Eudorcas

xénero de mamíferos

Eudorcas

Gacela de Thomson (Eudorcas thomsonii) macho
no Parque Nacional de Serengueti (Tanzania)
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Subfamilia: Antilopinae
Tribo: Antilopini
Xénero: Eudorcas
Fitzinger, 1869
Especie tipo
Gazella rufifrons
Gray, 1846
Especies e subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Eudorcas é un xénero de mamíferos artiodáctilos da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos.[1][2]

Taxonomía editar

Descrición editar

O xénero foi creado polo zoólogo austríaco Leopold Fitzinger, no seu traballo publicado en Sitzb. K. K. Akad. Wiss., Wien, math.-nat. Cl., 59 (sect. 1): 159.[1]

Etimoloxía editar

O nome Eudorcas está formado polos elementos do latín científico Eu- e dorcas. O primeiro é un calco do prefixo do grego antigo εὐ- eu-, derivado do adverbio εὖ 'ben', 'xusto', 'exacto' e, o segundo, unha adapación do substantivo δορκάς dorkás, 'gacela', e que podemos traducir como 'verdadeira gacela'.

Especies e subespecies editar

Segundo o MSW e o ITIS (ambos consultados o 16 de outubro de 2018), a clasificación do xénero é:

  • Xénero Eudorcas Fitzinger, 1869.[3]
    • Especie Eudorcas rufifrons (Gray, 1846).[4]
      • Eudorcas rufifrons albonotata (W. Rothschild, 1903).[5]
      • Eudorcas rufifrons kanuri Schwarz, 1914.[6]
      • Eudorcas rufifrons laevipes Sundevall, 1847.[7]
      • Eudorcas rufifrons rufifrons (Gray, 1846).[8]
      • Eudorcas rufifrons tilonura Heuglin, 1869.[9]
    • Especie Eudorcas rufina Thomas, 1894.[10]
    • Especie Eudorcas thomsonii Günther, 1884.
      • Eudorcas thomsonii nasalis Lönnberg, 1908.[11]
      • Eudorcas thomsonii thomsonii Günther, 1884.[12]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar