Anders Sparrman

naturalista sueco

Anders Erikson Sparrman, nado o 27 de febreiro de 1748 en Tensta (Condado de Uppsala), e finado o 9 de agosto de 1820 en Estocolmo, foi un naturalista, botánico e abolicionista sueco, un dos dezasete apóstolos de Linneo, que describiu numerosas especies novas para a ciencia.

Anders Sparrman
Anders Sparrman.jpg
Nacemento27 de febreiro de 1748 e 16 de febreiro de 1748
Lugar de nacementoTensta
Falecemento9 de agosto de 1820
Lugar de falecementoEstocolmo e Storkyrkoförsamlingen
NacionalidadeSuecia
Alma máterUniversidade de Uppsala
Ocupaciónnaturalista, botánico e abolicionista
PaiErik Sparrman
IrmánsAnna Magdalena Sparrman
InfluenciasCarl von Linné
EstudosMedicina
Cargoscatedrático de Universidade
PremiosMembro da Real Academia das Ciencias de Suecia
Membro da Academia de Ciencias de Baviera
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Anders Sparrman era fillo dun clérigo. Aos nove anos entrou na Universidade de Uppsala, onde comezou os seus estudos de Medicina, e aos catorce converteuse nun dos pupilos máis destacados de Linneo.

En 1765 fixo unha viaxe a China como cirurxián a abordo, regresando dous anos máis tarde despois de realizar a descrición dos animais e plantas que encontrara.

En xaneiro de 1772 viaxou até o Cabo da Boa Esperanza, para ocupar un posto como titor. Cando máis tarde dese mesmo ano James Cook chegou alí ao comezo do seu segundo viaxe, Sparrman uniuse á expedición como naturalista axudante de Johann e Georg Forster. Despois da viaxe volveu á Cidade do Cabo en xullo de 1775, dedicándose a exercer de médico, conseguindo suficiente diñeiro para financiar unha viaxe ao interior do continente.

En 1776 volveu a Suecia, onde se premiara cun doutoramento honorario na súa ausencia. Fue elixido, ademais, como membro da Real Academia das Ciencias de Suecia. En 1780 foi o conservador das coleccións de historia natural de dita Academia, e en 1781 profesor de historia natural e farmacoloxía, e asesor do Collegium Medicum en 1790.

ObrasEditar

Sparrman publicou numerosos traballos, o máis coñecido deles é o relación das súas viaxes en Suráfrica e con Cook, publicadas en 1789 co título de A voyage to the Cape of Good Hope, towards the Antarctic polar circle, and round the world: But chiefly into the country of the Hottentots and Caffres, from the year 1772 to 1776 (Unha viaxe ao Cabo da Boa Esperanza, cara ao círculo polar antártico, e ao redor do mundo: pero sobre todo cara ao país dos Hotentotes e Cafres, dos anos 1772 a 1776).

Tamén publicou, entre 1786 e 1789 o Catálogo do Museo Carlsonianum, no que describiu moitos dos espécimes que recollera en Suráfrica e no Pacífico Sur, algúns dos cales eran novos para a ciencia.

Así mesmo, publicou en 1806, unha Ornitoloxía de Suecia.

AbreviaturasEditar

A abreviatura Sparr. emprégase para recoñecer a Anders Sparrman como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.

A abreviatura Sparrman emprégase para recoñecer a Anders Sparrman como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.