colaborador de prensa participando na Páxina literaria de El Ideal Gallego, que obtivo o Premio Irmandade do libro outorgado pola Federación de Librarías de Galicia no 2002. Tamén participou na radio co programa Entre libros con X.L.V. de Radio Coruña, Cadena SER.[4]

É membro destacado da Xeración Poética dos 80.[5]

Obras editar

Poesía editar

Narrativa editar

Ensaio editar

Literatura infanto-xuvenil editar

Traducións editar

  • Serodio amor, de Emilio Coco (2006). Espiral Maior. Con Suso Pensado.
  • Lúa de xemas frías. Escolma de poesía mapuche (2008). Espiral Maior.

Edicións editar

Obras colectivas editar

  • Cravo fondo (1977, Follas Novas).
  • II Festival da Poesía do Condado (1982, S. C. D. Condado).
  • IV Festival da Poesía no Condado (1984, S. C. D. Condado).
  • De amor e desamor. I. II (1984, 1985, Ediciós do Castro).
  • Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
  • V Festival da Poesia no Condado (1985, S. C. D. Condado).
  • Desde a palabra, doce voces, 1986, Sotelo Blanco.
  • Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
  • VII Festival da Poesia no Condado (1987, S. C. D. Condado).
  • VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1988, S. C. D. Condado).
  • Fernando Pessoa. Centenario do seu nascimento (1988, Ediciós do Castro).
  • IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1989, S. C. D. Condado).
  • Escolma da Poesía galega de hoy (1991, Visor, Madrid).
  • Homenaxe a Miguel González Garcés (1991, Deputación da Coruña).
  • Los caminos de la voz, seis poetas gallegos de hoy (1995, Universidade de Granada). Edición bilingüe galego-castelán a cargo de Luciano Rodríguez Gómez.
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995, Ediciós do Castro).
  • Construír a paz (1996, Xerais).
  • Poesía Gallega Contemporánea (1996, Revista Litoral, Málaga).
  • Novo do trinque (1997, BNG).
  • Alguén agarda que volva alí (1998).
  • Galician generation of the eighties: three poets (1999, Universidade da Coruña).
  • A poesía é o gran milagre do mundo (2001, PEN Clube de Galicia).
  • Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I) (2001, Consello da Cultura Galega).
  • Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
  • Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, por Arturo Casas (2003, Tris Tram).
  • Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003, Consello da Cultura Galega).
  • Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo (2003).
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003, Fundación Araguaney).
  • Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais).
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
  • Uxío Novoneyra, A emoción da Terra (2004, AELG).
  • Xente no Camiño: mostra de pintura e debuxo sobre a imaxe dos galegos da Baixa Idade Media (2005, Deputación da Coruña). Con Alfredo Erias e Carlos Pereira.
  • O desafío das ondas (2006, Autoridade Portuaria da Coruña).
  • Do máis fondo do silencio saen voces (2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña).
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora).
  • A Coruña á luz das letras (2008, Trifolium).
  • Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000 (2008, Universidade da Coruña).
  • Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).
  • Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña (2008, Espiral Maior).
  • De amor e desamor (2009, Deputación da Coruña).
  • En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010, Toxosoutos).
  • Preludios para Miguel Anxo Fernán-Vello (2011, Laiovento).
  • Tamén navegar (2011, Toxosoutos).
  • Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, AELG), libro electrónico.
  • A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos).
  • Dez anos de poesía nas Pontes (2013, Galebook).
  • De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega).
  • Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González (2016, Fervenza).
  • Os aforismos do riso futurista (2016, Xerais).

Premios editar

Notas editar

  1. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "López Valcárcel, Xulio". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 337. ISBN 84-8064-113-4. 
  2. "Xulio López Valcárcel Galegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-06-20. 
  3. "Ficha do autor". bvg.udc.es. 
  4. Ficha do autor na AELG
  5. "Xulio L. Valcárcel". www.aelg.gal. Consultado o 2022-06-20. 
  6. Gómez, Xesús González (1987). "Solaina da ausencia, por Xúlio L. Valcárcel". Grial: revista galega de cultura (97): 380–382. ISSN 0017-4181. 
  7. "Casa última Espiral Maior O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2022-06-20. 
  8. Forcadela, Manuel (2019-01-28). "A densa melancolía dos corpos. Sobre a poesía de Xulio López Valcárcel.". O Ximnasio de Academo. Consultado o 2022-06-20. 
  9. Nicolás, Ramón (2018-10-31). "Novidade (36): Memoria dos días, formas da levidade. Poesía reunida (1979-2017), de Xulio L. Valcárcel". Caderno da crítica. Consultado o 2022-06-20. 
  10. "Edicións Laiovento - O CANTAR DOS MÚSICOS ERRANTES". laiovento.gal. Consultado o 2023-06-19. 
  11. "Edicións Laiovento - O CANTAR DOS MÚSICOS ERRANTES". laiovento.gal. Consultado o 2023-08-03. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Diccionario da literatura galega. Vigo: Galaxia, 1995.
  • A tépeda luz dos días (aproximación á obra poética de Xulio L. Valcárcel), de Marina Vázquez Carreira. Sociedade de Cultura Valle-Inclán, 1997.

Ligazóns externas editar