Abrir o menú principal

Apóstolos de Linneo

O «apóstolo» Daniel Solander (extremo esq.) con Joseph Banks (esq., sentado) acompañando a James Cook (centro) durante a súa estancia en Australia.

Os apóstolos de Linneo foron dezasete alumnos de Linneo, así batizados por el mesmo. Foron exploradores que levaron a cabo expedicións botánicas e zoolóxicas por todas as partes do mundo.

Linneo utilizou o termo por primeira vez en maio de 1750, o ano en que foi reitor da Universidade de Uppsala.[1]

HistoriaEditar

As primeiras viaxes debéronse ao compromiso do conde Carl Gustaf Tessin. A Compañía sueca das Indias Orientais embarcaba nos seus navíos un científico cada ano, e así estes podían viaxar. Moitos dos «apóstolos» comezaron a súa viaxe desde Suecia, actuando como sacerdotes ou médicos de a bordo.

O daquela director da Axencia sueca das Indias Orientais, Magnus Lagerström (1691–1759), era un partidario entusiasta da ciencia, e estivo totalmente de acordo con este proceder. Tratou a cada un dos mozos viaxeiros cunha atención especial, e recomendou que persoalmente os capitáns dos barcos os tiveran en conta.[2]

Estas expedicións podían seren perigosas, e sete dos «apóstolos» non regresaron. O primeiro «apóstolo», Christopher Tärnström, que partíu de Göteborg en 1745 cara á China, morreu a finais dese ano polos efectos dunha enfermidade tropical. A súa viúva anoxouse agramente con Linneo por deixar aos seus fillos orfos de pai. Despois dese incidente, Linneo só enviou homes solteiros.

En cambio, outros dos seus alumnos, como Daniel Solander e Anders Sparrman, tanto nas expedicións de James Cook como na de Carl Peter Thunberg, arrequeceron amplamente o coñecemento cos srus achados e as descricións da flora dos lugares que visitaron.

Linneo seguiu implicado na maioría das expedicións. Adoito deixaba notas aos seus apóstolos, marcándolles as pautas do que debían buscar durante as súas viaxes, e os apóstolos lle enviaban cartas a Linneo e mostras botánicas. Ao seu regreso, o normal era entregar a Linneo unha selección de todo o encontrado. Porén, Daniel Rolander decidiu non transferirlle a súa colección, e por isto foi criticado por Linneo.

Resume dos «apóstolos de Linneo» e as súas viaxesEditar

† = morreu na viaxe

Nome A partir de Retorno Destinos
Christopher Tärnström 1745 China
Pehr Kalm 1748 1751 América do Norte
Olof Torén 1748 1752 Xava, China
Carl Fredrik Adler 1748 1761 † China, India, Xava
redrik Hasselquist 1749 Cercano Oriente
Pehr Osbeck 1750 1752 China
Pehr Löfling 1751 España, Venezuela
Daniel Rolander 1754 1756 Güiana Holandesa
Anton Rolandsson Martin 1758 1758 Ártico, Noruega
Peter Forsskål 1761 Arabia
Johan Peter Falck 1768 Siberia
Daniel Solander 1768 1772 1ª circunnavegación de James Cook, 1772: Islandia, Hébridas, Orcadas
Andreas Berlin 1772 Serra Leoa
Carl Peter Thunberg 1772 1779 Suráfrica, Xava, Xapón, Ceilán
Anders Sparrman 1772 1776 2ª circunnavegación de James Cook
Göran Rothman 1773 1776 Libia, Tunisia, (1765: Åland)
Adam Afzelius 1792 1796 Serra Leoa

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar