Estación de Betanzos-Infesta
A estación de Betanzos-Infesta é unha estación de tren de Adif situada na Infesta, ao suroeste da vila de Betanzos, na provincia da Coruña. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.
Betanzos - Infesta | |
---|---|
Vista xeral da estación. | |
Situación | Betanzos |
Liñas | |
Longa Distancia | Alvia, Trenhotel |
Media distancia | MD |
Situación ferroviaria
editarA estación atópase no punto quilométrico 524,4 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións de Oza dos Ríos e Cecebre. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Ademais, é o punto de partida dun pequeno ramal duns 40 quilómetros que une Betanzos con Ferrol[1]. A seguinte estación no percorrido é Betanzos-Cidade. O tramo tamén é de vía única e está sen electrificar.
Historia
editarA estación foi inaugurada o 10 de outubro de 1875 coa o apertura do tramo A Coruña-Lugo da liña férrea que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] A Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León foi a encargada das obras.[3] Dita compañía creouse para continuar coas obras iniciadas por Noroeste e xestionar as súas liñas ante a quebra da mesma. Con todo a situación financeira desta última tamén se volveu rapidamente delicada sendo absorbida por Norte en 1885.
Pola súa parte, o ramal a Ferrol data de 1913.[2] Realmente este ferrocarril empezouse a xestar desde que quedou acabado o tramo A Coruña-Lugo. Con todo, as poxas que se foron realizando fóronse pechando sen lograr un adxudicatario o que levou finalmente ao Estado para encargarse da obra.
En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supón a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación
editarO edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos que loce un aspecto clásico. A estación atópase situada na Infesta, pertencente á parroquia de Requián, ao suroeste do núcleo urbano de Betanzos. Conta con tres plataformas, das cales unha é lateral e as outras dúas son centrais, ás que acceden tres vías. Dúas das plataformas están cubertas por marquesiña. A estación consta dun total de catro vías pasantes, ás que se lles suma unha vía morta.
A cincuenta metros da entrada da estación atópase unha parada de autobús de Transporte Metropolitano de Galicia, con servizos regulares ao centro urbano de Betanzos e outras localidades.
Servizos ferroviarios
editarLonga distancia
editarActualizado a 18 de xuño de 2016.
Media distancia
editarActualizado a 18 de xuño de 2016.
Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
4 | MD | A Coruña | <> | Monforte de Lemos Ourense-Empalme |
5 | MD | A Coruña | <> | Ferrol |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento.
- ↑ 2,0 2,1 Cronología básica del ferrocarril español de vía ancha Arquivado 14 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Fundación de los Ferrocarriles Españoles
- ↑ Asturias á Galicia y León (A.G.L.) Compañía del Ferrocarril del Noroeste de España Arquivado 29 de agosto de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Información sobre saídas e chegadas na web de Adif Arquivado 30 de xuño de 2016 en Wayback Machine.