De amor e desamor
De amor e desamor foi un colectivo poético[1] fundado en 1984 na cidade da Coruña.
De amor e desamor | |
---|---|
Tipo | colectivo literario |
Data de fundación | anos 1980 |
Nº de membros | 8 |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarIntegrárono[2] Lino Braxe, Xosé Devesa (José-Maria Monterroso Devesa), Miguel Anxo Fernán-Vello, Miguel Anxo Mato Fondo, Pilar Pallarés, Lois Pereiro, Manuel Rivas, Francisco Salinas Portugal, Xavier Seoane e Xulio López Valcárcel.
De amor e desamor deu título tamén a dous volumes[1] aparecidos en 1984 e 1985, editados por Ediciós do Castro e hoxe fóra de catálogo, que incluían textos dos membros do grupo. A súa posta en escena[3] foi o recital[4] de formato clásico, apoiado ás veces en músicos coma Alfonso Morán ou César Morán. As presentacións do colectivo contaron con gran asistencia de público.
Tras disolverse De amor e desamor moitos dos seus autores e autoras seguiron destacando en solitario. No ano 2010 celebrouse o XXV aniversario do colectivo cun recital poético[5]. Lois Pereiro foi homenaxeado con motivo do Día das Letras Galegas no ano 2011.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Cordal, Xabier (23/1/2009). "De amor e desamor: 25 anos". Galicia Hoxe.
- ↑ "De amor e desamor - Literalingua". www.blogoteca.com. Consultado o 10/9/2022.
- ↑ "O grupo poético De Amor e Desamor celebra os seus 25 años". La Voz de Galicia (en castelán). 2009-01-15. Consultado o 10/9/2022.
- ↑ Ferreiro, Alfredo (2009-01-15). "O colectivo poético De Amor e Desamor celebra os 25 anos". O levantador de minas (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2022. Consultado o 10/9/22.
- ↑ ""De amor e desamor". Gala XXV Aniversario.". Consultado o 10/9/2022.