Abrir o menú principal

Neotraguinos

Tribo de antílopinos
(Redirixido desde "Neotragini")
Neotraguinos
Neotragini
Neotragus moschatus
Neotragus moschatus
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Artiodactyla
Suborde: Ruminantia
Familia: Bovidae
Subfamilia: Antilopinae
Tribo: Neotragini [1]
Sclater & Thomas, 1894
Especies
Véase el texto

A dos neotraguinos (Neotragini) é unha tribo de mamíferos artiodáctilos da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos.

A tribo inclúe seis xéneros con trece especies de antílopes de pequeno tamaño (polo que moitos autores os denominan antílopes ananos), que habitan en rexións densamente cubertas de vexetación na zona ecuatorial e o sueste de África.

CaracterísticasEditar

Do tamaño dunha lebre, son antílopes de corpo delicado e compacto (agás Oreotragus oreotragus), ser cristas no curuto da cabeza, de lombo arredondado. Só os machos presentan cornos, que son rectos, pequenos e rematados en punta. As orellas son máis ben curtas. O fociño está espido. Os pezuños interiores son estreitos e apuntados, e os laterais están xeralmente ausentes. Presentan glándulas preorbitais e nos pezuños, e carecen de glándulas inguinais. As ubres das femias teñen catro tetos.[2][3]

TaxonomíaEditar

DescriciónEditar

A tribo foi creada en 1894 polo avogado e zoólogo británico Philip Sclater e o tamén británico e zoólogo, especializado en mamíferos, Oldfield Thomas.[4]

EtimoloxíaEditar

O nome científico da tribo, Neotragini, está fomada polos elementos do latín científico Neotrag-, raíz de Neotragus, o nome do seu xénero-tipo, e -ini, sufixo empregado para formar os nomes das tribos.
(Ver etimoloxía de Neotragus no artigo correspondente a este xénero).

Xéneros e especiesEditar

Tribo Neotragini

Taxonomía controvertidaEditar

Algúns mastozoólogos como, por exemplo, Haltenorth, consideran este grupo como unha subfamilia distinta, a dos Neotraginae.[5][6]

De máis trascendencia é o cambio proposto por Eva V. Bärmann, da Universidade de Cambridge, e o seu colega Tim Schikora, do Centro de Investigación da Biodiversidade e o Clima de Frankfurt. Segundo estes autores, a pesar de que as especies de antílopes ananos se reuniron comunmente na tribo dos neotraguinos debido á súa aparencia morfolóxica xeral, as análises filoxenéticas demostraron que non todos están estreitamente relacionados, polo que suxeriron restrinxir o nome de Neotragini ao xénero tipo Neotragus. No seu estudo utilizaron secuencias do citocromo b mitocondrial e medicións lineais do cranio para investigar máis a fondo a similitude das tres especies de Neotragus. Estas análises apoian a estreita relación de N. moschatus e N. batesi. Porén, N. pygmaeus, a especie tipo —que nunca antes se incluira nas análises filoxenéticas— non está estreitamente relacionada. Segundo estes autores, podería compartir un antepasado común máis recente con outro "antílope anano", o Oreotragus oreotragus, e cos duiqueros do taxon Cephalophini. Polo tanto, suxeriron resucitar o xénero Nesotragus Von Dueben, 1846 para Nesotragus moschatus e N. batesi, e deixando a Neotragus pygmaeus como a única especie do xénero.[7]

NotasEditar

  1. Neotragini en la EOL.
  2. Haltenorth & Diller 1986, p. 47.
  3. Dorst & Dandelot 1973, p. 264.
  4. tribe Neotragini Sclater and Thomas 1894 en Fossilworks.
  5. Sokolov, Vladimir (1979): Taxonomy of Mammals, vol. 3. Moscova: Vysshaya Shkola, pp. 402–403. (en ruso).
  6. Haltenorth & Diller 1986, pp. 47-49.
  7. Eva V. Bärmann and Tim Schikora (2014): "The polyphyly of Neotragus – Results from genetic and morphometric analyses". Mammalian Biology 79 (4): 283-286.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África. Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
  • Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. London: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2.

Outros artigosEditar