St Andrews

vila da costa leste de Escocia

Coordenadas: 56°20′25″N 2°47′44″O / 56.3404, -2.7955

St Andrews, (en latín: S. Andrea(s); en scots: Saunt Aundraes;[1] en escocés: Cill Rìmhinn)[2] situada na costa leste de Escocia, no condado de Fife, é unha das cidades máis antigas e historicamente importantes de Escocia, malia o seu reducido tamaño. Nela atópase a Catedral de St Andrews, no presente derruída (que no seu tempo foi a máis grande de Escocia), un castelo, igualmente derruído, e unha das universidades máis antigas e prestixiosas do Reino Unido. Ademais, St Andrews é considerado como "o berce do golf", xa que nela atópanse o Royal and Ancient Golf Club of St Andrews -o club de golf máis antigo do mundo- e o Old Course de St Andrews, tamén un dos campos máis antigos.

St Andrews
Saunt Aundraes
Cill Rìmhinn
Vistas da cidade
Localización
St Andrews en Escocia
St Andrews
St Andrews
País Reino Unido
Nación constituínteEscocia Escocia
CondadoFife
Demografía
Poboación16.680 hab. (2008)
Outros datos
Código postalKY16
Páxina oficial

Historia editar

 
Catedral de St Andrews.

Os primeiros asentamentos que se localizaron no actual St Andrews pertencen ós pictos, quen o denominaban Kilrymont ou Muckross. A lenda di que San Régulo trouxo até aquí as reliquias de Santo André, patrón de Escocia.

St Andrews recibiu o estatuto de "cidade real" (royal burgh) en 1124, e transformouse en arcebispado en 1466. A súa catedral comezou a construírse no século XII, pero non se concluíu até 1318, durante o reinado de Roberto I de Escocia. Naquel momento era o edificio máis grande de Escocia, e St Andrews, con máis de 14.000 habitantes no século XVI, unha das cidades costeiras máis importantes ó norte de Edimburgo.

Porén, durante a violenta Reforma relixiosa do século XVI, a catedral foi saqueada e quedou en ruínas, e a cidade perdeu gran parte do seu poder e influencia, quedando practicamente arruinada.

No presente, a cidade de St Andrews consta dun pequeno núcleo histórico, constituído principalmente por catro rúas (South Street, Market Street, North Street e The Scores), e unha ampla extensión de vivendas modernas destinadas principalmente ó persoal e os estudantes da Universidade de St Andrews, así como ós xogadores e afeccionados ó golf.

Notas editar

  1. "Scotslanguage.com - Names in Scots - Places in Scotland". 
  2. "Ainmean-Àite na h-Alba (AÀA) – Gaelic Place-names of Scotland". www.gaelicplacenames.org. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 04 de xuño de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar