Abrir o menú principal

Ourebia ourebi

antílope africano

TaxonomíaEditar

DescriciónEditar

XéneroEditar

O xénero describiuno en 1842 o zoólogo, paleontólogo e debuxante francés Charles Léopold Laurillard, in d'Orbigny, Dict. Univ. D'Hist. Nat., 1: 622.[3]

EspecieEditar

A especie fora descrita bastantes anos antes, en 1782, polo zoólogo alemán Eberhard August Wilhelm von Zimmermann, en Geogr. Gesch. Mensch. Vierf. Thiere, 3: 268.[3]

EtimoloxíaEditar

Tanto o nome xenérico, Ourebia, como específico, oribi derivan do afrikaans oribi, probabelmente préstamo do khoisa (dialecto nama) dos hotentotes, arab.[6]

SinónimosEditar

  • Ourebia aequatoria Heller, 1912
  • Ourebia grayi (Fitzinger, 1869)
  • Ourebia masakensis Lönnberg & Gyldenstolpe, 1925
  • Ourebia melanura (Bechstein, 1799)
  • Ourebia pitmani Ruxton, 1926
  • Ourebia scoparia (Schreber, 1836)
  • Ourebia splendida Schwarz, 1914

SubespeciesEditar

Como quedou dito, recoñécense na especie nove subespecies,[5] unha delas extinta.[3][7]

  • Ourebia ourebi dorcas Schwarz, 1914
  • Ourebia ourebi gallarum Blaine, 1913
  • Ourebia ourebi haggardi (Thomas, 1895)
  • Ourebia ourebi hastata (Peters, 1852)
  • Ourebia ourebi kenyae Meinhertzhagen, 1905
  • Ourebia ourebi montana (Cretzschmar, 1826)
  • Ourebia ourebi ourebi (Zimmermann, 1783)
  • Ourebia ourebi quadriscopa (C. H. Smith, 1827)
  • Ourebia ourebi rutila Blaine, 1922

Nome vulgarEditar

En case todos os idiomas utilízase o nome africaans que, sendo palabra aguda, en galego, como en castelán, portugués e catalán, debemos escribir oribí.

CaracterísticasEditar

O oribí é un antílope pequeno de constitución grácil, con orellas ovaladas, estreitas e rematadas en punta patas esveltas e longo pescozo. Mide entre os 75 e 115 cm lonxitude de cabeza e tronco, cunha cola de 7 a 23 cm; a súa alzada (altura na cruz) oscila entre os 47 e so 60 cm. O seu peso varía entre os 10 e 20 kg. Só o macho presenta cornos, curtos (de 15 a 19 cm), rectos, verticais e paralelos, e rematados en punta. As femias, similares aos machos (pero sen cornos) é normalmente de maior tamaño que os machos (circunstancia rara entre os antílopes). a pelaxe é suave, sedosa, de coloración xeral parda cara amarelada (semellante á das vacas rubias) na caneza e no lombo, que contrasta co ventre branco; as patas son da mesma cor que a cabeza e o lombo, e presentan unha guedella de pelos longos nos xeeonllos; a cola é rubia apardazada, escura e coa porción final negra, notoriament despregada cando o animal corre.[8][9]

Hábitat e distribuciónEditar

HábitatEditar

O oribí encóntrase nunha ampla variedade de hábitats, desde sabanas, arbustivas e arboradas, non lonxe de auga, chairas de inundación e pasteiros tropicais con herbas altas (de 10 a 100 cm) e pasteiros montanos a altitudes de até os 4 000 m.[8][10][11][12]

DistribuciónEditar

A súa área de distribución é moi ampla na África subsahariana (de aí que teña tantas subespecies). Encóntrase en Angola, Benin, Botswana, Burkina Faso, Camerún, Chad, ambos os Congos (República do Congo e República Democrática do Congo) Costa de Marfil, Eritrea, Etiopía, Gambia, Ghana, Guinea, Guinea-Bissau, Kenya, Lesotho, Malaui, Mali, Mozambique, Níxer, Nixeria, República Centroafricana, República Surafricana, Ruanda Senegal, Serra Leona, Somalia, Suazilandia, Sudán, Sudán do Sur, Tanzania, Togo, Uganda, Zambia e Zimbabue. Posibelmente extinta en Burundi.[1][13] (Véxase o mapa).

BioloxíaEditar

CostumesEditar

Diúrno e crepuscular, e puoco activo durante as calorosas horas centrais do día, permanecendo escondido nos pasteiros altos cerca dos arbustos. Cando se sente ameazado emite asubíos agudos o esbirros ruidosos e penetrantes; así mesmo, comeza a saltar no aire coas catro patas rectas e tesas. Ten un característico paso saltarín, alternando con altos brincos ocasionais.[8][14]

AlimentaciónEditar

Herbívoro, come habitualmente herbas dos pasteiros, pero tamén follas de arbustos. Bebe regularmente, aínda que pode absterse de facelo durante certo tempo se é necesario.[8][10]

ReproduciónEditar

Ourebia ourebi reprodúcese durante todo o ano, aínda que hai un pico de celo durante a estación seca.[15] Durante este último, todas as glándulas do macho redobran a súa actividade secretora. Isto pretende, por un lado, levar a cabo un marcado importante do territorio e, por outro, informar e ser recoñecido pola femia.[11] Efectuada a cópula, a xestación dura entre 195 e 210 días (5,5 a 6 meses). As crías nacen ao comezo da temporada de chuvias, e teñen un peso ao nacer non superior a 1,5 ou 2 kg. Destétase ao cabo de 2 meses, pero xa pode comer herba tenra á semana de nacer. Ambos os sexos acanzan a madurez sexual á idade dun ano (entre os 10 e os 14 meses).[10][16]

LonxevidadeEditar

Viven de 8 a 12 ans, 14 en catividade.[10][15]

DepredadoresEditar

Os oribís son presas de leopardos, leóns, guepardos, servais, caracais, aguias, serpes pitóns, crocodilos, babuínos, chacais, hienas e licaóns.[10]

Relacións filoxenéticasEditar

Nunha revisión da filoxenia da tribo dos antilopinos sobre a base de datos de xenes nucleares e mitocondriais en 2013, Eva Verena Bärmann (da Universidade de Cambridge) e os seus colegas informaron que a taxonomía do oribí é un taxon irmán de todaa todas as outras especies de antilopinos. O cladograma que presentaron baséase no estudo que realizaron en 2013.[17]

Oribi (Ourebia ourebi)

Saiga (Saiga tatarica)

Gerenuc (Litocranius walleri)

Antidorcas marsupialis

Eudorcas

Nanger

Gazella

Antílope da India (Antilope cervicapra)

Procapra

Raphicerus

Madoqua

Dorcatragus

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar

XéneroEditar

EspecieEditar