Gotemburgo

cidade sueca
(Redirección desde «Göteborg»)

Gotemburgo[1][2] ou Göteborg[3] (en suecoGöteborg[jœtəˈbɔrj] (AFI)Sv-Göteborg.ogg escoitar) é unha cidade do condado de Västergötland na costa oeste de Suecia. No ano 2006, a cidade tiña unha poboación de 490.000 habitantes na súa área e 879.000 na área metropolitana, facéndoa a segunda maior cidade do país, despois de Estocolmo. A cidade tamén destaca pola súa importante universidade.

Modelo:Xeografía políticaGotemburgo
Göteborg (sv) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 57°42′27″N 11°58′03″L / 57.7075, 11.9675
EstadoSuecia
Condadocondado de Västra Götaland
MunicipiosGotemburgo (municipio) Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación607.882 (2020) Editar o valor en Wikidata (2.632,44 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie23.092 ha Editar o valor en Wikidata
Bañado porGöta älv (pt) Traducir e Kattegat Editar o valor en Wikidata
Altitude12 m Editar o valor en Wikidata
Creación1621 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Código postal400 10–418 79 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico31 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
sen valor Editar o valor en Wikidata

Sitio webgoteborg.se Editar o valor en Wikidata
BNE: XX455824

A cidade está situada no esteiro do Göta Älv no Kattegat, o río divide a cidade en dúas porcións, unha situada na illa de Hisingen e a outra en terra firme. Grazas ao río Göta Älv Gotemburgo é un dos portos máis importantes de Escandinavia.

Demografía

editar

A cidade de Gotemburgo, como a maioría das áreas metropolitanas de Suecia, posúe unha gran poboación inmigrante. Segundo o censo do 2005, a cidade tiña unha poboación de 93.965 inmigrantes, formando o 20% da poboación, do cal o 10% vén de Irán e o 9% de Finlandia. A poboación iraniana, xunto cos inmigrantes do Oriente Medio (sobre todo Iraq) e a antiga Iugoslavia, viven na zona de Angered (sobre todo en Bergsjön, Hjällbo e Hammarkullen) e noutros arrabaldes do nordeste, mentres que os procedentes de Escandinavia, Europa meridional (Portugal, Italia e Grecia) e Europa do leste viven máis integrados por toda a cidade. A zona de Frölunda é coñecida pola súa elevada poboación chinesa.

Xeografía

editar

Gotemburgo atópase no Condado de Västra Götaland, na costa oeste da Suecia, está bañada polo Kattegat (estreito do Mar do Norte) e pola foz do río Göta Älv. Grazas á corrente do Golfo, a cidade posúe un clima ameno, é de grandes precipitacións. O arquipélago de Gotemburgo está formado por illas cunha constitución rochosa agreste, típica de toda a costa do Condado de Bohus.

A área metropolitana de Gotemburgo esténdese aos municipios de Ale, Härryda, Kungälv, Lerum, Mölndal, Partille, Stenungsund, Tjörn e Öckerö (no Condado de Västra Götaland) e Kungsbacka (no Condado de Halland).

Infraestruturas

editar

O principal aeroporto da cidade (Gotemburgo-Landvetter) atópase en Landvetter, a 20 km ao leste de Gotemburgo. Un segundo aeroporto (Göteborg City Airport), de menores dimensións, atópase 14 km ao norte da cidade. A estación central (Centralstationen) e a terminal Nils Ericson son outros importantes centros de comunicación da cidade, con autobuses e trens que comunican a cidade con diversos puntos de Suecia, e con ligazóns nas cidades de Oslo e Copenhague.

Diversas liñas de transbordador ligan a cidade a Frederikshavn, Kiel, Kristiansand e Newcastle. No 2005 o porto rexistrou un movemento de máis de 2.2 millóns de persoas.

Gotemburgo é un centro loxístico, cun transporte de mercadorías por tren e camión que unen Suecia e Noruega co porto da cidade. Este é o maior de toda Escandinavia, cun volume bruto de preto de 156 millóns de toneladas/ano (datos de 2005).

A liña de tren eléctrico/metropolitana é a maior do Norte de Europa, con máis de 150 km de extensión.

  1. Dicionario Galaxia de Usos e Dificultades da Lingua Galega. Editorial Galaxia. 2004. p. 1305. ISBN 84-8288-752-1. 
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 111. ISBN 84-8158-266-2. 
  3. "Göteborg". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo Edicións. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns sxternas

editar