Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
A Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor creouse no ano 1995 pola doazón filantrópica de materiais bibliográficos e documentais do propio Francisco Pillado á Universidade da Coruña, por este motivo leva o seu nome.[1] Sendo o primeiro arquivo extenso do teatro de Galiza e, polo tanto que se favorecesen e desenvolvesen os estudos sobre o mesmo.
Historia
editarFrancisco Pillado Mayor (A Coruña, 1941) é un dos máis relevantes nomes no panorama teatral galego. É ensaísta e especialista na historiografía do teatro galego, tradutor, adaptador e animador de múltiples iniciativas teatrais, moitas delas argalladas xunto con Manuel Lourenzo e editoriais como Edicións Laiovento. É titulado en Declamación e Arte Dramática, e cofundou algunhas das experiencias máis interesantes da escena galega recente, como o Grupo de Teatro O Facho, a Escola Dramática Galega e a Compañía Luís Seoane. Participou na prensa periódica e en diversas revistas, especialmente con artigos sobre teatro. Foi director da revista Casahamlet, un dos promotores da revista Don Satúrio e das coleccións Castrodouro, Caderno do Espectáculo da Compañía Luís Seoane e mais os Cadernos da Escola Dramática Galega, unha colección básica da literatura e da crítica teatral galega. Traduciu ao galego pezas de autores clásicos universais como Chekhov, Ghelderode ou Molière e mesmo O irlandés astrólogo de Luís Seoane.[2]
Decidiu doar o seu valioso arquivo teatral á Universidade da Coruña para a accesibilidade de toda a comunidade estudantil, a xente dedicada á investigación e a toda a cidadanía en xeral que se preocupara pola cultura teatral galega.
No ano da doazón, a licenciatura de Filoloxía Galega fora recentemente eliminada polas autoridades gobernantes da universidade. Malia todo isto, Francisco Pillado, como unha aposta de futuro e confiando no persoal docente-investigador do Departamento de Filoloxía Francesa e Galego-Portuguesa da Facultade de Filoloxía, asina un convenio no ano 1996, co reitor José Luís Meilán Gil, no que a Universidade da Coruña se compromete a subministrar o material, económica e investigadora mais todo baixo a supervisión e/ou coordinación científica do Departamento da Área de Filoloxías Galega e Portuguesa.
Os comezos da Biblioteca-Arquivo foron difíciles polos problemas económicos derivados do relativo cumprimento do convenio asinado pola administración e avanza grazas ao traballo desinteresado da Biblioteca de Filoloxía, dos sucesivos coordinadores e do profesorado de Filoloxía Galega.
Nesta época, debido aos problemas económicos [3], para o correcto funcionamento do arquivo foi esencial a colaboración do IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais), do que o propio Pillado foi reitor nesa época, a través de convenios anuais sucesivamente renovados e adaptados ao longo de anos. O primeiro do 1997, permite iniciar as publicacións editadas e a partir do ano 1999, permite a contratación de persoal bolseiro para as labores de catalogación, informatización e atención ao persoal investigador, sempre en colaboración coa Biblioteca da Facultade.
A Biblioteca-Arquivo constitúe un centro documental e bibliográfico (que segue incrementando polas achegas do propio Francisco Pillado), recibe visitas puntuais ou permanentes de persoal investigador tanto galego como estranxeiro, está integrada na Universidade da Coruña e no tecido cultural galego, asinou convenios con diversas institucións como IGAEM, Consello da Cultura Galega, Goberno das Illas Baleares ou Deputacións que permitían realizar actividades investigadoras e difusoras de actividades teatrais, tales como publicacións, campañas de promoción da lectura e exposicións.
Cando se comezou na Biblioteca-Arquivo coa actividade editorial, constitúese un Comité Científico, integrado inicialmente por Francisco Pillado, Manuel Lourenzo e a dirección das coleccións previstas. Con posterioridade, o Comité Científico amplíase coa incorporación de ilustres investigadores estranxeiros. Tamén aparecen novas coleccións que se pensaron necesarias para completar o deseño editorial da Biblioteca-Arquivo.
Na actualidade, a súa labor investigadora continúa e neste intre a profesora da Facultade Laura Tato está levando a cabo unha investigación sobre traducións de obras teatrais do inglés ao galego e do español ao galego. E tamén se recibe algunha que outra solicitude de persoal investigador sobre o teatro en Galiza.
A Biblioteca-Arquivo non ten persoal propio e depende exclusivamente da Biblioteca de Filoloxía e da Facultade de Filoloxía mais hai unha axudante encargada da clasificación e catalogación cando hai achegas novas.
A súa conformación actual é: Francisco Pillado Mayor como presidente de honra, Laura Tato Fontaíña como coordinadora científica, Carlos Paulo Martínez Pereiro como coordinador editorial e forman parte do Consello Científico: Xosé Carlos Carrete Díaz, Perfecto Cuadrado, Manuel Ferreiro, Manuel Lourenzo, Carlos Paulo Martínez Pereiro, José Oliveira Barata, Francisco Pillado Mayor, Francisco Salinas Portugal, Arnaldo Saraiva, Luciana Stegagno Picchio (†) e Laura Tato Fontaíña.[4]
Localización
editarA Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor está situada no segundo andar da Biblioteca da Facultade de Filoloxía [5] no Campus da Zapateira. Está separada en dous locais, un é o arquivo, ao que só teñen acceso o persoal investigador previa autorización da dirección da biblioteca e con persoal da mesma presente, e outro a biblioteca, de libre acceso para todo o mundo. Tamén entre dous andares hai unhas vitrinas que teñen carautas e debuxos das representacións teatrais que forman tamén parte do arquivo pero que están en exposición permanente para que todo o mundo poida desfrutalos.
Fondos
editarEntre a biblioteca e o arquivo o total dos seus fondos son máis de 6000 exemplares de libros de teatro e unha gran cantidade de documentación [6]. Todos eles catalogados e informatizados; os da biblioteca pódense consultar no catálogo xeral de libros das bibliotecas da Universidade e os do arquivo pódense consultar tamén no catálogo xeral da UDC coa palabra chave “colección” e tecleando “Colección Francisco Pillado Mayor”. Os carteis e fotografías pódense ver online a través da imaxe dixitalizada no RUC, Repositorio da Universidade da Coruña, dentro do apartado “Biblioteca UDC-coleccións especiais”.
O conxunto doado é moi valioso, cuantioso e diverso, pois ten uns importantes fondos bibliográficos especializados en teatro galego e internacional e un importante fondo documental, moi variado e único. Non se pode calcular o valor do fondo porque está formado por materiais de difícil adquisición e únicos.
Na biblioteca están os libros, que son de a partir dos anos 70 até a actualidade e sobre todo de teatro galego mais tamén de teatro español, francés, portugués, sobre teatro europeo. Dos cales hai monografías, textos, representacións teatrais e manuais sobre o teatro.
Pola súa banda, o arquivo, que é totalmente independente, ten unha clasificación propia, divídese en diferentes seccions. Nunha parte está a colección de prensa desde 1800 até a actualidade sobre o teatro galego que leva e selecciona o propio Francisco Pillado.
Tamén hai unha parte, a máis fundamental, que é a de organización, representación e eventos que ten todo o que son os comezos do Centro Dramático Galego e a Escola Dramática Galega, da que Pillado foi o fundador e membro.
Despois está todo o correspondente ás representacións de teatro que facía o Centro Dramático Galego. Están os libretos, debuxos de posta en escena, debuxos de vestiario e probas de tecidos. Hai fotografías de todas as representacións teatrais que se facían, máis de 5000 fotografías en branco e negro e algunha en cor. E hai información sobre compañías de teatro galegas, tanto da Escola Dramática Galega como doutras compañías.
Noutra parte están os programas de man desde os anos 70 até a actualidade, os borradores de representacións de obras de teatro de compañías galegas e todo da publicación Casahamlet. Tamén hai textos inéditos de teatro galego, que se presentaron para concursos de teatro ou representacións e que, moitos deles, non están publicados.
A parte disto, hai unha colección de revistas sobre teatro, algunhas da colección propia de Pillado e outras que adquiriu a biblioteca.
Por último, tamén hai escoitas radiofónicas de representacións en voz de obras de teatro que Francisco Pillado ía gravando e que ía depositando na Biblioteca-Arquivo e toda unha colección de DVDs e vídeos de teatro. A parte da colección de carteis de representacións teatrais, dos que hai máis de 700.
Publicacións editadas
editarCando se comezou na Biblioteca-Arquivo coa actividade editorial, constitúese un Comité Científico, integrado inicialmente por Francisco Pillado, Manuel Lourenzo e a dirección das coleccións previstas: Laura Tato Fontaíña encárgase da Serie Azul na que se editan obras da “Literatura Teatral Galega”, Francisco Salinas Portugal é o encargado da Serie Verde sobre “Literatura Teatral en Lingua Portuguesa”, Carlos Carrete Díaz encárgase da Serie Vermella sobre “Literatura Teatral en Lingua Francesa” e Carlos Paulo Martínez Pereiro é o encargado da Serie Branca sobre “Outras Literaturas Teatrais”. Tamén aparecen novas coleccións que se pensaron necesarias para completar o deseño editorial da Biblioteca-Arquivo como “Pensamento e Estética”, que está recollida baixo a Serie Gris coa dirección de Carlos P. Martínez Pereiro, e “Documenta”, baixo a Serie Ouro coa dirección de Manuel Ferreiro. E unha liña transversal para textos de autores que están recollidos nas diversas coleccións baixo a epígrafe de “Neodramática”.[6]
Foron saíndo os volumes pouco a pouco, todos eles en lingua galega, a excepción das obras portuguesas, que están en portugués, e as doutras linguas, que son sempre edicións bilingües, todas con estudos introdutorios rigorosos e edicións críticas.
A seguir, pódense observar todas a publicacións editadas de todas as series, que son un total de 71, algúns dos cales xa están esgotados.[4]
SERIE AZUL
editarAUTOR | TÍTULO | ANO | INTRODUCIÓN/EDICIÓN/NOTAS |
Xaime Quintanilla | Donosiña | 1997 | Laura Tato Fontaíña |
Antón Villar Ponte | Entre dous abismos. Nouturnio de medo e morte. | 1998 | Emilio Xosé Ínsua López |
Ramón Otero Pedrayo | O fidalgo e o teatro | 1999 | Xosé Manuel Sánchez Rei |
Pedro P. Riobó Sanluís | O teatro galego contemporáneo | 1999 | - |
Ricardo Carballo Calero | Escritos sobre teatro | 2000 | Laura Tato Fontaíña |
Goretti Sanmartín | O teatro de Xan da Cova | 2002 | - |
Ramón Cabanillas | A virxe do Cristal. Lenda de Curros Enríquez axeitada para ópera | 2002 | Manuel Ferreiro e Goretti Sanmartín |
Manuel María | Edipo | 2003 | Miguel Anxo Mato Fondo |
Manuel Lourenzo | Insomnes | 2004 | Carlos Paulo Martínez Pereiro (apéndice: Isaac Ferreira) |
Cándido A. González | ¡Mal ollo!... Comedia de ambente mariñeiro | 2004 | Manuel Ferreiro e Laura Tato Fontaíña |
Iolanda Ogando | Teatro histórico: construción dramática e construción nacional | 2004 | - |
Euloxio R. Ruibal | Minimalia. 20 pezas de teatro breve | 2004 | Inmaculada López Silva |
Emilio Xosé Ínsua López | Sobre O Mariscal, de Cabanillas e Villar Ponte | 2005 | - |
Xesús Pisón | Noite invadida | 2005 | Henrique Rabuñal |
Afonso Becerra de Becerreá | O ritmo da dramaturxia | 2005 | - |
Maria Campo | Confusión de María Balteira | 2005 | María Pilar García Negro |
Manuel Lugrís Freire | A costureira d’aldea | 2006 | Teresa López |
Marica Campo | O divino sainete | 2008 | - |
Henrique Rabuñal | O teatro en Jenaro Marinhas del Valle | 2009 | - |
Teresa Moure | Cínicas | 2010 | - |
Leandro Carré Alvarellos | Teatro recuperado | 2011 | Carlos Caetano Biscainho Fernandes |
De Galo Salinas a Castelao | Textos recuperados | 2012 | Iolanda Ogando e Laura Tato Fontaíña |
SERIE BRANCA
editarAUTOR | TÍTULO | TÍTULO ORIXINAL | ANO | EDICIÓN/TRADUCIÓN | IDIOMA DO TEXTO ORIXINAL |
Oscar Wilde | Ernest: comedia frívola para xente seria | The Importance of Being Earnest: a Trivial Comedy for serious people | 1999 | Miguel Pérez Romero | Inglés |
Aristóteles | Poética | Περὶ Ποιητικῆς | 1999 | Fernando González Muñoz | Grego |
Hidelgarde de Bingen | O desfile das virtudes | Ordo Virtutum | 1999 | Xosé C. Santos Paz | Latín |
Rosvita de Gandersheim | Obra dramática | - | 2000 | Xosé C. Santos Paz | Latín |
Llorenç Villalonga | Desbaratos | Desbarats | 2001 | Xesús González Gómez | Catalán |
Alexandre Ballester | Nun pregue de veludo | Siau Benvingut, presentamos hoxe Dins un gruix de Vellut (Facem comedia) | 2001 | Xesús González Gómez | Catalán |
Josep Pere Peyró | Desertos. Deserto de paxaros. Pranto de paxaros | Deserts | 2002 | Xesús González Gómez | Catalán |
Joan Guasp | O vendedor de amendoíns | El venedor de cacauets | 2002 | Xesús González Gómez | Catalán |
Antoni Nadal | O teatro mallorquino do século XX | El teatre mallorquin des segle XX | 2005 | Xesús González Gómez | Catalán |
Manjula Padmanabhan | Luces fóra! | Lights Out! | 2006 | Antía Mato Bouzas | Inglés |
Carlo Gozzi | Turandot. Volume I | - | 2007 | Javier Gutiérrez Carou | Italiano |
Carlo Gozzi | Turandot. Volume II | - | 2007 | Javier Gutiérrez Carou | Italiano |
- | A arca de noé | Noah´s Ark de Newcastle (non-cycle) play e de The Fall of Angels do York Cicle | 2011 | Emilio Xosé Ínsua López e Isabel Moscowich, Begoña Crespo e Cristina Mourón Figueroa | Inglés |
SERIE GRIS
editarAUTOR | TÍTULO | ANO | EDICIÓN |
Ana Kiffer | Antonin Artaud. Uma poética do pensamento | 2003 | - |
Paulino Pereiro | A música teatral | 2003 | - |
Manuel Lourenzo/José Oliveira Barata | Que (non) é teatro? | 2005 | - |
Antonio Gramsci | Escritos sobre teatro I [1916-1917] | 2008 | Xesús González Gómez |
Antonio Gramsci | Escritos sobre teatro II [1918-1920] | 2008 | Xesús González Gómez |
Julio Montero, Paulino Pereiro e Juan Pérez Berná | Música escénica (tres propostas) | 2012 | - |
SERIE OURO
editarAUTOR | TÍTULO | ANO | EDICIÓN |
- | Documentos para a Historia do Teatro Galego (1919-1924) | 2005 | Silvana Castro García |
Uxío Carré Aldao | Memoria crítico-bibliográfica sobre el teatro regional gallego | 2006 | Xoán López Viñas |
Laura Tato Fontaíña | Relación de noticias sobre teatro nos fondos da Biblioteca-Arquivo Teatral 'Francisco Pillado Mayor' (1882--1975) | 2009 | - |
Iolanda Ogando | Almeida Garrett, retrato paratextual com teatro ao fundo | 2009 | - |
SERIE VERDE
editarAUTOR | LUGAR DE PROCEDENCIA | TÍTULO | ANO | EDICIÓN/INTRODUCIÓN |
António Ferreira | Portugal | Castro | 2000 | Mª Rosa Álvarez Seller |
José Oliveira Barata | Portugal | O Espaço Literário do Teatro. Estudos sobre Literatura Dramática Portuguesa I | 2001 | - |
Alfonso Álvares | Portugal | Auto de Santiago | 2002 | Juan M. Carrasco González |
- | - | Teatro Brasileiro: Textos de Fundação | 2002 | María Aparecida Ribeiro |
Roberto Cordovani | Brasil | Teatro Brasileiro na Galiza | 2002 | Eisenhower Moreno |
Mª Isabel Morán Cabanas | Galiza | Festa, Teatralidade e Escrita. Esboços Teatrais no Cancioneiro Geral de García de Resende | 2003 | - |
Francisco Gomes de Amorim | Portugal | Fígados de Tigre. Paródia de Melodramas | 2003 | Carme Fernández-Pérez Sanjulián |
Gil Vicente | Portugal | Farsa dos Almocreves | 2003 | Xoán Carlos Lagares |
Duarte Ivo Cruz | Portugal | O Teatro Português: Estrutura e Transversalidade | 2005 | - |
Teresa Rita Lopes | Portugal | Coisas de mulheres | 2006 | - |
Francisco Manuel de Melo | Portugal | O fidalgo aprendiz | 2007 | Evelina Verdelho |
Luís de Camões | Portugal | Auto chamado dos Enfatriões | 2008 | Leticia Eirín García |
Camilo Castelo Branco | Portugal | O morgado de Fafe em Lisboa e O morgado de Fafe amoroso | 2008 | Carlos Paulo Martínez Pereiro |
Alva Martínez Teixeiro | Galiza | O herói incómodo (utopia e pessimismo no teatro de Hilda Hilst) | 2009 | - |
Pepetela | Angola | A revolta da casa dos ídolos | 2009 | Francisco Salinas Portugal |
Maria de Lourdes Nunes Ramalho | Brasil | A feira. O trovador encantado | 2011 | Lourdes Nunes Ramalho, Valéria Andrade e Ria Lemaire |
- | - | Machado de Assis e a mundana comédia: cinco peças teatrais | 2017 | Alva Martínez Teixeiro e Carlos Paulo Martínez Pereiro |
SERIE VERMELLA
editarAUTOR | TÍTULO | ANO | EDICIÓN/INTRODUCIÓN/TRADUCIÓN |
Denis Diderot | O Paradoxo sobre o Actor | 1997 | X. C. Carrete Díaz e F. Sucarrat Boutet |
- | Tres pezas cómicas medievais | 1999 | Henrique Harguindey Banet |
- | O teatro de Charles Baudelaire. Proxectos | 2000 | Xesús González Gómez |
François Riccoboni | A arte do teatro | 2002 | Roberto Salgueiro |
Eugène Labiche [e Marc-Michel] | Un chapeu de palla italiana | 2004 | Ana Luna Alonso |
Hélène Cixous | A conquista da escola de Madhubai | 2006 | Purificación Cabido Pérez |
Xosé Teixeiro | Doutor, por favor, máteme con xeito | 2009 | Francine Sucarrat Boutet e Xosé Carlos Carrete Díaz |
Octave Mirbeau | Os malos pastores | 2010 | María Obdulia Luís Gamallo |
Notas
editar- ↑ Vieites, M. F. (2007). Galaxia, ed. Cento vinte e cinco anos de teatro en galego no aniversario da estrea de "A fonte do xuramento". Santiago de Compostela. ISBN 978-84-453-4499-6.
- ↑ VV., AA. (1995-2000). Galaxia, ed. Diccionario da Literatura Galega. Volume 1. Autores. Vigo. ISBN 84-8288-019-5.
- ↑ Luna Sanmartín, X. (2007). Espiral Maior, ed. No Pazo de Laiovento: conversas con Francisco Pillado Maior. Culleredo. ISBN 978-84-96475-63-2.
- ↑ 4,0 4,1 Investigación Lingüística Literaria Galega, (ILLA). "Biblioteca-Arquivo Teatral "Francisco Pillado Mayor"".
- ↑ Universidade da Coruña, (UDC). "Biblioteca de Filoloxía: Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor".
- ↑ 6,0 6,1 VV., AA. (2007). Clave Records, ed. No país da irmandade: homenaxe a Francisco Pillado Maior. Santiago de Compostela.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Entrevista a Lago Méndez, Marta, directora da Biblioteca da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña.
Ligazóns externas
editar- Repositorio da Universidade da Coruña (RUC) http://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/951
- Catálogo xeral da Universidade da Coruña http://kmelot.biblioteca.udc.es/search*spi