Antidorcas marsupialis

Antidorcas marsupialis é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos.[2]

Antidorcas marsupialis

Antidorcas marsupialis
no Parque Nacional Etosha (Namibia)
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Subfamilia: Antilopinae
Xénero: Antidorcas
Sundevall, 1847
Especie: A. marsupialis
Nome binomial
Antidorcas marsupialis
(Zimmermann, 1780)
Área de distribución.
Área de distribución.

Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto
Femia de Antidorcas marsupialis. Nótese que os seus cornos son máis rectose máis finos que os dos machos. (Compárese coa imaxe inferior).

É unha especie monotípica, isto é, a única do seu xénero, na que se recoñecen tres subespecies.[2]

Propia da África do Sur (é a única gacela que se en contra ao sur do río Zambeze), é un dos animais máis característicos da República surafricana, onde é o seu emblema nacional e o fetiche do seu equipo de rugby.[3]

Ademais de en Suráfrica, a especie tamén está presente en Namibia, Botswana e no sur de Angola.[1]

Taxonomía

editar

Descrición

editar

Xénero

editar

O xénero Antidorcas foi creado en 1845 polo zoólogo sueco Carl Jakob Sundevall, nun traballo publicado en Kongl. Svenska Vet.-Akad. Handl. Stockholm, 1845: 271.[2]

Especie

editar

A especie fora descrita moitos anos antes, en 1780, polo xeógrafo e zoólogo alemán Eberhard August Wilhelm von Zimmermann, nun traballo publicado na revista Geogr. Gesch. Mensch. Vierf. Thiere, 2: 427.[4]

Etimoloxía

editar

Xénero

editar

O nome do xénero, Antidorcas está formado pola unión dos elementos do latín científico Anti- e -dorcas, derivados do prefixo latino anti-, adaptación do corresponente do grego antigo ἁντι-, derivado da preposición ἁντί antí que, entre outros significados, pode traducirse por 'á maneira de' (é dicir, 'semellante', 'parecido'), e o substantivo δορκάς dorkás, 'gacela'. Isto é, 'parecido ás gacelas que coñecían os antigos gregos').[5]

Especie

editar

En canto ao nome específico, marsupialis, 'marsupial', é un adxectivo do latín científico derivada de marsūpium, voz tirada do latín clásico marsuppium ou marsīpium 'bolsa' (especiamete referida á abdominal dos marsupiais), adaptación dos termos do grego antigo μαρσίππιον marsíppion ou μαρσύππιον marsýppion, derivados de μάρσιππος mársippos, 'bolsa',[6] en alusión á dobra de pel que este antilope te n na rexión dorsal, da que máis adelante se fala.

Subespecies

editar

Na actualidade, os autores recoñecen, dentro desta especie, as tres subespecies seguintes:[4]

  • Antidorcas marsupialis angolensis (Blaine, 1922)
  • Antidorcas marsupialis hofmeyri (Thomas, 1926)
  • Antidorcas marsupialis marsupialis (Zimmermann, 1780)

Sinónimos

editar

Ademais do nome actualmente aceptado, ao longo da historia a especie coñeceuse tamén polos seguintes sinónimos:[7]

  • Antidorcas euchore (Sundevall, 1847)
  • Antilope dorsata (Daudin, 1802)
  • Antilope saccata (Boddaert, 1785)
  • Antilope saliens (Daudin, 1802)
  • Antilope saltatrix (Link, 1795)
  • Capra pygargus (Thunberg, 1795)
  • Cemas marsupialis (Oken, 1816)
  • Cerophorus euchore (de Blainville, 1816)
  • Gazella sautante (Burton, 1782)

Características

editar
 
Antidorcas marsupialis macho no P. N. Etosha.
 
Antidorcas marsupialis saltando.

É unha gacela de tamaño mediano, moi grácil e brillantemente coloreada, cunha distribución de cores rechamante, e cunha característica única entre os bóvidos, a presenza dunha dobra na pel, particularmente longa, do dorso do tronco. A coloración xeral é predominantemente pardo amarelada (rubia) brillante no dorso, cunha banda ancha nos flancos de cor parda escura (chocolate), separando os flancos das partes inferiores ou ventrais, que son de cor branca pura. A cabeza é completamente branca, cunha estreita raia de cor apardazada a través do ollo e desde a meixela até o fociño. As nádegas, así como unha ampla mancha triangular na parte inferior das ancas de cor branca pura, bordeada de cor parda escura. Estando o animal en repouso, a dobra do lombo permanece pechada, e só é visíbel unha estreita liña escura na parte final do lombo e na superior das ancas Pero cando o animal está excitado, ben por medo, ben cando está xogando, esta especie de bolsa ábrese amplamente para formar unha a xeito de crista conspicua de pelos moi longos e serdosos, de cor brancca pura. Os cornos, nos machos, son claramente curtos (de 36 a 48,5 cm), pero rexos, fortemente curvados a modo de lira, levantándose lixeiramente desde a base cara a arriba e cara a atrás, e facéndose diverxentes cara a fóra e curvándose agudamente cara a dntro para formaren unha especie de gancho nas puntas. As femias son similares aos machos, pero de menor tamaño e cos cornos máis curtos, máis finos e máis rectos.[3]

Galería de imaxes

editar

Status

editar

Segundo constata o Grupo de especialistas en antílopes da Unión Internacional para a Conservación da Natureza, a especie está moi estendida, sendo un dos antílopes máis abundantes da rexión de África do Sur. Ademais, non hai ameazas importantes para a súa supervivencia a longo prazo, e é pouco probábel que o estado de conservación da especie cambie mentres se continúe co bo manexo das súas poboacións tanto en terras privadas como nas zonas protexidas, polo que cualifican o seu status como LC (pouco preocupante).[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 IUCN SSC Antelope Specialist Group: (2016): Antidorcas marsupialis na Lista vermella da UICN. Versión 2018-1. Consultada o 13 de outubro de 2018.
  2. 2,0 2,1 2,2 Antidorcas en MSW.
  3. 3,0 3,1 Dorst & Dandelot 1973, p. 231.
  4. 4,0 4,1 Antidorcas marsupialis en MSW.
  5. Antidorcas no Merriam Webster Dictionary. Consultado o 13 de outubro de 2018.
  6. marsupium no Merriam Webster Dictionary. Consultado o 13 de outubro de 2018.
  7. James W. Cain III, Paul R. Krausman & Heather L. Germaine (2004): "Antidorcas marsupialis" Mammalian Species. 753: 1–7. Consultada o 13 de outubro de 2018.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.