Raphicerus melanotis

Raphicerus melanotis é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos e tribo dos neotraguinos, pertencente ao xénero Raphicerus.[1][2][3]

Raphicerus melanotis

Raphicerus melanotis macho
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Subfamilia: Antilopinae
Tribo: Neotragini
Xénero: Raphicerus
Especie: R. melanotis
Nome binomial
Raphicerus melanotis
(Thunberg, 1811)
Área de distribución
Área de distribución

Sinonimia
Antilope melanotis
Thunberg, 1811

Trátase dun antílope de pequeno tamaño, como todos os da tribo dos neotraguinos, (denominados antilopes ananos), tímido e solitario, endémico da parte máis meridional de Suráfrica, onde habita en chairas cubertas de mato, especialmente nas abas de outeiros.[1][4]

É unha especie monotípica, isto é, a única do seu xénero, na que se recoñecen cinco subespecies.[1][2][3]

Taxonomía

editar

Descrición

editar

A especie foi descrita en 1811 polo naturalista sueco Carl Peter Thunberg, un dos dezasete apóstolos de Linneo, en Mem. Acad. Imp. Sci. St. Petersbourg, 3: 312,[2] baixo o nome de Antilope melanotis.[5]

Controversia taxonómica

editar

Algúns autores, como Haltenorth, consideran a R. melanotis como unha subespecie de Raphicerus sharpei (Raphicerus sharpei melanotis).[6] Ambas as especies están estreitamente relacionadas, e algúns considéranas conespecíficas.[7]

Nomes vulgares

editar

Na maioría dos idiomas modernos a especie coñécese como raficero do Cabo, grysbok ou grysbok do Cabo (coas particularidades propias de cada lingua).[8]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Palmer, G., Birss, C., Kerley, G., Feely, J., Peinke, D. & Castley, G. (2017): Raphicerus melanotis na Lista vermella da UICN. Versión 2018-1. Consultada o 31 de outubro de 2018.
  2. 2,0 2,1 2,2 Raphicerus mlanotis en MSW.
  3. 3,0 3,1 Raphicerus melanotis (Thunberg, 1811) no ITIS.
  4. Dorst, J. & Dandelot, P. 1973, p. 270.
  5. Southern Grysbok. Raphicerus melanotis (Thunberg, 1811) en BioLib.
  6. Haltenorth, T. & Diller, H. 1986, p. 53.
  7. Hoffmann, M. and Wilson, V. J. (2013): "Raphicerus sharpei Sharpe's Grysbok". En: J. S. Kingdon and M. Hoffmann (eds), Mammals of Africa. Volume VI: Pigs, Hippopotamuses, Chevrotain, Giraffes, Deer and Bovids, London, UK: Bloomsbury Publishig. ISBN 978-1-4081-2257-0, pp. 308-310.
  8. Dorst, J. & Dandelot, P. 1973, p. 269.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.