António Ferreira

escritor portugués


António Ferreira, nado en Lisboa en 1528[1] e finado na mesma cidade o 29 de novembro de 1569, foi un escritor e humanista portugués. É considerado un dos maiores poetas do clasicismo renacentista de lingua portuguesa, coñecido como "o Horácio portugués".[2]

Infotaula de personaAntónio Ferreira

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1528 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Lisboa Editar o valor em Wikidata
Morte29 de novembro de 1569 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (40/41 anos)
Lisboa Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Portugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Coímbra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritor , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

BNE: XX1147526 WikiTree: Ferreira-1459

Traxectoria

editar

Era fillo de Martim Ferreira, escribán de Facenda de don Jorge de Lencastre, duque de Coímbra, e de Mexía Fróis Varela. Na súa educación conviviu cos fillos do duque e con persoas de gran relevancia nobiliaria, administrativa e literaria.

Estudou Humanidades e Leis na Universidade de Coímbra, onde se doutorou en dereito Canónico[3]. Foi temporalmente profesor na mesma Universidade no período áureo do Humanismo Bordalês, en que pontificaran nomes como os Gouveia (André, Marcial, Diogo Júlio), Diogo de Teive, João da Costa, António Mendes, Jorge Buchanan, Arnaldo Fabrício, Guilherme de Guérente, Nicolau Grouchy e Elias Vinet.

Parece terse enamorado, en Coímbra, dunha señora de familia nobre, de apelido Serra, que evoca veladamente nalgunhas das súas poesías. Casou, en 1556, con dona Maria Pimentel, señora de Torres Novas, que veu a falecer no terceiro ano do casamento. Casou, en segundas nupcias, en 1564, con D. Maria Leite, natural de Lamas de Orelhão, no concello de Mirandela, local onde recolleu as informacións para a súa "Historia de Santa Comba dos Valles", sobre a Lenda de Santa Comba dos Vales.

En 1567, foi nomeado desembargador do Tribunal da Relación de Lisboa. Faleceu na mesma cidade, vítima de peste, deixando dous fillos.

Como discípulo máis destacado do poeta Sá de Miranda, destacouse na elexía, na epístola, nas odas e no teatro.

O seu fillo, Miguel Leite Ferreira, publicou postumamente os seus poemas so o título de Poemas lusitanos en Lisboa (1598) e as súas comedias apareceron en 1621 xunto coas de Francisco Sá de Miranda.

A súa obra máis coñecida é unha traxedia, "A Castro" ou "Tragédia de Inês de Castro",[4] de inspiración clásica en cinco actos, na cal aparece un coro grego, sendo escrita en verso polimétrico. O tema, os amores do príncipe Pedro de Portugal pola nobre Inês de Castro e o asasinato desta en 1355 por razón de estado, por orde do pai do príncipe, o rei Afonso IV de Portugal, será, despois, un dos máis tratados polos dramaturgos europeos. Esta traxedia só foi impresa en 1587. A obra xa fora imitada antes en castelán polo frade dominico Jerónimo Bermúdez na súa Nise lastimosa, publicada en Madrid en 1577, se ben Bermúdez reduciu el papel do coro e en conxunto a súa su obra posúe menor forza que o orixinal portugués.[5]

Moita da súa obra está incluída na colección Poemas Lusitanos, especie de colectánea de "obra completa".

Foi, tamén, autor de Historia de Santa Comba dos Vales, primeiro rexistro da lenda de Santa Comba dos Vales.

  1. Mathias Ford, Jeremiah Denis (1913). "Antonio Ferreira". Catholic Encyclopedia, Volume 6 (en inglés). Volume 6. 
  2. Cantú, Cesare (1847). Historia universal (en castelán). Establecimiento tipográfico de Francisco de Paula Mellado. 
  3. "Antonio Ferreira. Crítica de Libros". www.criticadelibros.com. Consultado o 2020-03-23. 
  4. "La Castro, Antonio Ferreira. Crítica de Libros". www.criticadelibros.com (en castelán). Consultado o 2020-03-23. 
  5. Tejada, Francisco Elías de (1966). El Reino de Galicia. Galaxia. p. 166. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Saraiva, Antonio José; Lopes, Óscar (1978): História da literatura portuguesa. Porto.