Joseph Edgar Boehm
Joseph Edgar Boehm, nado en Viena o 6 de xullo de 1834 e finado en Londres o 12 de decembro de 1890, foi escultor e medallista británico de orixe austríaca, coñecido sobre todo polo seu deseño do busto de Vitoria do Reino Unido para as moedas do Xubileu e, entre outras, pola estatua do duque de Wellington en Hyde Park Corner, Londres.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xullo de 1834 Viena, Austria |
Morte | 12 de decembro de 1890 (56 anos) Londres, Reino Unido |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura |
Lugar de traballo | Londres (1859–1862) Francia (1858–1859) Italia (1858–1859) |
Ocupación | escultor, pintor, medallista |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Outro | |
Título | Baronete (pt) |
Cónxuxe | Louisa Frances Boteler (1860–) |
Fillos | Florence Louise Boehm, Sir Edgar Collins Boehm, 2nd Bt. |
Pais | Joseph Daniel Böhm e Louisa Anna Lussman |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography, first supplement (en) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Durante a súa carreira, Boehm mantivo un gran estudio en Londres e produciu unha importante cantidade de esculturas públicas e encargas privadas. A familia real británica e os membros da aristocracia encargábanlle adoito esculturas para os seus parques e xardíns. Unha das súas especialidades era o busto, do que se conservan numerosos exemplos na National Portrait Gallery.
Boehm expuxo 123 obras na Royal Academy desde 1862 ata a súa morte en 1890.
Traxectoria
editarPrimeiros anos e formación
editarBoehm (orixinalmente Böhm) naceu en Viena nunha familia de orixe húngara.[1] O seu pai, Josef Daniel Böhm, era fabricante de medallas da corte austríaca e director da Ceca Imperial de Viena.[2]
De 1848 a 1851, Boehm estudou en Londres, na academia de arte de Leigh —antecesora da Heatherley School of Fine Art— e logo regresou a Viena, onde se formou en modelismo e deseño de medallas na Academie der Bildenden Kunste ("Academia de Belas Artes"). Logo traballou como artista en Italia e, posteriormente, de 1859 a 1962, en París.[2] En 1856 recibiu o primeiro Premio Imperial de Escultura, en Viena.[3]
Carreira artística en Londres
editarEn 1862, Boehm instalouse en Londres, onde expuxo medallas da súa creación na Exposición Internacional dese mesmo ano. Alí abriu un estudio e expuxo a súa primeira obra escultórica, un busto de terracota, na Royal Academy.[2][3][4]
Boehm converteuse en súbdito británico en 1895. Ao longo da década de 1860 dedicouse á produción de bustos, ademais de estatuas ecuestres e estatuíñas diversas.[3][5] Entre os bustos que realizou están os de John Everett Millais, Stratford Canning, Charles Thomas Newton e Franz Liszt.[2][4] A estatuíña de Boehm de William Makepeace Thackeray, aínda que foi concluída despois da morte do autor, considerouse de tal calidade que foi obxecto de varias copias, incluídos exemplares para o Garrick Club e para o Athenaeum Club, ambos de Londres.[6]
Os membros da aristocracia adoitaban encargarlle a Boehm esculturas ecuestres para os parques e os xardíns das súas casas señoriais. A súa grande escultura do popular semental King Tom (1874) foi encargada polo barón Mayer Amschel de Rothschild para a súa nova mansión, Mentmore Towers, en 1873, e logo trasladouse a Dalmeny House, preto de Edimburgo, en 1982.[7][8] Entre as súas grandes obras de animais está tamén The Young Bull and Herdsman ("O touro novo e o pastor"), de 1871, situada na Real Sociedade Agraria de Victoria, en Melbourne. The Horse and His Master ("O cabalo e o seu amo"), de 1874 —ás veces coñecida como A Clydesdale Stallion Rearing ("Cría dun semental Clydesdale"), en Malvern e Brueton Park en Solihull, Midlands do Oeste, foi exposta na Royal Academy en 1874 e na Exposición Universal de París de 1878.[9] Esta obra foi adquirida por Oliver Bird, neto do industrial e químico Alfred Bird, por 300 libras esterlinas en abril de 1944, e logo doada ao municipio de Solihull para que a colocase nun dos seus parques.[10][11]
En 1869, o traballo de Boehm chamou a atención da raíña Vitoria e o artista conseguiu axiña gañar o favor da corte real.[2] En 1871 realizou unha estatua de Vitoria en mármore para o castelo de Windsor que, xunto co monumento do daquela príncipe Eduardo na capela de San Xurxo do mesmo castelo, se consideran as súas primeiras grandes obras.[5][12] En total, ao longo da súa carreira artística, Boehm realizou máis de corenta encargas procedentes da corte británica.[2] Entre outras, foi comisionado para crear novas estatuas de Vitoria con motivo do seu Xubileu de Ouro —os 50 anos de reinado—, varias das cales eran réplicas, unha práctica común e aceptada na época. Vitoria deixou clara a súa aprobación do traballo de Boehm ao inaugurar en persoa as súas estatuas en Windsor e de Balmoral, o que aumentou o atractivo da súa obra para as autoridades locais e coloniais, que adoitaban encargar este tipo de monumentos.[13]
No seu estudio de Londres, que mantivo ao longo da súa traxectoria artística, Boehm creou unha obra moi prolífica, entre a que se contan polo menos cincuenta e sete estatuas e monumentos públicos.[2] En total, se atribúenselle a Boehm máis de 350 esculturas.[13] En 1874, o artista terminou unha importante estatua de John Bunyan (1628-1688) que foi inaugurada o 10 de xuño en St Peter's Green, Bedford, ante unha multitude de 10.000 persoas. De entre as numerosas estatuas de Boehm en Londres, a ecuestre do duque de Wellington en Hyde Park Corner, inaugurada en 1888, encargóuselle para compensar a retirada da colosal escultura do duque, obra de Matthew Cotes Wyatt, desde o veciño Wellington Arch ata a vila de Aldershot.[15][16]
Os deseños de Boehm utilizáronse para unha serie de medallas cuñadas co gallo de conmemorar diversos acontecementos do reinado de Vitoria, entre eles o Xubileu de Ouro (1887), o Xubileu de Diamante (1897) e a visita a Irlanda en 1900. En 1887, Boehm deseñou tamén e gravou o modelo para os cuños dunha serie de moedas conmemorativas do Xubileu de Ouro da Raíña, que levan as súas iniciais J.E.B. no truncamento do ombreiro no busto real do anverso. Este deseño foi duramente criticado por diversos motivos, tanto polos seus colegas como pola poboación, e substituíuse na circulación en 1893.[17]
Os primeiros bustos creados por Boehm levárono máis adiante, na súa carreira, a realizar un total de cincuenta e sete monumentos eclesiásticos e obras conmemorativas, incluídas varias en catedrais británicas.[2] Para o monumento ao xeneral Charles George Gordon na catedral de San Paulo, esculpiu unha efixie de Gordon deitado nun sarcófago.[18] Á morte do deán Stanley, Boehm recibiu a encarga de executar o seu sarcófago na abadía de Westminster. Esta abadía tamén alberga os monumentos de Boehm a lord Beaconsfield e ao vizconde Canning, ademais da súa estatua de mármore do conde de Shaftesbury.[19] O seu monumento ao arcebispo Tait atópase na catedral de Canterbury.[3]
Varias das grande esculturas de Boehm reproducíronse despois en edicións populares en bronce a pequena escala, a modo de estatuíñas, entre elas as figuras de soldados do monumento a Wellington e unha peza de grupo de San Xurxo e o Dragón.[1]
Boehm converteuse en membro asociado da Royal Academy en 1878 e membro de pleno dereito en 1882. En 1881 foi nomeado escultor extraordinario da raíña.[2][13] En 1889 concedéuselle o título de baronete de Wetherby Gardens, na parroquia de St Mary Abbots, Kensington, no condado de Londres.[20]
Na súa faceta máis altruísta, Boehm apoiou e animou a varios artistas e escultores novos, sobre todo a Édouard Lantéri, Alfred Gilbert e Alfred Drury. En concreto, contribuíu a que Gilbert recibise a encarga da fonte conmemorativa de Shaftesbury en Piccadilly Circus, en tanto que Lantéri e Drury traballaron no estudio de Boehm durante un tempo.[19]
A alumna máis famosa de Boehm foi a princesa Luísa, duquesa de Argyll, filla da raíña Vitoria.[1][21] Ela estaba presente na casa de Boehm, no número 76 de Fulham Road, Londres, cando este morreu repentinamente o 12 de decembro de 1890, o que provocou especulacións na prensa acerca dunha probable relación sexual entre eles.[22] Segundo a historiadora Lucinda Hawksley, ambos mantiveron unha longa relación amorosa.[23]
Hai un monumento a Boehm na cripta da catedral de San Paulo de Londres.[24]
Escolma de obras
editarMoedas e medallas
editar-
Medalla do Xubileu de Ouro de Vitoria. R/ (1887).[28]
-
Medalla utilizada para o Xubileu de Ouro (1887) e o de Diamante (1897) de Vitoria. A/.
Escultura pública
editar1870-1879
editarImaxe | Motivo / título | Situación actual | Datación | Tipo e material |
---|---|---|---|---|
Raíña Vitoria [12] |
Gran vestíbulo, Castelo de Windsor. | 1871 | Estatua sedente en pedestal. Mármore. | |
King Tom [7] |
Dalmeny House, preto de Edimburgo. | 1873 | Estatua equina sobre zócolo. Bronce. | |
John Bunyan [30][31] |
Rúa St Peter, Bedford. | 1874 | Estatua en pedestal e paneis. Bronce e granito. | |
The Horse and His Master [11] |
Malvern and Brueton Park, Solihull. | 1874 | Grupo escultórico ecuestre en pedestal. Bronce e pedra. | |
Horse and Groom [32] |
Corte en Eaton Hall, Cheshire. | Ca. 1875 |
Grupo escultórico ecuestre en pedestal. Bronce e granito. | |
Elizabeth Russell [33][34] |
Galería de escultura, Woburn Abbey, Bedfordshire. | 1875 | Estatua en pedestal. Bronce dourado e mármore. | |
John Fox Burgoyne [31][35][36] |
Waterloo Place, Londres. | 1877 | Estatua en pedestal. Bronce e pedra. | |
Leopoldo I de Bélxica [37] |
Capela de San Xurxo, castelo de Windsor. | 1878 | Grupo escultórico en relevo. Mármore. | |
John Russell [38] |
Abadía de Westminster, Londres. | > 1878 |
Busto. Mármore. | |
Eduardo VII [39][40] |
Jijamata Udyaan, Bombai. | 1879 | Estatua ecuestre en pedestal. Bronce. |
1880-1884
editarImaxe | Motivo / título | Situación actual | Datación | Tipo e material |
---|---|---|---|---|
John Russell [41] |
Palacio de Westminster, Londres. | 1880 | Estatua en pedestal. Mármore. | |
Raíña Vitoria [31][42] |
Temple Bar, Londres. | 1880 | Estatua en nicho. Pedra. | |
Eduardo VII [31][42] |
Temple Bar, Londres. | 1880 | Estatua en nicho. Pedra. | |
Fonte a G. Whyte-Melville [43] |
Market Street, St Andrews. | 1880 | Os catro medallóns da fonte. Granito. | |
Stratford Canning [44] |
Abadía de Westminster, Londres. | > 1880 |
Estatua en pedestal. Mármore. | |
Thomas Carlyle [31][35][45] |
Chelsea Embankment, Londres. | 1882 | Estatua sedente en pedestal. Granito. | |
John Brown [46] |
Castelo de Balmoral, Aberdeenshire. | 1883 | Estatua en pedestal. Bronce. | |
Henry J. Stephen Smith [47] |
Museo de Hª Natural. Universidade de Oxford. | 1883 | Busto. Mármore. | |
Francis Drake [31][48] |
Plymouth Road, Tavistock, Devon. | 1883 | Estatua en pedestal. Bronce e granito. | |
Francis Drake [31][49] |
Plymouth Hoe, Plymouth. | 1884 | Estatua en pedestal. Bronce e granito. | |
William Tyndale [35][50] |
Victoria Embankment, Londres. | 1884 | Estatua en pedestal. Bronce e pedra. | |
Benjamin Disraeli [51][52] |
Abadía de Westminster, Londres. | 1884 | Estatua en pedestal. Mármore | |
Arthur Penrhyn Stanley [53] |
Capela Henrique VII. Abadía de Westminster, Londres. | 1884 | Tumba de altar con efixie. Alabastro e mármore. |
1885-1889
editarImaxe | Motivo / título | Situación actual | Datación | Tipo e material |
---|---|---|---|---|
A. Campbell Tait [54][55] |
Catedral de Canterbury. | 1885 | Efixie do cenotafio. Mármore. | |
Charles Darwin [56][57] |
Museo de Hª Natural, Londres. | 1885 | Estatua sedente. Mármore. | |
M. Thomas Bass [31][58] |
Wardwick, Derby. | 1885 | Estatua en pedestal. Bronce e pedra. | |
John Lawrence [31][35][59] |
Waterloo Place, Londres. | 1885 | Estatua en pedestal. Bronce e granito. | |
Fonte a Herbert Stewart [60] |
Hans Place, Knightsbridge. | 1886 | Medallón na fonte. Bronce. | |
Raíña Vitoria [61][62] |
Castelo de Balmoral, Aberdeenshire. | 1887 | Estatua en pedestal. Bronce e granito. | |
Stafford Northcote [63][64] |
Northernhay Gardens, Exeter. | 1887 | Estatua en pedestal. Pedra e granito. | |
Raíña Vitoria [13][31][65][66] |
Castle Hill, Windsor, Berkshire. | 1887 | Estatua en pedestal. Bronce e granito. | |
Alberte, consorte [67] |
Windsor Great Park, Berkshire. | 1887 | Estatua ecuestre en pedestal. Bronce e granito. | |
Raíña Vitoria [13][68] |
Queen's Square, Sydney. | 1888 | Estatua en pedestal. | |
St George and the Dragon [69][70] |
Biblioteca Estatal de Victoria, Melbourne. | 1888 | Grupo escultórico ecuestre en pedestal. Bronce e granito. | |
Arthur Wellesley [31][71] |
Hyde Park Corner, Londres. | 1888 | Estatua ecuestre en pedestal con figuras. Bronce e pedra. | |
Raíña Vitoria [13][31][72][73] |
College Green, Bristol. | 1888 | Estatua en pedestal. Mármore, granito e bronce. | |
John Elder [74] |
Elder Park, Govan, Glasgow. | 1888 | Estatua en pedestal. Bronce e granito. | |
Duque de Buccleuch [75] |
West Parliament Square, Edimburgo. | 1888 | Estatua en pedestal e chanzos. Bronce e pedra. | |
Anthony Ashley Cooper [76] |
Abadía de Westminster, Londres. | 1888 | Estatua en pedestal. Mármore. | |
Charles Darwin [77] |
Abadía de Westminster, Londres. | 1888 | Busto en medallón. Bronce. | |
Charles George Gordon [18][78] |
Catedral de San Paulo, Londres. | Ca. 1885 |
Efixie en zócolo. Bronce, mármore, latón e pedra. | |
Herbert Stewart [78] |
Catedral de San Paulo, Londres. | Ca. 1885 |
Panel en relevo. Bronce. |
Despois de 1890
editarImaxe | Motivo / título | Situación actual | Datación | Tipo e material |
---|---|---|---|---|
Thomas Carlyle [79] |
Ecclefechan, Dumfries and Galloway. | 1882 | Estatua sedente en pedestal. Bronce e pedra. | |
Raíña Vitoria [13][80][81] |
Langalibalele St, Pietermaritzburg, Suráfrica. | 1890 | Estatua en pedestal. Mármore e pedra. | |
Barón Napier de Magdala [35][82][83] |
Queen's Gate, Kensington, Londres. | 1891 | Estatua ecuestre en pedestal. Bronce e granito. | |
Cabalo [70][84] |
Waddesdon Manor, Buckinghamshire. | 1890 1891 |
Estatua ecuestre pedestal. Bronce e pedra. |
Outras obras
editar- Bustos de mármore de Charles Thomas Newton (1863) e de Austen Henry Layard (1890), ambos no Museo Británico.[85]
- Estatua de bronce de Thomas Baring, primeiro conde de Northbrook, en Old Flagstaff House, Barrackpore, India.[40]
- Estatua de bronce da raíña Vitoria, réplica da do castelo de Windsor, erixida en 1887, no parque Chapeauk, Chennai.[40]
- Estatua de Robert Napier, primeiro barón Napier de Magdala, completada en 1880, en Barrackpore, India.[40]
- Busto de mármore de Fanny Georgiana Jane McKay (1890), no hospital Cama, Bombai.[40]
- Estatua de bronce de Lord Dufferin (1891). Trasladada a principios da década de 1970 desde o seu lugar orixinal en Dufferin Road, Calcuta, ata outro lugar descoñecido.[40]
- Estatua de Ashley Eden, erixida en 1887 na praza Dalhousie, en Calcuta, e trasladada na década de 1970.[40]
- Estatua de mármore de John Lawrence, primeiro barón Lawrence, antigo vicerrei da India, erixia ca. 1882 en Londres e trasladada ao Foyle College, en Irlanda.[40]
- Busto de Frank Holl na cripta da Catedral de San Paulo, en Londres.[86]
- Efixie de mármore de Walter Montagu Douglas Scott, quinto duque de Buccleuch, na igrexa de Santa María, Dalkeith, comezada por Boehm e completada por Alfred Gilbert en 1892.[87]
- Estatua de mármore de Louisa, marquesa de Waterford, no castelo de Highcliffe, Christchurch, Dorset.
- Dous anxos de mármore na igrexa de St Bartholomew, Corsham, Wiltshire (ca. 1875).
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mackay, J. (1977).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "Sir (Joseph) Edgar Boehm Bart, RA Arquivado 26 de marzo de 2023 en Wayback Machine.". Mapping of Sculpture (sculpture.gla.ac.uk).
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Armstrong, W. (1901).
- ↑ 4,0 4,1 "Sir Joseph Edgar Boehm, 1st Bt (1834-1890), Sculptor". National Portrait Gallery (NPG.org.uk/).
- ↑ 5,0 5,1 Hugh, C. (ed.) (1911).
- ↑ Stephen, Leslie (1898). "Thackeray, William Makepiece". En Lee, Sidney (ed.). Dictionary of National Biography. Vol. 56. Smith, Elder & Co., Londres. Páxina 103.
- ↑ 7,0 7,1 "Dalmery". Historic Environment Scotland (Portal.historicenvironment.scot).
- ↑ "Event ID 613772". Canmore.org.uk
- ↑ Paris Universal Exhibition of 1878, Catalogue of the British Fine Art Section. Londres, 1878. Páxina 46.
- ↑ The Birmingham Daily Post. 16 de marzo de 1944. Páxina 1.
- ↑ 11,0 11,1 Historic England. "Statue of The Horse and His Master in Malvern Park (1342851)". National Heritage List for England.
- ↑ 12,0 12,1 "Queen Victoria (1819-1901) Signed & dated 1871". Royal Collection Trust (RCT.uk).
- ↑ 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 13,5 13,6 Droth, M. et al. (2014). Sculpture Victorious: Art in the Age of Invention, 1837-1901. Yale University Press. ISBN 9780300208030
- ↑ "Sir Joseph Edgar Boehm, 1st Bt". National Portrait Gallery (Npg.org.uk).
- ↑ Historic England. "Wellington Monument (1231514)". National Heritage List for England.
- ↑ "Hyde Park Corner". En The Times. 21 de xullo de 1884. Páxina 10.
- ↑ Forrer, L. (1904).
- ↑ 18,0 18,1 Dimock, A. (1900). The Cathedral Church of St. Paul An Account of the Old and New Buildings with a Short Historical Sketch. George Bell and Sons, Londres.
- ↑ 19,0 19,1 Beattie, S. (1983). The New Sculpture. Yale University Press. ISBN 0300033591
- ↑ "No. 25953". En The London Gazette. 12 de xullo de 1889. Páxina 3.779.
- ↑ "Princess Louise: The career of a royal artist, part 4". En Historyscotland.com. 25 de marzo de 2019.
- ↑ Stocker, M. ( 2004). "(Joseph) Edgar Boehm". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press.
- ↑ Hawksley, L. (2013). Queen Victoria's Mysterious Daughter. Capítulo 9. St. Martin's Press. ISBN 978-1250059321
- ↑ Sinclair, W. (1909). Memorials of St Paul's Cathedral. Chapman & Hall, Londres. Páxina 469.
- ↑ "1 Sovereign - Victoria 2nd portrait". Numista.com
- ↑ "The New Zealand Medal, granted by Queen Victoria, after 1866". Metropolitan Museum of Art (Metmuseum.org).
- ↑ "Commemoration Medal for Thomas Carlyle". Los Angeles County Museum of Art (Collections.lacma.org).
- ↑ "Jubilee of Queen Victoria, 1887". Metropolitan Museum of Art (Metmuseum.org).
- ↑ Cole, H. N. (1977). Coronation and Royal Commemorative Medals. J. B. Hayward & Son, Londres. Páxinas 11-15.
- ↑ Historic England. "Bunyan Monument (1128992)". National Heritage List for England.
- ↑ 31,00 31,01 31,02 31,03 31,04 31,05 31,06 31,07 31,08 31,09 31,10 31,11 Darke, J. (1991). The Monument Guide to England and Wales. Macdonald Illustrated. ISBN 0-356-17609-6
- ↑ Historic England. "Equestrian statue and plinth at centre of Stable Yard (1136244)". National Heritage List for England.
- ↑ "British bronze sculpture founders and plaster figure makers, 1800-1980, E Arquivado 01 de setembro de 2023 en Wayback Machine.". National Portrait Gallery.
- ↑ Historic England. "Statue known as the Gilded Duchess, approximately 120 metres south of Sculpture Gallery (1321669)". National Heritage List for England.
- ↑ 35,0 35,1 35,2 35,3 35,4 Blackwood, J. (1989). London's Immortels. The Complete Outdoor Commemorative Statues. Savoy Press. ISBN 0951429604
- ↑ Historic England. "Statue of Sir John Fox Burgoyne (1066144)". National Heritage List for England.
- ↑ Historic England. "General view of the King Leopold of Belgium monument [...]". Historic England.
- ↑ "John, Earl Russell". Westminster Abbey.
- ↑ Lee, S. (1912). "Edward VII". En Dictionary of National Biography (2nd supplement). Vol. 1. Smith, Elder & Co. Londres. Páxina 608.
- ↑ 40,0 40,1 40,2 40,3 40,4 40,5 40,6 40,7 Steggles, M. A.; Barnes, R. (2011). British Sculpture in India: New Views & Old Memories. Frontier Publishing. ISBN 9781872914411
- ↑ Hay, M.; Riding, J. (1996). Art in Parliament - The Permanent Collection of the House of Commons. Jarrod Publishing & The Palace of Westminster. ISBN 0-7117-0898-3
- ↑ 42,0 42,1 Historic England. "Temple Bar Memorial in centre of road (1264445)". National Heritage List for England.
- ↑ "Market Place, Melville Memorial Fountain (Category B Listed Building) (LB40724)". Historic Environment Scotland.
- ↑ "George, Charles and Stratford Canning". Westminster Abbey.
- ↑ Historic England. "Statue of Thomas Carlyle, Embankment Gardens (1080715)". National Heritage List for England.
- ↑ "Balmoral Castle, Statue of John Brown (Category A Listed Building) (LB51493)". Historic Environment Scotland.
- ↑ "Professor Henry John Stephen Smith". Victoria and Albert Museum (Collections.vam.ac.uk).
- ↑ Historic England. "Statue of Sir Francis Drake (1326211)". National Heritage List for England.
- ↑ Historic England. "Drake statue (1386462)". National Heritage List for England.
- ↑ Historic England. "Statue of William Tyndale (1357350)". National Heritage List for England.
- ↑ "Statue of Disraeli Arquivado 23 de xullo de 2022 en Wayback Machine.". The Courtauld Institute of Art.
- ↑ "Benjamin Disraeli". Westminster Abbey.
- ↑ "Arthur and Augusta Stanley". Westminster Abbey.
- ↑ "Folded hands of Archibald Campbell Tait, Archbishop of Canterbury". Victoria and Albert Museum.
- ↑ "Archibald Campbell Tait (1811-1882)". Canterbury Historical and Archaeological Society.
- ↑ "Unveiling the statue of the late Charles Darwin in the Natural History Museum, South Kensington". En The Graphic. 20 de xuño de 1885. Páxinas 621-622.
- ↑ Sibley, A. "Darwin’s statue, racism, and the Natural History Museum, London". Ceration.com
- ↑ Historic England. "Statue of MT Bass (1229897)". National Heritage List for England.
- ↑ Historic England. "Statue of Lord Lawrence (1066146)". National Heritage List for England.
- ↑ "Fountain: Herbert Stewart monument". London Remembers.
- ↑ "Balmoral Estate, Statue of Queen Victoria (120829)". Canmore.org.uk
- ↑ "Balmoral Castle, Statue of Queen Victoria (Category A Listed Building) (LB51495)". Historic Environment Scotland
- ↑ Historic England. "Statue of Lord Iddesleigh (1267606)". National Heritage List for England.
- ↑ "Stafford Henry Northcote Statue". Exeter Memories (exetermemories.co.uk). 5 de xuño de 2009.
- ↑ Historic England. "Queen Victoria's Statue (1281362)". National Heritage List for England.
- ↑ "Statue of Queen Victoria 1887". Yale Centre for British Art
- ↑ Historic England. "Statue of Albert, Prince Consort (1323670)". National Heritage List for England.
- ↑ "Statue of Queen Victoria 1888". Yale Centre for British Art
- ↑ Lynch, A. ( 2004). "St George and the Dragon, State Library of Melbourne". Medievalism in Australian Cultural Memory. 9 de setembro.
- ↑ 70,0 70,1 Stocker, M. (1988).
- ↑ Historic England. "Wellington Monument (1231514)". National Heritage List for England.
- ↑ Historic England. "Queen Victoria Statue (1355171)". National Heritage List for England.
- ↑ "Statue of Queen Victoria 1888". Yale Centre for British Art.
- ↑ "Elder Park, Statue of John Elder (Category B Listed Building) (LB33305)". Historic Environment Scotland.
- ↑ "High Street, Memorial to Walter Francis, 5th Duke of Buccleuch and 7th Duke of Queensberry (Category A Listed Building) (LB27844)". Historic Environment Scotland.
- ↑ "Anthony Ashley-Cooper, 7th Earl of Shaftesbury". Westminster Abbey.
- ↑ "Charles Darwin". Westminster Abbey.
- ↑ 78,0 78,1 Edwards, J.; Harris, A.; Sullivan, G. (2021). Monuments of St Paul's Cathedral 1796-1916. Scala Arts & Heritage Publishers Ltd. ISBN 978-1-78551-360-2
- ↑ "Ecclefechan Village, statue of Thomas Carlyle (on The Higgs) (Category B Listed Building) (LB10047)". Historic Environment Scotland.
- ↑ "Queen Victoria Statue[Ligazón morta]". South African Heritage Resources Agency.
- ↑ "Statue of Queen Victoria". Yale Center for British Art.
- ↑ Historic England. "Statue of Lord Napier of Magdala in centre of roadway at North end next to Kensington Road (1265357)". National Heritage List for England.
- ↑ Historic England. "Statue of Field Marshal Lord Napier (1224311)". National Heritage List for England.
- ↑ Historic England. "Statue of horse to centre of stable courtyard (1159341)". National Heritage List for England.
- ↑ Dawson, A. (1999). Portrait Sculpture A Catalogue of the British Museum collection c. 1675-1975. British Museum Press. ISBN 0714105988
- ↑ "Monument to Frank Holl Arquivado 07 de maio de 2023 en Wayback Machine.". The Courtauld Institute of Art.
- ↑ "Dalkeith Park, St Mary's Episcopal Chapel, with lamp standard (Category A Listed Building) (LB1441)". Historic Environment Scotland.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joseph Edgar Boehm |
Bibliografía
editar- Armstrong, W. (1901). "Boehm, Joseph Edgar". En Lee, Sidney (ed.). Dictionary of National Biography (1st supplement). Smith, Elder & Co., Londres. Páxinas 229-230.
- Forrer, L. (1904). "Boehm, Sir Joseph Edgar, Bart., R. A.". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol. 1. Spink & Son, Londres. Páxinas 204-205.
- Hugh, C. (ed.) (1911). "Boehm, Sir Joseph Edgar" . En Encyclopædia Britannica (11ª ed.). Cambridge University Press. Páxina 112.
- Mackay, J. (1977). The Dictionary of Western Sculptors in Bronze. Antique Collectors' Club. ISBN 0902028553
- Stocker, M. (1988). Royalist and Realist: The Life and Work of Sir Joseph Edgar Boehm. Garland. ISBN 0824000935
Ligazóns externas
editar- Obras de Joseph Edgar Boehm en ArtUK.org
- Obras de Joseph Edgar Boehm en Paul Mellon Centre Photographic Archive Arquivado 09 de maio de 2023 en Wayback Machine.
Predecesor: Leonard Charles Wyon |
Moedas da libra esterlina Autores dos anversos 1887 - 1893 |
Sucesor: Thomas Brock |