Compañía Luís Seoane

A Compañía Luís Seoane é un grupo de teatro fundado na Coruña no 1980.

Creación e traxectoria editar

Despois da morte de Francisco Franco, na Transición española, ningún dos sectores culturais tiña interese por potenciar o teatro galego. Xa na VI Mostra de Ribadavia, no ano 1978 se comeza a falar de normalización e algúns grupos teatrais pensan en pasar a un teatro diferente, o Teatro Profesional e na última Mostra (a VIII) figuran un total de seis compañías profesionais: Estaribel, Artello Teatro, Luís Seoane, A Farándula, Mari-Gaila e Troula, aos que se suman grupos de afeccionados cunha longa experiencia, como a Escola Dramática Galega, Malveira, Ditea e Máscara 17.

No 1980 un grupo de profesionais do teatro galego (Francisco Pillado Mayor, Manuel Lourenzo, Xosé M.Rabón ou Xosé Miguel Pernas) preocúpase polo estancamento que sofre o teatro galego a finais dos anos 70 e fundan a Sociedade Cooperativa de Teatro que recibe o nome de Luís Seoane, o cal morrera tan só un ano antes da fundación da compañía, integrada por Amalia Gómez, Manuel Lourenzo, Luisa Marelas, Constantino Rábade, Xosé M. Rabón, Ramón Rodríguez, Miguel Pernas, Francisco Pillado e X. L. Vázquez.

Entre os obxectivos da compañía figuraban a normalización do teatro na Galiza, ampliando as súas perspectivas, a revisión da vella literatura e a promoción da nova, a apertura dunha vía profesional ao teatro galego e a ampliación de públicos. Como primeira “misión” da compañía está a creación dunha sala de teatro na Coruña, que terá como nome Sala Teatro Luís Seoane, na que a compañía pretende representar os seus espectáculos de forma continua e estábel e ofrecer así á cidade unha alternativa á programación teatral existente nese momento, e dá a coñecer a compañías como Zascandil, Georea, Karraka, Teatro de la Ribera, Margén ou Guirigai e outras compañías teatrais. A compañía propónse o reto de realizar catro montaxes por ano que se poden enmarcar nas seguintes categorías:

  • Teatro clásico ou contemporáneo universal
  • Teatro clásico ou contemporáneo galego

Aínda que non cumpre este obxectivo o número de espectáculos que realizan por ano é maior ao habitual noutras compañías.

Nos anos 80 a crise obriga a moitos grupos de teatro a teren que abandonar estas actividades, e no 1984, redúcense a cinco: Antroido, Artello Teatro, Luís Seoane, Caritel e Mari-Gaila. Neste mesmo ano nacía a Asociación Profesional do Teatro Galego a partir dunha proposta que presentara a compañía Luís Seoane. Finalmente, no 1988 por mor dos problemas económicos que estiveron presentes durante toda a súa traxectoria tivo que pechar as súas portas.

Obras representadas editar

Ano Obra Autoría
1980 Dansen Bertolt Brecht
1980 As criadas Jean Genet
1981 A casa das tres lúas Ramón Otero Pedrayo
1982 Muller de mulleres a partir de textos de Otero Pedrayo e Álvaro Cunqueiro
1982 A noite dourada de Mimí de Cora Manuel Lourenzo
1982 A esperar por Godot Samuel Beckett
1983 Edipo rei Sófocles
1984 Xúlia August Strindberg
1984 Fausto con textos de varios autores
1984 Lenda aúrea dos santos da montaña con textos de varios autores
1985 A larva furiosa Manuel Lourenzo
1985 O rei aborrecido Con textos de Xesús Pisón
1986 Forzas Eléctricas Manuel Lourenzo

Premios concedidos editar

Cadernos do espectáculo editar

Alén disto, a compañía editou unha colección de textos que acompañasen a cada obra e materiais para unha mellor comprensión e estudo. Apareceron só cinco co título de Cadernos do espectáculo, nos que se encontran as obras:

  • Dous perdidos nunha noite suxa, de Plinio Marcos
  • As criadas, de Jean Genet, traducido por Frco. Pillado e Manuel Lourenzo
  • A casa das tres lúas, de Manuel Lourenzo, con textos de Otero Pedrayo
  • A noite dourada de Mimí, de Manuel Lourenzo
  • A esperar por Godot, de Samuel Beckett, traducido por Frco. Pillado

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar