Eberhard August Wilhelm von Zimmermann
Eberhard August Wilhelm von Zimmermann, nado o 17 de agosto de 1743 en Uelzen,[1] Ducado de Brunswick-Luneburgo e finado o 4 de xullo de 1815 en Brunswick (en alemán: Braunschweig),[1] Ducado de Brunswick, foi un xeógrafo e zoólogo alemán.
Eberhard August Wilhelm von Zimmermann | |
---|---|
Nacemento | 17 de agosto de 1743 |
Lugar de nacemento | Uelzen |
Falecemento | 4 de xullo de 1815 |
Lugar de falecemento | Braunschweig |
Nacionalidade | Alemaña |
Alma máter | Universidade de Gotinga, Universidade de Leiden e Universidade de Halle-Wittenberg |
Ocupación | xeógrafo, zoólogo, filósofo, profesor universitario e físico |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Eberhard August Wilhelm von Zimmermann estudou desde 1761 a 1765 historia natural (medicina), filosofía, matemáticas e xeografía nas universidades de Leiden, Halle e Gotinga (e quizais tamén na de Berlín con Leonhard Euler). Graduouse en Gotinga en matemáticas (xeometría) cunha tese sobre a análise das curvas titulada Curvarum imbricatarum consideratio analytica.[2]
A partir de 1766 foi profesor de matemáticas, física e historia natural no Collegium Carolinum en Braunschweig.
Zimmermann é famoso por ser o autor de Specimen Zoologiae Geographicae Quadrupedum (1777), unha das primeiras obras dedicadas á distribución xeográfica dos mamíferos.
En 1778 foi nomeado membro da Academia de Ciencias de Gotinga e máis adiante tamén dotras academias, como a Academia de Ciencias de Baviera, en 1808.
En 1796 foi elevado á dignidade de Par do Imperio (do Sacro Imperio Romano-Xermánico).
En 1801 foi relevado dos seus compromisos no ensino, dedicándose a traballar nas sías puiblicacións.
Principais obrasEditar
- Geographische Geschichte des Menschen und der vierfüßigen Tiere, Leipzig 1778-1783, dous volumes.
- Über die Kompressibilität und Elastizität des Wassers, Leipzig 1779.
- Frankreich und die Freistaaten von Nordamerika, Berlín 1795
- Allgemeine Übersicht Frankreichs von Franz I bis auf Ludwig XVI, Berlin 1800, dous volumes.
- Taschenbuch der Reisen, Leipzig 1802-13, 12 Jahrgänge.
- Die Erde und ihre Bewohner, Leipzig 1810-13, cinco volumes.
AbreviaturaEditar
A abrteviatura Zimmermann enprégase para recoñecer a Eberhard August Wilhelm von Zimmermann como autoridade na descricíón e taxonomía en zooloxía.
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Hoxe no Land da Baixa Saxonia.
- ↑ Zimmermann, Eberhard August Wilhelm, (en alemán)