Columbán de Luxeuil
San Columbán, nado en Navan (Irlanda) en 543 e finado en Bobbio (Italia) o 23 de novembro de 615, foi un misioneiro irlandés destacado pola súa actividade misioneira e evanxelizadora durante a Alta Idade Media. Tamén é coñecido por fundar numerosos mosteiros en Europa, entre os que destacan os mosteiros de Luxeuil (Francia) e Bobbio (Italia), aproximadamente no ano 590.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 543 Leinster (Kingdom of Meath) |
Morte | 23 de novembro de 615 (71/72 anos) Bobbio (Reino longobardo) |
Lugar de sepultura | Abadia de Bobbio (pt) Columbanus grave (en) |
Abade | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo celta |
Actividade | |
Ocupación | monxe, misioneiro, escritor |
Profesores | Comgall (pt) |
Alumnos | Bladulfo (en) |
Orde relixiosa | Q3454227 |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 23 de novembro |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Allgemeine Deutsche Biographie Obálky knih, |
Traxectoria
editarFoi fundador de mosteiros en Francia, Suíza e Italia, levando a cabo un intenso labor misioneiro no que el chamou por vez primeira «toda Europa» (totius Europae).
Difundiu entre os francos a regra monacal céltica, que enfatizaba a confesión privada e confidencial, seguida da penitencia privada para os arrepentidos dos seus pecados. Naquela época estes ritos eran públicos.
Residente nos reinos francos, tivo serias diferenzas coa Igrexa e nobreza francas, debendo abandonar o reino en 612. Trasladouse a Suíza e logo a Lombardía, onde morrería no mosteiro de Bobbio fundado por el.
O Vaticano aprobou oficialmente a San Columbano como o santo patrón dos motociclistas.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Columbán de Luxeuil |