Govan

distrito e antigo burgo da cidade de Glasgow, Escocia

Coordenadas: 55°51′41″N 4°18′30″O / 55.8615, -4.3083

Govan (en escocés: Baile a' Ghobhainn) é un distrito, parroquia e antigo burgh que no presente forma a parte suroeste da cidade de Glasgow, Escocia. Atópase a 4 quilómetros do oeste do centro da cidade, na beira sur do río Clyde, oposto ó río Kelvin e do distrito de Partick. Historicamente, formou parte do condado de Lanark.

Casa do burgh de Govan.

Segunda unha lenda medieval, Constantino, un rei do século VII de Strathclyde, fundou un mosteiro baixo o control de Columbanus en Govan. Durante a Idade Media, Govan era o lugar dun transbordador que unía a área de Partick para os gandeiros de tempada. Nos séculos XVIII e XIX, as industrias téxtiles e de minaría de carbón foron moi importantes; a comezos do século XIX, emerxeu a construción de barcos como a principal industria da zona. En 1864, Govan acadou o status de burgh, e era o quinto meirande burgh de Escocia. Foi incorporado á cidade de Glasgow en 1912.[1]

NotasEditar

  1. Reevel Alderson (7 de agosto de 2012). BBC News, ed. "How Glasgow annexed Govan and Partick 100 years ago". Consultado o 8 de agosto de 2012.