Estación de Lleida-Pirineus
Lleida–Pirineus é a estación de ferrocarril de Adif da cidade de Lleida. É un importante eixo de comunicación entre o interior da Península Ibérica e as grandes cidades do Corredor Mediterráneo e a fronteira francesa.
Lleida–Pirineus | |
---|---|
Vista exterior da estación | |
Situación | Lleida |
Servizos | |
Liñas | |
Alta velocidade | AVE, Avant |
Longa Distancia | Alvia, Trenhotel |
Media distancia | |
Intermodalidade | |
Bus | |
Outros | FGC |
A estación consta de dous edificios, o antigo e o anexo recentemente construído para a chegada do tren de alta velocidade. Ademais dispón dun cambiador de ancho para material de Talgo actualmente sen uso.
Situación ferroviaria
editarDentro da rede clásica, Lleida-Pirineus atópase nun importante nó ferroviario no que conflúen as seguintes liñas:
- Liña férrea de ancho ibérico Madrid-Barcelona, punto quilométrico 183,6.[1] A quilometraxe deste trazado sofre varios reinicios, un deles en Zaragoza, ao basearse en antigos trazados que combinados dan lugar á liña entre as dúas cidades.
- Liña férrea de ancho ibérico Lleida-La Pobla de Segur, punto quilométrico cero.[1]
- Liña férrea de ancho ibérico Lleida-L'Hospitalet de Llobregat, punto quilométrico 183,6.[1] Aínda que esta liña parte de Lleida, o seu quilómetro cero atópase en Zaragoza.
Ademais forma parte da liña férrea de alta velocidade que une Madrid con Barcelona e que continúa ata a fronteira con Francia, punto quilométrico 442,1.[2]
Historia
editarO ferrocarril chegou a Lleida o 30 de maio de 1860 coa apertura do tramo Lleida-Manresa da liña férrea que pretendía conectar Zaragoza con Barcelona. As obras correron a cargo da Compañía do Ferrocarril de Barcelona a Zaragoza.[3] Buscando mellorar tanto a ligazón da liña con outros trazados, así como a súa saúde financeira, a compañía decidiu en 1864 unirse coa empresa que xestionaba a liña férrea que enlazaba Zaragoza con Pamplona dando lugar á Compañía dos Ferrocarrís de Zaragoza a Pamplona e a Barcelona.[3]
Un ano despois, en 1865, iniciouse a construción da liña Tarragona-Lleida que non completou o seu último tramo entre Juneda e Lleida ata maio de 1879. As obras neste caso corresponderon á Compañía do Ferrocarril de Lleida a Reus e Tarragona. A precaria situación económica de ambas as compañía facultou que a poderosa Norte se fixera con ambas as entre 1878 e 1885.
Máis tardía é a liña Lleida-La Pobla de Segur xa que a mesma iniciouse entre a cidade ilerdense e Balaguer en 1922, impulsada polo propio Estado dentro do ambicioso plan de liñas transversais que ideara o directorio de Primo de Rivera e que ao cabo só logrou completar o xa mencionado trazado.[4]
En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición de Norte e a creación de RENFE que xestionou desde ese momento a estación de Lleida.
En 1997 o edificio, que data de principios do século XX foi restaurado recuperando o estado orixinal da súa fachada sur, a principal, e mellorando a súa ordenación interior. Estas obras tiveron continuación no 2003 cunha modificación de maior calado froito da adaptación das instalacións á chegada da alta velocidade á cidade. Dotouse dunha moderna marquesiña que xerou críticas debido á súa difícil integración co clásico edificio para viaxeiros.[5] A chegada do AVE xerou tamén un cambio de nome do recinto que pasou a chamarse Lleida-Pirineus.
A estación
editarA estación atópase ao norte da cidade, fronte á Plaça Ramon Berenguer. Posúe dúas partes claramente diferenciadas: a parte clásica, palacio de estilo francés de principios do século XX, e os engadidos realizados en 2003.
O edificio para viaxeiros é de planta rectangular. Está formado por un corpo central de tres alturas dividido en tres bloques con dous torreóns de maior altura en ambos os extremos. En total alcanza unha lonxitude aproximada de 68 metros e unha altura de 19 metros. Sobre esa base aséntase a parte nova caracterizada nunha ampla marquesiña de vidro e metal formada por ondas que cobre as vías e plataformas do recinto.
Baixo a marquesiña sitúanse tres vías de ancho ibérico e cinco de ancho UIC.[2] Destas últimas dúas son terminais e reciben os trens que proveñen de Tarragona. Para acceder a todas elas a estación está dotadas de catro plataformas, unha lateral e tres centrais, todas elas practicamente cubertas e accesibles grazas a pasos subterráneos e ascensores fóra da vía 1.[2] Máis vías de ancho ibérico sen uso para viaxeiros completan as instalacións.
O recinto conta con venda de billetes, puntos de información, atención ao cliente, cafetería, hotel, alugamento de coches, aseos e diversos locais comerciais. No exterior hai varios aparcadoiros habilitados, así como paradas de autobuses urbanos.
Servizos ferroviarios
editarLiña | Estación > | Destino/orixe | ||
---|---|---|---|---|
Media Distancia Renfe | ||||
Puigverd de Lleida Juneda |
Barcelona-Estació de França Barcelona-Sant Andreu Comtal | |||
Bell-lloc d'Urgell | Cervera L'Hospitalet de Llobregat | |||
Binéfar | Zaragoza-Delicias | |||
Avant | Camp de Tarragona | Barcelona-Sants | ||
Liña Lleida-La Pobla de Segur de FGC | ||||
FGC | Alcoletge | Balaguer La Pobla de Segur |
Alta velocidade e longa distancia
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Ministerio de Fomento. "Red ferroviaria española" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2013. Consultado o 10 de decembro de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Lleida Pirineus". www.trenscat.com. Consultado o 2023-05-07.
- ↑ 3,0 3,1 Zaragoza a Barcelona Arquivado 14 de decembro de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway
- ↑ Lleida a Balaguer y La Pobla de Segur Arquivado 09 de marzo de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway
- ↑ "La marquesina de la nova estació del TGV a Lleida genera l'oposició dels veïns". CCMA (en catalán). 2002-08-16. Consultado o 2023-05-07.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Información da estación en adif.es Arquivado 11 de xuño de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)