Liña Lleida-La Pobla de Segur
A liña Lleida-La Pobla de Segur é unha liña de ferrocarril que une Lleida, Balaguer, Tremp e La Pobla de Segur, en Cataluña, conectando a chaira de Lleida co Prepireneo.

Foi inaugurada entre Lleida e Balaguer en 1924 e en 1951 chegou ata La Pobla de Segur. Dende 2005 é propiedade de Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya, que en 2016 asumiu tamén a súa operación coa compra de unidades de tren propias.
Hai 10 servizos diarios por sentido entre Lleida e Balaguer; 6 deles da liña RL1, que finalizan o seu percorrido en Balaguer, e os 4 restantes da liña RL2, que continúan ata La Pobla de Segur. O 70% dos usuarios concéntrase no tramo Lleida-Balaguer. Ademais, ofrécese un servizo turístico baixo a marca Tren dels Llacs (Tren dos Lagos).
Tárdanse uns 26 minutos en percorrer o trazado entre Lleida e Balaguer, e ata 1 hora e 35 minutos en percorrer integramente o traxecto ata La Pobla.
Liñas
editarHai dúas liñas:
- RL1: servizo de proximidades entre as estacións de Lleida-Pirineus e Balaguer.
- RL2: servizo rexional entre as estacións de Lleida-Pirineus e La Pobla de Segur.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Liña Lleida-La Pobla de Segur |
- Sitio web oficial Arquivado 24 de febreiro de 2015 en Wayback Machine.