Gran Premio de Austria de 1985

O Gran Premio de Austria de 1985 foi unha carreira do Campionato do Mundo Fórmula 1 celebrada no Circuíto de Österreichring o 18 de agosto de 1985. Foi a décima carreira da tempada de Fórmula Un de 1985, o 18º Gran Premio de Austria e o décimo sexto que se celebrou en Österreichring. A carreira levouse a cabo sobre 52 voltas ao circuíto de 5´942 quilómetros para unha distancia total de carreira de 309 quilómetros.

Austria Gran Premio de Austria de 1985
Detalles da carreira
Carreira 10 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1985.
Trazado do circuíto de Österreichring.
Trazado do circuíto de Österreichring.
Data 18 de agosto de 1985
Nome oficial XVIII Holiday Großer Preis von Österreich
Localización Circuíto de Österreichring, Spielberg, Estiria, Austria
Percorrido Percorrido permanente de carreira
5´942 km
Distancia 52 voltas, 308´984 km
ClimaSeco
Pole position
Piloto Francia Alain Prost McLaren-TAG
Tempo 1:25.490
Volta rápida
Piloto Francia Alain Prost McLaren-TAG
Tempo 1:29.241 na volta 39
Podio
Primeiro Francia Alain Prost McLaren-TAG
Segundo Ayrton Senna Lotus-Renault
Terceiro Italia Michele Alboreto Ferrari

A carreira foi gañada polo piloto francés Alain Prost pilotando un McLaren MP4/2 B. Foi a cuarta vitoria de Prost na tempada. Prost gañou por 30 segundos sobre o piloto brasileiro Ayrton Senna que pilotaba un Lotus 97T. O piloto italiano Michele Alboreto que pilotaba un Ferrari 156/85 terminou en terceiro lugar, empatando Alboreto e Prost no campionato.

No que ía ser a última carreira do venerable motor Cosworth DFV V8 ata 1987 o Tyrrell de Martin Brundle fracasou para cualificar dando a carreira a distinción de ser o primeiro Gran Premio de Fórmula 1 no que todos os coches eran turbo, foi o primeiro dunha serie de 22 carreiras nas que todos os coches serían impulsados por motores turbo.

Resumo da carreira editar

Ausente da grella o piloto Manfred Winkelhock de RAM que morrera nunha carreira de coches deportivos no Canadá xusto unha semana antes. O seu lugar no equipo foi ocupado por Kenny Acheson na súa primeira carreira de Fórmula Un desde o Gran Premio de Suráfrica de 1983.

Antes da práctica sábado pola mañá o defensor e triplo campión do mundo (e gañador do Gran Premio de Austria de 1984) Niki Lauda, flanqueado por un moi enfadado xefe do equipo McLaren Ron Dennis, anunciou aos medios de comunicación que se retiraría para sempre da Fórmula Un logo de que terminara a tempada en Australia para concentrarse no funcionamento da súa liña aérea Lauda Air. Dennis estaba enfadado porque pagara a Lauda unha cantidade considerable de diñeiro para que regresara á F1 en 1982 e intentara sen éxito que Lauda continuara competindo na tempada 1986.

Un Lauda agora relaxado deu a súa afección algo que celebrar cando cualificouse terceiro. O compañeiro de equipo de Lauda Alain Prost logrou a pole, cunha media de 250´219 km/h, seguido de Nigel Mansell ( Williams - Honda), Lauda, Keke Rosberg (Williams) e Nelson Piquet ( Brabham - BMW). Logo dunha fase de cualificación con problemas, Senna soamente cualificouse 14º na grella no seu Lotus - Renault.

A carreira reiniciouse logo dunha volta (Niki Lauda fixera unha gran saída desde a terceira posición da grella para liderar diante de Prost cando se detivo a carreira). Mansell saíra moi lentamente no seu Williams, pero detrás del Teo Fabi no Toleman - Hart apenas movérase. Elio de Angelis (Lotus) botouse á esquerda para evitar a Fabi que foi golpeado polo Ferrari de Alboreto. Fabi sufriu danos do mesmo xeito que o Arrows - BMW do outro piloto austríaco na carreira Gerhard Berger. Por sorte para os pilotos cos coches danados (especialmente o líder do campionato Alboreto) a primeira volta foi declarada nula e a carreira foi reiniciada, aqueles cos coches danados permitíuselles comezar nos coches de reposto do equipo. Prost tamén resultou afortunado xa que puido cambiar de coche logo de que o seu McLaren desenvolvera un fallo de encendido. Piercarlo Ghinzani non puido comezar a carreira no seu Toleman logo de que o seu compañeiro de equipo Fabi fixérase cargo do TG185 de reposto para a carreira como sexto clasificado, mentres Ghinzani comezaba 19º. Isto deixou a Ghinzani sen coche.

Na volta 13 Andrea de Cesaris sobreviviu un dos maiores accidentes que víronse na Fórmula Un cando o seu Ligier - Renault derrapou na curva á man esquerda Panorama e pisou na herba a alta velocidade. A herba, mollada pola choiva durante a noite causou que o Ligier derrapase inicialmente dando bandazos antes de que a parte posterior dereita batera nun pequeno desnivel que lanzou o coche nunha serie de voltas de campá coa cabeza de de Cesaris rebotando libremente na cabina. Dalgún xeito, cando o Ligier detívose (por sorte na posición correcta), de Cesaris desabrochou o cinto de seguridade e afastouse con nada máis nada que o casco e o traxe de condución salpicado de barro. O accidente foi o final de de Cesaris en Ligier, co dono do equipo Guy Ligier acusando ao italiano logo de ver unha repetición do accidente afirmando que "eu xa non podo darme o luxo de manter o emprego deste home", referíndose aos constantes gastos de reparacións polos accidentes de de Cesaris desde que se unira ao equipo en 1984[1] Cando regresou aos boxes, de Cesaris dixo ao equipo que a razón do seu abandono foi que o coche parara e non arrincaba. Informouse nese momento que o equipo Ligier non vira a repetición do accidente.

Coa súa 20ª vitoria na carreira, Prost liderou o Campionato do Mundo de Pilotos empatado a puntos con Alboreto, cada un con 50 puntos. Tras unha serie de retiradas desde a súa vitoria na segunda carreira da tempada en Portugal, Senna fixo unha gran carreira quedando segundo logo de saír dun humilde (para el) décimo cuarto posto na grella, Alboreto terminou terceiro no Ferrari de reposto conservando o liderado no campionato do mundo (agora compartido con Prost). Stefan Johansson (Ferrari), Elio de Angelis e Marc Surer (Brabham), completaron os puntos.

Clasificación editar

Cualificación editar

Pos Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza
1 2   Alain Prost McLaren-TAG 1:25.490
2 5   Nigel Mansell Williams-Honda 1:26.453 1:26.052 +0.562
3 1   Niki Lauda McLaren-TAG 1:26.250 1:26.727 +1.237
4 6   Keke Rosberg Williams-Honda 1:26.333 1:26.762 +0.843
5 7   Nelson Piquet Brabham-BMW 1:26.568 1:26.404 +0.914
6 19   Teo Fabi Toleman-Hart 1:26.664 11:12.639 +1.174
7 11   Elio de Angelis Lotus-Renault 1:26.799 +1.309
8 15   Patrick Tambay Renault 1:27.722 1:27.502 +2.012
9 27   Michele Alboreto Ferrari 1:29.774 1:27.516 +2.026
10 22   Riccardo Patrese Alfa Romeo 1:29.485 1:27.851 +2.361
11 8   Marc Surer Brabham-BMW 1:27.954 1:50.796 +2.464
12 28   Stefan Johansson Ferrari 1:28.134 1:27.961 +2.471
13 16   Derek Warwick Renault 1:30.602 1:28.006 +2.516
14 12   Ayrton Senna Lotus-Renault 1:28.123 3:04.856 +2.633
15 26   Jacques Laffite Ligier-Renault 1:29.181 1:28.249 +2.759
16 18   Thierry Boutsen Arrows-BMW 1:28.617 1:28.262 +2.772
17 17   Gerhard Berger Arrows-BMW 1:28.566 1:28.762 +3.076
18 25   Andrea de Cesaris Ligier-Renault 1:28.666 +3.176
19 20   Piercarlo Ghinzani Toleman-Hart 1:28.894 +3.404
20 23   Eddie Cheever Alfa Romeo 1:29.031 1:29.608 +3.541
21 10   Philippe Alliot RAM-Hart 1:32.766 1:29.827 +4.337
22 3   Stefan Bellof Tyrrell-Renault 1:31.022 1:30.514 +5.024
23 9   Kenny Acheson RAM-Hart 1:35.072 +9.582
24 24   Huub Rothengatter Osella-Alfa Romeo 1:35.329 1:58.090 +9.839
25 30   Jonathan Palmer Zakspeed 1:36.060 1:35.787 +10.297
26 29   Pierluigi Martini Minardi-Motori Moderni 10:36.417 1:36.765 +11.275
DNQ 4   Martin Brundle Tyrrell-Ford 1:39.247 1:37.317 +11.827

Carreira editar

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 2   Alain Prost McLaren-TAG 52 1:20:12.583 1 9
2 12   Ayrton Senna Lotus-Renault 52 + 30.002 14 6
3 27   Michele Alboreto Ferrari 52 + 34.356 9 4
4 28   Stefan Johansson Ferrari 52 + 39.073 12 3
5 11   Elio de Angelis Lotus-Renault 52 + 1:22.092 7 2
6 8   Marc Surer Brabham-BMW 51 +1 volta 11 1
7 3   Stefan Bellof Tyrrell-Renault 49 Sen combustible 22
8 18   Thierry Boutsen Arrows-BMW 49 +3 voltas 16
9 24   Huub Rothengatter Osella-Alfa Romeo 48 +4 voltas 24
10 15   Patrick Tambay Renault 46 Motor 8
Ret 26   Jacques Laffite Ligier-Renault 43 Accidente 15
Ret 29   Pierluigi Martini Minardi-Motori Moderni 40 Suspensión 26
Ret 1   Niki Lauda McLaren-TAG 39 Motor 3
Ret 17   Gerhard Berger Arrows-BMW 33 Turbo 17
Ret 19   Teo Fabi Toleman-Hart 31 Eléctrico 6
Ret 16   Derek Warwick Renault 29 Motor 13
Ret 10   Kenny Acheson RAM-Hart 28 Motor 23
Ret 7   Nelson Piquet Brabham-BMW 26 Escape 5
Ret 5   Nigel Mansell Williams-Honda 25 Motor 2 ;
Ret 22   Riccardo Patrese Alfa Romeo 25 Motor 10
Ret 30   Jonathan Palmer Zakspeed 17 Motor 25
Ret 9   Philippe Alliot RAM-Hart 16 Turbo 21
Ret 25   Andrea de Cesaris Ligier-Renault 13 Accidente 18
Ret 23   Eddie Cheever Alfa Romeo 6 Turbo 20
Ret 6   Keke Rosberg Williams-Honda 4 Presión aceite 4
NTS 20   Piercarlo Ghinzani Toleman-Hart 0 Non arrincou 19
NSc 4   Martin Brundle Tyrrell-Ford

Líderes por volta editar

Posicións logo da carreira editar

  • Nota:Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Alemaña de 1985
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1985
Carreira seguinte:
Gran Premio dos Países Baixos de 1985
Carreira anterior:
Gran Premio de Austria de 1984
Gran Premio de Austria Carreira seguinte:
Gran Premio de Austria de 1986

Notas editar

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tomáronse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-17. 

Ligazóns externas editar