Cefalofinos

(Redirección desde «Duiqueros»)
Cefalofinos
Cephalophinae
Cefalofos ou duiqueros

Rango fósil: mioceno tardío - actualidade

Cephalophus sylvicultor
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Suborde: Ruminantia
Familia: Bovidae
Subfamilia: Cephalophinae
Gray, 1871
Xéneros

A dos cefalofinos (Cephalophinae) é unha subfamilia de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos, que comprende 3 xéneros cunhas 20 especies de pequenos antílopes africanos,[1] que son coñecidos como cefalofos o duiqueros.

Cephalophus natalensis.
Cephalophus nigrifrons.
Philantomba monticola.
Sylvicapra grimmia.

Características

editar

Son pequenos antílopes, ás veces moi pequenos, que adoitan dividirse en dous grupos baseados no seu hábitat: cefalofos ou duiqueros de bosque e cefalofos ou duiqueros de matogueira. Todas as especies de bosque habitan nas selvas tropicais da África subsahariana, mentres que o único coñecido de matogueira, Sylvicapra grimmia, ocupa as sabanas arbustivas. Son animais moi tímidos e esquivos que prefiren as zonas con densa cobertura vexetal.[2][3]

Debido á súa rareza e ás súas poboacións mesturadas, non se sabe moito sobre os cefalofos, polo que as xeneralizacións baséanse sobre todo nas especies máis estudadas, o cefalofo de Natal (Cephalophus natalensis), o cefalofo silvicultor (Cephalophus silvicultor) o cefalofo azul (Philantomba monticola), e o duiquero común ou duiquero gris (Sylvicapra grimmia).

Os membos do primeiro grupo (xéneros Cephalophus e Philantomba) teñen un perfil que lles dá a aparencia de estaren de crequenas, co lombo moi arqueado. Teñen as patas curtas, e proporcionalmente finas, as dianteiras a miúdo lixeiramente máis curtas ca as traseiras. A cabeza, dirixida cara ao chan, presenta unha crista frontal ben desenvolvida, de pelos longos entre os cornos, que chegan a ocultar ás veces. Os cornos, presentes en ambos os sexos, son curtos (ás veces, moi curtos), rectos, de sección triangular aplanada, e dirixidos cara a atrás, continuando a liña do perfil do fociño. A pelaxe é uniforme, lisa e lustrosa.[2]

O segundo grupo está constituído, como quedou dito, por unha única especie, Sylvicapra grimmia. Esta ten o lombo máis ben recto. A crista entre os cornos está ben desenvolvida. Os cornos (xeralmente presentes só nos machos) son longos, finos, de sección circular, rectos e dirixidos cara a arriba.[2]

En zonas da selva tropical africana, a poboación local caza cefalofos para aproveitar a súa pel, carne e cornos, que alcanzan elevados prezos nos mercados da zona.[4]

Clasificación

editar
  1. Wilson & Reeder (2005): Mammal species of the world.
  2. 2,0 2,1 2,2 Dorst, J. et al. (1973), p. 252.
  3. Haltenorth, T. et al. 1986), p. 40.
  4. Newing, H. (2000): "Bushmeat hunting and management: implications of duiker ecology and interspecific competition". Biodiv. and Conserv. 10: 99–118.
  5. 5,0 5,1 5,2 Non admitida en NCBI, pero si en MSW.
  6. Colyn, Marc ; Hulselmans, Jan ; Sonet, Gontran ; Oude, Pascal ; Winter, de, Jan ; Natta, Armand ; Nagy, Zoltán Tamás ; Verheyen, Erik K. (2010). "Discovery of a new duiker species (Bovidae: Cephalophinae) from the Dahomey Gap, West Africa". Zootaxa (en inglés) (2637): 1–30. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2012. Consultado o 21 de setembro de 2014. 
  7. Non admitida en MSW.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África. Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
  • Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2.
  • Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
  • Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference. Third edition. The Johns Hopkins University Press. Baltimore, Maryland, USA. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar