Francisco Asorey

escultor galego (1889-1961)
(Redirección desde «Francisco Asorey González»)

Francisco Hipólito Asorey González, nado en Fefiñáns, Cambados o 4 de marzo de 1889[1] e finado en Santiago de Compostela o 2 de xullo de 1961, comunmente citado como Asorey, foi un escultor galego, considerado un dos renovadores da arte galega, e por algúns críticos como unha das figuras mais relevantes da renovación da arte escultórica española do século XX. Está soterrado no Panteón de Galegos Ilustres.

Francisco Asorey
Nacemento4 de marzo de 1889
Lugar de nacementoFefiñáns
Falecemento2 de xullo de 1961
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
SoterradoPanteón de Galegos Ilustres
NacionalidadeEspaña
OcupaciónEscultor
Coñecido porMonumento ó Tenente Coronel Teijeiro, Monumento ao aviador Joaquín Loriga, Monumento a San Francisco, Monumento a Curros Enríquez, Monumento a Ramón María Aller, Monumento a Manuel Graña González, Monumento a José Félix Soage Villarino, Monumento a García Barbón, Monumento a Vicente Carnota, Monumento ó médico Maximino Rodríguez Fornos e Monumento a Manuel Barreiro Cabanelas
Na rede
BUSC: asorey-francisco-1889-1961
editar datos en Wikidata ]

Francisco Asorey será homenaxeado no Día das Artes Galegas de 2024.[2]

Traxectoria editar

Nado en Fefiñáns, na mesma localidade onde nacera 13 anos antes Ramón Cabanillas, na casa onde a súa familia tiña o seu negocio de teas localizada na rúa que daquela se chamaba Rúa do Sol e actualmente coñecida como Praza de Francisco Asorey. A casa familiar foi vendida por mor das débedas no ano 1895. Estudou no colexio dos Salesianos en Sarrià (Barcelona) e logo foi profesor de debuxo na escola que tiñan en Barakaldo (Biscaia). Despois viviu uns anos en Madrid, onde entra en contacto co ambiente artístico da capital, que non lle agrada moito, alí coñece e fai moita amizade co pintor Julio Romero de Torres e empeza os seus primeiros traballos artísticos de relevancia.

 
Asorey ós 25 anos, á dereita, no seu estudio da Caramoniña rematando o busto do fotógrafo Enrique Guerra.[3]

En 1918 gaña por oposición a praza de escultor anatómico da facultade de Medicina de Santiago de Compostela, cidade á que se traslada definitivamente a vivir. Alí casa con Jesusa Ferreiro na década de 1920 e monta un taller de escultura na rúa Caramoniña (xunto ao convento de San Domingos de Bonaval). Deste taller saen as obras en madeira policromada tituladas Picariña, Naiciña, O Tesouro, Ofrenda a San Ramón, A Santa e San Francisco (1ª medalla da Exposición Nacional de Belas Artes de Madrid).

Na década de 1930 traslada o taller a Santa Clara por necesidades de espazo. Alí fixo os grandes monumentos de Loriga, Curros Enríquez, Virxe de Tanxil... A represión da guerra civil lévalle a moitos dos seus amigos (como Camilo Díaz Baliño) e el vive eses anos nun plano discreto; adáptase á nova situación e segue traballando, facendo en moitos casos obras para as autoridades franquistas co vocabulario propagandístico que se lle esixe pero tamén afronta encargas de gran calidade, como a Piedade para o Panteón do Centro Galego de Bos Aires, o monumento ao Padre Feijoo no Mosteiro de Samos, o monumento a Ramón Aller en Lalín ou a magnífica talla en madeira do Cristo da igrexa de Santa María de Moiá en Barcelona.

En 1957 foi nomeado académico de honra da Real Academia Galega.[4].

Obra (selección) editar

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Partida de nacemento". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2013. Consultado o 23 de abril de 2013. 
  2. "O Día das Artes Galegas 2024 será para Francisco Asorey". Galicia Confidencial. Consultado o 2023-07-04. 
  3. Imaxe publicada na revista Vida Gallega, 1914.
  4. "Membros de honra". Real Academia Galega. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar