Monumento a San Francisco

monumento en Santiago de Compostela

Coordenadas: 42°52′59″N 8°32′43″O / 42.883038888889, -8.545375

O Monumento a San Francisco é unha obra realizada entre 1926 e 1930 do escultor galego Francisco Asorey e situada na zona antiga de Santiago de Compostela, no lugar coñecido como o Val de Deus, diante da igrexa do Convento de San Francisco do Val de Deus.

Monumento a San Francisco
Monumento a San Francisco
Presentación
LocalizaciónSantiago de Compostela
DirecciónVal de Deus
TipoEscultura
Construción
Data da construción1926-1930
Equipo
EscultorFrancisco Asorey

Con este monumento procurábase a conmemoración do VII centenario da morte do Santo de Asís.

Descrición editar

Estrutúrase en forma de cruz de 12 metros de altura apoiada nunha base con catro metros de lado. A lectura da iconografía representada está pensada para facelo verticalmente, de abaixo a arriba, mostrando unha linguaxe onde xoga co equilibrio entre o alegórico das imaxes e a rugosidade natural, abstracta e xeométrica das pedras de granito, pedras que simbolizan o cordón da Orde de San Francisco. Ocupa o ligar central o santo cos brazos abertos protexido por un crucificado.

O profesor Ramón Otero Túñez considérao como:

o máis grandioso dos cruceiros galegos e un modelo inestimable da fusión de estéticas primitivista e románicas, revisitadas baixo o ollo da modernidade.[1]

No ano 2013, e como preparación para a conmemoración dos 800 anos da peregrinación de Francisco de Asís a Compostela, foi restaurado. Consolidouse a pedra e limpiouse[2].

Notas editar

  1. Xosé Antón Castro, 100 obras mestras da Arte Galega. Arte Contemporánea. (1996). Nigra Arte. Vigo.
  2. "Finalizan as obras de restauración do monumento a San Francisco", artigo en Noticieiro Galego, 2 de agosto de 2013.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar